Mostrando entradas con la etiqueta Remuíño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Remuíño. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de enero de 2021

Letra de vellos "reis" cantados entre Louredo e Remuíño

Etnografia Galega - Cultura Espiritual, de Xesús Taboada Chivite

Nesta noite máxica podemos recordar aquelas de pasados tempos en que se saía polas casas do pobo a cantar "os reis", ou "os reises". Letras populares, ás veces inventadas por ocurrentes devotos ou pícaros veciños, cas que alegrar a todos un pouco. Non terían moitas cousas materiais, mais inxenio e ganas non faltaban. Tampouco boas palabras ou algúns doces ou comida que repartir entre os cantores. Pero non todos seguían esa estela de bondade e pechaban ás portas ós que viñan de boa fe. Os "reis" adaptábanse a tódalas circunstancias e o mesmo cantaban o frío que pasaba o Neno Deus que se rían dos veciños que facían como que non escoitaban... Dous exemplos, a continuación, do pobo de Louredo e de Remuíño.
 

1. GRACIÑAS, Placer, dos Veciños, Louredo

que xunto ca tía Marina nos comunica por escrito parte da tradición oral dos "reises".

E cun sombreiro de palla,
un galego a Belén foi,
en canto adorou o neno,
comeulle o sombreiro o boi.


Ei van os pastores,
deixainos pasar,
que van rendir honores
ó neno no portal.
                                                                                        

Regálanlle ó neno
de liño un fusal,
manteca na taza
e un morral de pan.


-------

Pola medianoite,
cando o galo canta,
nunha vila santa chamada Belén, Belén,
nun pobre pesebre,
nunhas tristes pallas,
naceu malpocado,
Xesús, noso ben.

                                                    
E morto de frío
non tiña nin teito.
E dáballe alento
a mula e o boi,
e o boi lla mula,
lla mula e o boi.


2. GRACIÑAS, Rafael, do Gaiteiro, de Remuíño, por estas letriñas duns "reis" que se lle cantaban a quen non participaba da festa e non lle abría a porta ós cantores ou non os valoraba en xusta medida.


Esta casa está faiada,
faiada de garabatos
e os que están dentro
peléanse como gatos.

jueves, 18 de junio de 2020

Cuarto día de novena a san Xoán de Louredo 2020

Cuarto día de novena a  san Juan de  Louredo 2020

A devoción a  san Xoán é antiga e a súa dobre festa: de nacemento e martirio, é un feito inédito entre os santos da Igrexa católica. O Directorio sobre a piedade popular e a liturxia recolle este dato ao comezo do seu número 225: 

Desde a antigüidade, o culto a  san Xoán estivo presente no mundo cristián, onde pronto adquiriu tamén connotacións populares. Ademais das celebracións do día da súa morte (29 de Agosto), como sucede normalmente para todos os santos, só de  san Juan Bautista, como de Cristo e da Virxe María, celébrase solemnemente o seu nacemento (24 de Xuño).

 

Unha referencia ao século  XIII: a Biblia do diaño

Para facernos unha idea da antigüidade do seu culto vaiamos a unha obra do s.  XIII! e descubramos que o mes de xuño xa celebra a festa de  san Juan. Coñecido como a Biblia do diaño, traemos a esta entrada a referencia ao manuscrito  Codex  Gigas. Así o presenta a ficha da Biblioteca Dixital Mundial: 

O  Codex  Gigas (ou Biblia do Diaño) é un gran manuscrito do século  XIII proveniente de Bohemia, unha das históricas terras checas. Coñecida polo seu tamaño e a súa sorprendente representación do diaño a páxina completa (na páxina 577), contén as seguintes partes: o Antigo e Novo Testamento; dúas obras de  Flavio  Josefo; Etimoloxías de Isidoro de Sevilla; o libro de texto estándar para o ensino da medicina na Idade Media, coñecido como  Ars  medicinae (A arte da medicina);  Chronica  Boëmorum (Crónica dos bohemios) do século  XII, de  Cosmas de Praga; e un calendario. De especial interese son as seccións que dan testemuño da orixe bohemia do manuscrito e a súa axitada historia. A fins do século  XVI, a obra incorporouse ás coleccións do gobernante  Habsburgo, Rodolfo II. Durante o asedio sueco en Praga, a finais da Guerra dos Trinta Anos (1648), o manuscrito foi tomado como botín de guerra e trasladado a Estocolmo.

Codex  Gigas contén, case ao final, un calendario. Del extraemos este recorte, onde vemos reflectida a data da festa de  san Xoán  bautista.




A festa de  san Juan, en xuño, consignada no  Codex  Gigas, manuscrito en pergamiño do s.  XIII, coñecido como a Biblia do diaño.  

 

Que é a oración?

Pero nós vivimos hoxe, usando unha novena do s.  XIX, así que continuamos e actualizamos esa oración, ese culto, ao Precursor. Con todo, que é orar? Botemos unha ollada ao Catecismo da Igrexa católica: 

2558 «Para min, a oración é un impulso do corazón, unha sinxela mirada lanzada cara ao ceo, un berro de recoñecemento e de amor tanto desde dentro da proba como na alegría (Santa Teresa do Neno Jesús).

2563 O corazón é a morada onde eu estou, ou onde eu habito (segundo a expresión  semítica ou bíblica: onde eu “penétrome”). É o noso centro escondido,  inaprensible, nin pola nosa razón nin pola de ninguén; só o Espírito de Deus pode sondalo e coñecelo. É o lugar da decisión, no máis profundo das nosas tendencias psíquicas. É o lugar da verdade, alí onde eliximos entre a vida e a morte. É o lugar do encontro, xa que a imaxe de Deus, vivimos en relación: é o lugar da Alianza.

 

Como rezar a novena a  san Xoán de  Louredo

En rápida ollada, comprobamos como a devoción a  san Xoán  bautista vén de lonxe e que a oración consiste nunha relación cordial e confiada entre Deus e o crente, aínda que teremos que engadir unha dimensión máis: que a oración se abre aos fieis que se reúnen e non só é un acto persoal, íntimo, senón social, comunitario. Así, pode ser que recemos a novena sós ou en compañía. Vexamos, de modo sinxelo, como se reza a novena a  san Xoán de  Louredo.

Iníciase co tradicional: No Nome do Pai

Tras uns segundos en silencio, iníciase a oración para todos os días:  Gloriosísimo  san Juan  bautista, precursor de mi Señor Jesucristo, lucero hermoso del mejor Sol,...

Outro instante en silencio e elíxese a oración propia de cada día, recitándoa con calma.

Ao acabar, un momento para meditar ou lembrar o recitado e pásase ao momento da petición, que adoita seguirse de tres Pai Noso,  Avemaría e Gloria. Se non fixeron máis cambios, na parroquia de  san Xoán de  Louredo, celébrase Misa antes da novena, así que só se réza un Pai Noso.

Termínase coa oración final para todos os días: Santísimo y  humildísimo señor  san Juan  bautista, que siendo tanta vuestra santidad que ocupáis un lugar muy distinguido en la Gloria

O himno a  san Xoán pódese cantar ou recitar tras esta oración.

Hai que ter en conta que a novena a  san Xoán ten algunhas pasaxes un tanto  enrevesadas, expresións  grandilocuentes e moita, moita, oración de petición. Todo iso é froito doutras épocas e expresións, pero podemos rescatar  preciosamente a mensaxe: a grandeza do santo, a toma de conciencia da  pequenez do  orante, a confianza na unión entre oración-fe-acción, a grandeza dun mesmo que sintoniza coa santidade de Juan,...

 

Fotos comentadas para este cuarto día de novena


Don José Ramón Villar, administrador parroquial de Louredo, atendeu a miña petición e envíanos estas dúas fotos, realizadas onte, para que vexamos a zona do presbiterio e teñamos un primeiro plano da imaxe de  san Xoán.


Os altares foron realizados, nas primeiras decenas do s. XX, polo artista  arnoiés José Benito, O Chollo, quizais no seu taller próximo ao río  Arnoya, na zona de O Inquiau.






E a imaxe din que a trouxeron da vella capela, anterior igrexa de  Louredo. É a que sae en procesión o día da festa e a súa factura é sinxela, así como os seus materiais constituíntes.





Como non, non pode faltar a oración propia de hoxe, que tomamos da fotocopia da novena que se usa en  Louredo, engadindo unha imaxe do patrón.

Rezo propio do cuarto día da novena a  san Juan  bautista, que se reza en  Louredo. Acompaña ao texto a imaxe poderosa do patrón, colocada no centro do altar maior, confeccionado por don José Benito, o Chollo.


A imaxe corresponde ao  san Xoán do altar maior da igrexa parroquial. Unha imaxe traída desde Ourense por varios homes, entre os que se contou o meu defunto avó Manuel. Non sei como a transportarían, pero os camiños de entón non eran nada bos. A prensa das primeiras décadas do século pasado debúxannos unha paisaxe abatida en canto ás comunicacións deste lado da provincia. Tanto polo lado de Cortegada como polo de  Remuíño, Arnoia. Malas ou inexistentes estradas, paso de ríos en barca, por falta de pontes, e un exercicio mínimo das forzas políticas en orde a solucionalo.

Sobre a novena cóntoche un pouco máis en  https://delouredo.blogspot.com/2017/01/pena-de-novena.html

viernes, 24 de abril de 2020

As xans II

Una vez que he compartido los pocos datos que recogí de viva voz, toca revisar la literatura que han generado los estudios sobre “as xans”. Pertenecientes a leyendas de la generación de nuestros padres y abuelos, aunque el origen se encuentra mucho más atrás, as xans son consideradas en Remuíño (A Arnoia) y Louredo (Cortegada) como “luciñas” (lucecitas) que se pueden aparecer cerca o lejos, aunque siempre manteniendo las distancias, de día o de noche, y que están relacionadas con la muerte, aunque verlas no signifique que vayas a morir. Ni me han hablado de apariciones antropomorfas, ni de procesiones, ni de maneras de defenderte de la aparición, ni de fenómenos relacionados con ellas. El tema lo comenté con familiares de San Xoán de Louredo y san Antón de Remuíño, además de haber escrito en varias páginas y redes sociales. Todo ello perseguía dar a conocer la leyenda y, contando con auditorio de estos mismos pueblos y cercanos, conseguir más detalles o admitir la ignorancia del tema. Las respuestas han sido muy escasas y las que han contestado han venido a ratificar lo anteriormente declarado. 

De esta forma, aquí quedan resumidas algunas notas características de la leyenda y, una vez más, ofrezco un texto al público para que pueda ser comentado. 
'La Santa Compaña. Fantasías reales. Realidades fantásticas', de Carmelo Lisón Tolosan

Hoy doy un paso más y echo un ojo a la red para ver qué se ha publicado sobre as xans. He de decir que la búsqueda realizada el miércoles 22 de abril de 2020 (en pleno confinamiento por la Covid 19) ha superado mis expectativas. Y es que se ha publicado más, mucho más, desde mi última búsqueda. Tocaba actualizar textos y es una gozada poder contar con nuevos recortes que comparar. En esta entrada os ofrezco algunos de la anterior busca y algunos de la actual. Así también podréis vosotros bucear en una leyenda escurridiza, aunque prácticamente homogénea en todos los autores. Para una tercer entrada quedarán los aportes que Miguel Mosquera Paans ha realizado en su ‘Lendas de Ourense’, de la editorial Cumio.

Todos los recortes y los datos conseguidos se han realizado desde buscadores generalistas y algunos particulares, como los de Galiciana, Hispana o la Biblioteca Digital Hispana. Es decir, que varias fuentes no las conseguiréis a menos que busquéis con calma y en páginas seleccionadas. En buscas generalistas están comenzando a aparecer muchos más resultados que hace un par de años, además que los formatos son diferentes, sin quedarse solo en el escrito. Por ejemplo, entre los resultados de búsqueda tenemos un corto y una canción.

Lo que suelen decir los diferentes autores ya aparece en el texto más antiguo que consulté: “Leendas e supersticiós d-Arnoya”, de Castor Sánchez García, en Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 119 - 15 novembro 1933. Básicamente, nos encontramos con las siguientes características: una procesión de ánimas de vivos, van en dos filas, llevan un ataúd (esa persona está próxima a morir), van de noche, aparecen en las encrucijadas (lugar de parada y oración con los difuntos). Si un amigo se encuentra con ellas no pasa nada o será desplazado del lugar, pero si es enemigo recibirá una paliza o será arrastrado inmisericordemente, cuando no irá a aparecer en el quinto pino.

Pero no faltan las diferencias, como cuando la aparición sí se ve, pero no se reconocen a los presentes. Otras veces as xans son una denominación distinta para las ánimas y las apariciones fantasmales. Y no faltan identificaciones con otros seres completamente diferentes: como cuando en Filgueira identifican xans con demonio. Un detalle más sobre Filgueira: solo allí encontramos una manera de librarse de las xans (que te raptan noche tras noche, al estilo de la Compaña) que consiste en tomar tierra de siete cementerios diferentes y metérsela en el bolsillo al cura mientras está consagrando (“al alzar”).

Sigamos con otras diferencias. Mientras que el artículo de Nós, con el testimonio de Juan Reibelo, perito agrícola, destaca que as xans se ven, aunque no se perciban, y el libro ‘La Santa Compaña’, de Carmelo Lisón, se recogen testimonios que hablan de ver las luces, la procesión y ciertos atuendos (sábana, campanillas), otros, como Víctor Vaqueiro, en su ‘Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria’, dicen que as xans no se ven, sino que se perciben de alguna forma. El resto de los autores consultados ratifican que sí se ven, aunque no se sienta (quizás haciendo referencia a su incorporeidad y que no se detecta sonido alguno procedente de la comitiva). Así lo dejan por escrito Xesús Taboada en su ‘Etnografía Galega’ y Eladio Rodríguez en su ‘Diccionario enciclopédico gallego-castellano’.

As xans ('Galicia mágica', Vítor  Vaqueiro)
¿Quién conforma la procesión? Ánimas de vivos, transportando en ataúd a quien ya está próximo a morir. Según estén más cerca del ataúd más pronto morirán. Sin embargo, tanto el artículo de Nós como el libro de Víctor Vaqueiro dicen que la conforman personas con un deficiencia en la administración de su bautismo: o los padrinos proclamaron mal el Credo o el sacerdote le ungió con el óleo de los enfermos (entonces denominado, de la extrema unción). Es decir, que la procesión solo iría formada por mal bautizados a punto de morir. Poco número sería, entonces. Yo me pregunto si no estaremos ante un error tipográfico en el fundacional artículo de Nós: debería poner “ven” y no “van”. 

Detalle que Vaqueiro copiaría (tanto en su edición gallega como castellana repite lo mismo: que la procesión se conforma de mal bautizados). Sin embargo, esto cuadra mal con lo que ambos escriben a continuación. Y es que puedes dejar la procesión de as xans siendo bautizado de nuevo. Lo que significa que, con el nuevo bautismo te librarías de morir en breve… Personalmente, creo que la versión original es la de ver: solo ves la comitiva si te han bautizado mal. Si quieres dejar de verla, te bautizan de nuevo, poniendo especial énfasis en que se proclame el Credo perfectamente y se usen los óleos debidos. El diccionario de Eladio Rodríguez está en esta línea: el mal bautizado es quien las ve, por eso apenas hay quien vea as xans. También estaría en línea con lo que dicen vecinos de Louredo y Remuíño. Existe la creencia de que quien ha sido bautizado con el óleo de la extrema unción (no se menciona nada el tema del Credo mal recitado) va a ver a las ánimas, a los difuntos, o podría haber quien sepa quién va a morir en breve.

Con el tema de ver hay disparidad: unos recogen la tradición de que los videntes están mal bautizados y otros asimilan la experiencia con las ánimas, visibles para cualquiera que se cruce con ellas, tal como pasa con la compaña.

- Enlaces:
1 http://leoeosseus.blogspot.com/2010/01/terra-das-xans.html

2 https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=50&id=2420

3 https://gl.wikipedia.org/wiki/Xans

4 https://themurostimes.com/2015/09/21/contos-de-muros-o-home-que-via-as-xans/
 

jueves, 2 de abril de 2020

Dous retos culturais para un tempo de confinamento

Seguimos en confinamento pola Covid-19 e seguro que fomos recibindo máis dun reto ou proposta para aproveitar o tempo en casa. Eu non son de seguilos, pero si que respondín a dúas chamadas moi concretas, que ben equivalen a dous retos. Compártovolas, por se ti tamén te animas e deixas unha pegada na cultura galega, tan necesitada de coñecemento e expansión. 

Nesta época de información e creación de contidos, hai dous espacios nos que, de maneira sinxela, podemos aportar unha liña á nosa historia. Porque non, nin está todo escrito nin en Internet está todo. Ademais, son dous campos nos que os aportes poden ser de cutura xeral ou comentados con profundidade. É dicir, podemos participar co moito ou pouco que saibamos e que  atopemos. Haberá que aproveitar a publicidade que estes días chega de tantas plataformas onde a cultura se nos pon ó alcance dun clic e de maneira gratuíta, non si? Ademais, este tempo no que sentimos máis cerca ós que temos lonxe podemos aproveitalo en preguntar e escoitar historias que nos reconecten cas nosas raíces, facendo resume delas despois e partillándoas co resto do mundo. Imos ver dúas formas sinxelas, efectivas e con pegada para o futuro.


A primeira fai referencia ós topónimos da nosa terra. Inda é hoxe que se seguen a recoller e estudiar, pois tense conciencia de que falta moito terreo por descubrir. Con esa perspectiva nace Galicia Nomeada, un potente proxecto onde podemos descubrir e aportar topónimos galegos. Hai dúas vías complementarias para facelo: vía en liña ou por aplicación para móbil. E digo complementarias, porque a experiencia e a recomendación dalgún dos responsables suxire o uso conxunto. Co móbil: sacar fotos, apuntar o topónimo e clasificalo, gravarnos a nós ou outros pronunciando claramente o mesmo, gardar o borrador e ir a por outro. Dende a páxina web: aportar máis documentación, historias ou datos sobre o borrador, delimitar o topónimo a un edificio ou lugar, recoller bibliografía ou outras páxinas na que apareza e, finalmente, enviar o borrador con tódolos datos que poidamos.

Para comezar a usar esta ferramenta só temos que ir á web ou buscar a app e rexistrarnos. Mandarannos un correo para rematar o proceso e un manual de uso. Lédeo con calma, que é breve e moi explicativo. Logo te fas con el. A continuación, comezar cun topónimo, xeolocalizándoo, estando no lugar ou buscándoo no mapa inicial. Explora con calma as diferentes opcións de clasificación e garda todo como borrador. Esto axudarache en dous campos: poder modificar todo con calma e non recibir tantos correos. Porque si, con cada aportación ou modificación recibiremos un correo electrónico, así que, mellor, escribir e gardar como borrador para que, cando estemos seguros, envialo. Desde a web sempre poderás volver buscalo e ampliar ou modificar información.

 Podes facer fotos no lugar ou subilas desde a carpeta onde as teñas, tanto de móbil como de pc. Tamén podes gravar a pronunciación ou escribila foneticamente. Para aportar vídeos terás que subilos a algunha plataforma e, no cadro de escribir, dentro da ficha de cada topónimo, compartir unha ligazón. Este cadro para escribir é ben importante, porque podes convertilo nunha ficha descriptiva ampla, cas túas palabras e con ligazóns. Por exemplo, nestes días eu uso varias páxinas diferentes para aportar información a maiores. Non só tiro dos meus álbumes de fotos de Facebook e Flickr, senón que busquei o álbum do usuario Rafaeliux e o PXOM do concello de Cortegada. As fontes poderían ampliarse, pois san Xoán de Louredo ten presenza en Facebook e Instagram, ademais de aparecer nalgunha que outra bitácora. A idea é que uses ese cadro de escritura, na ficha de Galicia Nomeada, para pegar esas ligazóns. No cadro podes expresarte para describir ou descubrir o topónimo e calquera nota de interese. Por exemplo, onte fixen un descubrimento en Internet Archive, cando vin varios audios das campás de Cortegada. Pois ben, hoxe, cando abra sesión en Galicia Nomeada, irei á ficha da igrexa de santa María de Cortegada, Ourense, e deixarei constancia desa ligazón no cadro de descripción.

O segundo reto cultural fai referencia a un elemento que seguro temos moi visto, inda que non mellor valorado. Trátase dos cruceiros que, como os topónimos, non están debidamente recollidos e coñecidos na súa ampla distribución polo noso territorio. En concreto, podemos facer dúas cousas, en orde a completar a información que hai sobre elas e actualizar o catálogo que move Fernando Ávila. Dúas vías se abren neste caso para que poidamos participar, aportar e sacar da escura ignorancia ós usuarios interesados.


En primeiro lugar, coñecendo a páxina Cruceiros de Galicia, onde veremos que podemos localizar os cruceiros, pero tamén podemos dar a coñecer os que faltan. E non só de Galicia! Non deixedes de furgar pola web adiante, porque terás un amplo catálogo de construccións e unha biblioteca dixital moi interesante. E iso é o principio! Usa os comentarios para ampliar información e as canles de comunicación co administrador para dar noticia dos que falten.

Tamén os podes compartir, participando no grupo de Facebook, onde se rexistran novos aportes a diario, xa sexa en forma de fotos vellas ou actuais, xa como documentos onde se rexistraron cruceiros, sen esquecer cadros ou películas onde aparecen. Actualmente, o administrador está a realizar unha interesante labor, ca que conta con nós: localizar o PXOM dun concello, copiar a ligazón e o número ou código dos cruceiros, e porlle os datos na caixa de comentarios da súa web. Abrimos os PXOM, por exemplo, usando SIOTUGA, abrimos a web de Cruceiros de Galicia e, en cada ficha, comentamos o que atopamos, xunto ca ligazón á páxina que nos interese do PXOM. Como non, esto é un aporte concreto que se pode enriquecer co que nós saibamos ou con outras ligazóns. Se se refiren a cruceiros concretos imos copiando esas informacións en forma de comentario a cada un deles, se é información xeral, podemos enviarlla ó administrador para que a colgue na sección de biblioteca.

Corren bos tempos para estes dous retos culturais, non si? E ti, xa compartiches o que sabes?

jueves, 17 de octubre de 2019

La carretera de Arnoya a Remuíño

Pisamos historia a diario, a veces hasta le pasamos por encima con el coche y ni cuenta nos damos. Y no hay que excavar mucho para dar con enjundiosas anécdotas de nuestros mayores o episodios que marcaron una población con un antes y un después.


Paso por la carretera de Remuíño y no puedo, por menos, que pensar así. Tendríamos que ponerle voz a más de nuestros mayores, pero la historia que los míos me transmitieron sobre este paso asfaltado es la siguiente.

Comenzaba la emigración y era mi padre pequeño. Arnoya, como otros tantos ayuntamientos de la zona, vivía un atraso significativo en lo concerniente a las comunicaciones. Y el pueblo de Remuíño, más. Pero surgió la oportunidad de abrir un camino, una senda que diese rienda a las personas, mercancías y noticias. Allí trabajó la juventud del pueblo, llamando la atención de los profesionales. Se usó dinamita y la fuerza de los músculos, grandes y pequeños.

Crónica de un viaje a Arnoya, valorando sus malas comunicaciones y bello paisaje
Hubo un terreno que presentó una dificultad: una viña. Su dueño, el señor F., se negaba a dejar pasar un camino que destrozaría su propiedad. Otros lo había hecho y eran bien más pobres que él. Ás que, al estilo Fuenteovejuna, la mocedad del lugar despejó la viña de cepas y el camino terminó abriéndose, aunque hubo intercambio de palabras con la Guardia Civil. Parece ser que sin llegar a mayores, la obra continuó. Hasta hubo algún anciano que llegó con dinero al sitio y dijo estar dispuesto a pisar la cárcel gastar sus ahorros en salir y poder ver su pueblo bien comunicado.

Hoy es nuestra carretera de referencia, pero ¿adivina usted cuál fue el primer coche? ¡Pues sí! El del dueño de la viña arrasada. No quería ver su propiedad cortada por la carretera y fue el primero en ponerle un coche encima.

(Ponte Arnoia, 1921. Publicada en Facebook por Xosé Bangueses García)

jueves, 19 de mayo de 2016

As xans

Recoñezo que a maior parte da cultura lendaria da terra funa atopando e recollendo dos libros. Historias máis ou menos cercanas ó pobo no que medrei, pero, poucas veces, historias faladas dos cercanos. Quizás as tecnoloxías e informacións mundiais viñeron ocupar un oco precioso que acubillaba o local e recibido dos maiores. Tamén contará que os pais xa viron mundo e recórdannos máis tempos próximos que alonxados. Pero, gracias a Deus, non hai silencio absoluto e algunhas historias veñen ata nós, con datos de quen a contou e recordos fiados de infancias ben distintas das nosas. Noites que comezaban antes e tempadas onde o lume arremuiñaba á familia en torno del, foron o campo cultivado de contos e ditos que perviven na memoria dos nosos maiores. Unha memoria que se esgota e que, ás veces, non se expresa por falta de atención ou interés, máis que por falta de contido e lembranza. Conscientes desto, queda escoitar e pedir esas lendas propias da terriña que nos sentíu medrar, sen deternos nas escolmas e estudios preciosos que agardan en estantes pola nosa lectura.
Do n. 119 da revista Nós.

Algo que non atopei nesas lecturas, ou que non recordo xa, son os contos das xans. Foi unha referencia nun libro sobre Arnoia a que me levou ó número 119 da revista Nós para coñecer a súa existencia entre as xentes do pobo, en concreto, do pobo da Arnoia. Por aquilo de que algo de arnoiés teño, fixen o comentario en casa e resulta que os seres non eran descoñecidos para meus pais. Miña nai o primeiro que recordou foi unha expresión: parece que viches as xans, facendo referencia a unha persoa que ven co rostro trastocado polo medo. Meu pai contoume o caso dunha rapaza que vía as ánimas. A xente pensaba que esta visión proviña do momento do seu bautismo, seguindo a crenza popular de que se alguén é unxido nese momento de renacer co óleo dos enfermos verá as ánimas e ata pode que adiviñe quen vai morrer. A historia recollida neste recorte fala dunha procesión de vivos, así que teriamos que as xans teñen certo parecido ca santa compaña, diferenciándose dela en que as xans son vivos e a compaña son mortos. Sen embargo, meus pais afirman que o da santa compaña non era coñecido nos nosos pobos, senón que alí falábase das xans, luciñas relacionadas ca morte moitas veces. Luciñas, mais non procesións; lumiños, mais non formas antropomorfas ou recoñecibles, vivos ou defuntos.

Respecto da interpretación destas luciñas hai varias opcións: dende a simple constatación do descoñecemento da causa, ou que son visións por fame, ou defuntos, ou traballadores fóra de hora, ou xente con ganas de xogo. Historias hainas, e inda se poden recoller, en Louredo e Remuíño. Recordos da época infantil e adolescente dos papás e outros familiares, que falan de luciñas (case sempre escoito esta palabra, luciñas, máis que luces) no monte do Cadabal, vistas de lonxe e que traían arrepíos a quen as divisaba. Visión que non se quedaba nun ou outro paseante ou traballador que volvía tarde a casa, senón que afectaba a varios que facían o camiño xuntos. Ou luciñas nalgún punto do río Arnoia, con historias de medo, chamando pola prudencia, para non achegarse a elas. Historia daquel meniño que estando con outros e co gando no monte (ovellas, creo), baixou ata o río porque vía as luciñas. Seguírono os amigos e viron ó primeiro tirarlles pedras. A seguinte noticia sobre o neno é que afogou no río, recollendo o seu pai o seu gorriño enchoupado e levado pola corrente. Meu pai establece co seu relato a sospeita de que, ou as intentou perseguir e caeu ó río, ou as luciñas viñan para levar ó rapaz á outra vida. 

Tamén hai historias nas que se desvelan tales luces como xente que viaxa de noite cun candil, visible nun ambiente no que non existía a  iluminación artificial. E a xente andaba de noite, pois ou ibas para algún sitio lonxano e saías ben cedo (coma aqueles que foron andando de Louredo a Celanova... dúas veces no mesmo día!), ou ías cara unha leira a regar cando non se podía (debido a que había quendas de regada e algún que outro pasaba delas, regando a horas intempestivas), ou viñas dunha festa, ou andabas ó contrabando,... E este recórdame aquela historia de cando unha aparición case resulta fatídica... para a propia aparición!! A cousa era que certo veciño andaba a regar de noite (o que significaba que aproveitaba toda a auga que quería, pero podía deixar sen ela ós que irían regar máis tarde, seguindo un estricto código de quenda) e decidiron que o ían asustar, por aquelo de non enfrentarse a el directamente. Foi un co candil e unha saba por riba, acercándose prudencialmente ó infractor. O malo é que este pasou da aparición. Cando estivo cerca si que lle dedicou atención, preguntando quen era, Non recibíu resposta, así que voltou a preguntar quen era. Ó recibir o silencio por resposta, pasou á amenaza: fora deste ou doutro mundo, iba levar co sacho... E a aparición... marchou!

Relacionado co anterior, pero tamén distinto, é o conto que lle pasou a un tío meu, defunto xa. Gustoso da pesca, iba para o Arnoia, naqueles bos anos de peixes e anguías (algunha chegaba a subir polos regatos, alcanzando a zona do Pireiro e Pousadoiro, en remuíño). Nunha ocasión, acompañado do cadelo de casa, este mostrouse inquedo e foise pór ó ladiño das pernas do dono. A sospeita do rapaz era a da presenza dun animal, quizás un lobo, na cercanía pero nada atopou. Regresado a casa, contoulle o feito a seu pai, maliño da doenza que o levou a descansar á terra que o sustentou, e este díxolle que non era lobo nin bicho algún, senón que era o seu espíritu que andaba libre e fora por aquel recanto do seu pobo. Ó pouco, o avó, pai de meu tío, morreu. Aquí temos un dato novo, a falta completa de percepción humana e si a animal, amén de tratarse dunha ánima de vivo. Diferenciábase esta experiencia das xans, por non ter visibilidade, e da compaña por non ser de noite, non ter visibilidade e non existir procesión de ánimas de mortos. Tampouco se dá a percepción propia de quen foi mal bautizada.

Con estas liñas que van xurdindo dos recordos, máis que seguir un índice, só me queda prometer outro breve escrito, vendo que hai pola rede sobre as xans, para descubrir coincidencias ou diferencias respecto do descuberto: que en Louredo e Remuíño hai tradición das xans, que estas son luciñas que poden verse ó lonxe ou de preto, que se relacionan ca morte, case sempre, pero que poden verse sen sufrir mal algún, que son visibles de día e de noite.