lunes, 1 de abril de 2024

Fotos da aldea da Barca, Cortegada

Tirando de pretéritas publicacións no Facebook e dunha carpeta de fotos e vídeos dun paseo pola aldea da Barca, Cortegada, recollo estes e outros materiais soltos para compartir unha seleción deste lugar. Unha poboación que inda conserva moitas estruturas, tanto construtivas como de terras,e da que moitos poden falar, pois recordan medrar alí ou escoitaron os recordos dos seus maiores. Por iso, ó material propio, añado algún que fun atopando. Quede todo neste caixón de sastre que se me ocorreu neste luns de Pascua.

- A primeira imaxe vai ser unha non publicada antes, recortada dun artigo de Olga Gallego, "Barcos e barcas no tramo ourensán do río Miño", publicado na revista Raigame, 17, abril 2003.

A Barca de Filgueira aportaba no lado esquerdo do río Miño no lugar da Barca, fregresía de S. Bieito de  Arnoia, xurisdicción de Refoxos, pertencente ó mosteiro de Celanova, e na beira dereita, na fregresía de S.  Pedro de Filgueira, xurisdicción de Crecente, antiga provincia de Tui. Temos dela noticias xa dende  1464 en que pertencía ó mosteiro de Celanova. Da súa importancia danos cumprida noticia o longo e e  soado preito que o mosteiro sostivo co Conde de Camiña a fins do século XV. No Século XVIII pertencia  ó Conde de Amarante ó que lle rendía 6.000 reais ó ano. Volve a reclamar a barca o Mosteiro, gañando na  R. Audiencia, pero a Duquesa de Soutomaior alzouse a Valladolid, onde quedou o preito.


- (6 de marzo de 2019): A aldea da Barca é un lugar abandonado, pertencente ó concello de Cortegada, que foi recuperada hai uns anos. É accesible gracias á limpeza e á andaina que a toma como unha etapa. Incluso se oferta como aldea abandonada con posible uso turístico e de ocio. 


Unha aldeíña con poucas casas e construccións que non é extraña ós veciños porque inda non hai tantos anos que se deshabitou. Buscade un pouco e atparedes vídeos con declaracións dos últimos veciños.

 
O pasado día de san Xosé (2018) volvín a ela con meu irmán. Da man dos recordos de mamá fomos buscar a casa dos nosos antepasados e sacar fotos ás ruínas da poboación. Hoxe rescátovos catro fotos e unha noticia da prensa antiga. Un recordatorio desta aldeíña perdida, visitable, con grande peso na historia das comunicacións entre as beiras do Miño nesa zona.

- (6 de marzo de 2019): Por un instante regresamos á aldea da Barca, en Cortegada, na beira do Miño que mira pa Filgueira. Un pobo abandonado porque entraba dentro das estimacións de perigo de Fenosa á hora de probables enchentas do río. Polo pouco que sei nunca subíu tan arriba.

O caso é que a xente tivo que marchar, chegando, por exemplo a Louredo, casándose e facendo unha nova vida. Os seus fogares ficaron sós, acubillados pola crecente foresta, e os campos cultivados desapareceron. A barca e as súas historias afundiron nun Miño que segue a correr, marcando a fronteira natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra. 

 

As ruínas agardan ós visitantes, manténdose en pé unha ducia de construccións. Algunha conserva detalles como unha balaustra de ferro no balcón, outra inda garda un forno doméstico perfectamente conservado, nalgunha o teito non rematou de caer. E non faltan algunhas outras construccións en pedra. 

A memoria ten que completarse cos testemuños dos últimos veciños, cas historias repetidas ás xeracións novas, con escritos oficiais e recortes de prensa coma este que vos traio, de 1905. As fotos saqueinas o pasado ano, no día de san Xosé, durante un paseo con meu irmán pola zona.

 - (10 de mayo de 2020): Quedan restos do paso humano, ademais das casas ruinosas, na aldea da Barca, Cortegada, Ourense. Un deles, único, é este forniño, perfectamente conservado dentro da casa de quen foi nosa bisavoa (a menos que nolo desmintan os familiares).


 - (4 de xullo de 2018):
Un forno, pertencente a unha abandonada casa dun antepasado. 

Situada no pobiño da Barca, hoxe case de monte, pero limpo en boa parte gracias ó concello de Cortegada, que fai unha andaina por alí tódolos anos. 

Esta aldeíña tivo gran importancia, porque era a que gardaba a barca, o único medio de transporte entre Filgueira e Cortegada, antes da ponte (ou das pontes, que temos dúas agora, e as dúas en uso). 

A Barca foi noticia hai uns anos, cando o concello a ofrecía por 0 euros.

 

 - (5 de abril de 2018)

- (5 de decembro de 2018): Nueva captura de la Comunidad Google Plus donde Louredo era el pueblo protagonista. Un recorte de prensa donde se recuerda cómo el pueblo de A Barca está "en venta".

De este lugar salieron familias a otros pueblos, como pasó con Louredo. Y es que sus tierras fueron adquiridas por Fenosa para establecer un límite de seguridad al agua del Miño. La construcción de la presa de Frieira trajo el consecuente aumento de la altitud del río. Pero, al final, las aguas nunca llegaron a situarse a la altura de la aldea. Esta quedó abandonada, hasta que el Ayuntamiento de Cortegada limpió el lugar y lo publicitó. Hoy en día puede visitarse y alguna andaina lo atraviesa.

- (26 de xaneiro de 2021): No aparece Louredo, ni Rabiño, ni Cortegada, aunque sí Barca (¿A Barca?) y Filgueira. También Remuíño y Arnoia.

Unos datos del mapa:
"Orense (Provincia). Mapas generales (1880). 1:750.000
Fecha de publicación tomada del catálogo del SGE: "Mapas de Galicia. Siglos XVII a XIX" 1965, p. 225

Consta una amplia leyenda que no es más que descripción minuciosa de la topografía, clima, economía, comunicaciones y potencial militar de esta provincia. Pertenece al "Atlas Geográfico Descriptivo de la Península Ibérica Islas Baleares, Canarias y Posesiones Españolas de Ultramar / por el comandante graduado Capitan de Infanteria D. Emilio Valverde y Alvarez". 

El presente documento corresponde al No. 5 de este atlas
Valverde y Álvarez, Emilio, 1848-1894 Alfaro, José Imprenta y Litografía de la Biblioteca Universal (Madrid)"



- (1 de abril de 2024): Son 2 los puentes tenemos, a falta de uno, para acercarnos a la otra ribera. Uno está en desuso, pero sigue firme, y era la vía normal de comunicación entre ayuntamientos durante el pasado siglo. El otro es amplio, moderno, y podemos encontrar en Youtube parte del proceso de su magnífica y llamativa construcción.

(Recorte: La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XX Número 5517 - 4 xullo 1908)
 

¿Y antes que ellos? La gente pasaba en barcas, transportes donde el barquero hacía uso de su maña y conocimientos del río Miño para sortear cualquier problema y llevar al otro lado personas y mercancías. El uso de la barca aquí está documentado de antiguo.

 


(El censor : diario liberal-democrático de La Coruña: Ano I Número 146 - 1888 xullo 1)

Hoy no quedan restos de este uso. Aunque sí podríamos imaginarlos acudiendo a las ruinas del pueblo que vivía, en parte, de esa barca. Es la aldea de A Barca, famosa hace unos años porque el ayuntamiento de Cortegada la ofrecía (y ofrece) por cero euros. Conocida todavía porque se realiza una andaina por sus tierras.

 


(El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (18/08/1903))

El terreno es boscoso, las casas se encuentran en ruinas y su memoria se diluye lentamente. ¿Qué llevó a sus gentes a irse? La construcción de la presa de Frieira. Fenosa se hizo con los terrenos adyacentes al río y obligó, por seguridad, a la evacuación de la zona. Que se sepa, el río nunca llegó a tales cotas de subida de caudal.

(Guía de Galicia : itinerarios, descripciones, historia... / por Cesáreo Rivera y Víctor M. Vazquez.)