Mostrando entradas con la etiqueta Claustroman. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Claustroman. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Claustroman comparte a súa experiencia dun día no FKM 2016.

Con moita interese e emoción por coñecer o FKM alá fomos eu, Félix e Ami. Como bo amante do cinema e ter unha pequena experiencia no mundo das curtametraxes non podía deixar pasar esta oportunidade.

Chegamos ao Fórum, fantástico lugar situado nun marco incomparable e a 200 metros dunha estraña ponte/túnel que faría as delicias para unha boa toma nocturna e con néboa. Presentámonos con 10 minutos de antelación ao acto e alí xa había unha considerable cantidade de xente xove facendo cola. Moi amablemente, varios membros da organización comunicáronnos que estaba o aforo reservado por estudantes pero que poderiamos asistir  de pé á Mesa Cadrada, eu díxenme son cousas do directo e imos gozalo da mellor maneira posible apoiados na parede.

O tema en cuestión era H.G. Wells e S. Lem. Encantoume a forma de tratar o tema, dando un repaso ás novelas e as súas versións cinematográficas que coñecía de marabilla e fíxome graza a valoración que fixo o primeiro poñente coa que estou de acordo, sobre “Os pasaxeiros do tempo” na que participan o propio Wells e Jack o destripador no San Francisco de 1979, dándolle máis efectivismo.

Outro poñente destacou a influencia da arquitectura no cinema, destacando que posiblemente Hong Kong sería o fiel reflexo en “Blade Runner” e por último a discrepancia entre as dúas versións de “Solaris” na que gaña a 1ª versión en todos os aspectos pois na 2ª un gran actor non é suficiente para realizar unha película aceptable.

Por certo, a cada pouco, había que saír ao exterior da sala debido á ausencia de osíxeno, nalgúns momentos custaba respirar ao estar o aforamento completo. No exterior, o público asistente aproveitaba para usar a wifi gratuíta e estirar un pouco as pernas.


Pola tarde dirixímonos ao CGAI e gozamos de 2 marabillosas obras, o curto “Aciaga suicidius interruptus” e a película “A valija de Benavídez”.

A primeira foi moi divertida e tratábase dunha muller que tenta suicidarse pero aparece alguén que llo impedirá, cousas do directo como adoito dicir. Alí estaba a actriz Carmen Ruiz participante no curto e non me atrevín  a pedirlle o seu autográfo con tanta xente. É unha historia bonita, sinxela, divertida e tráxica á vez que podería pasarlle a calquera e en calquera momento.

A segunda é unha película estraña, bastante desconcertante que segundo avanza píllaselle o truco. Benavídez é un profesor de plástica que unha noite discute coa súa muller e leva a súa valixa xunto ao seu psiquiatra ao que lle pide axuda que tamén é un coleccionista de arte e especulador, toda unha xoia!!! Logo queda na casa do psiquiatra e alí descobre un estraño e lucrativo misterio, trátase dunha residencia de artistas que colaboran nun tratamento alternativo preparado para aumentar a súa creatividade e despois vender as súas obras, que listos!!!!

Benavídez quere regresar ao seu fogar como sexa pero é imposible, o psiquiatra necesítao e por iso somételle a unha terapia radical e tentando escapar, recupera fases da súa vida, a súa curiosa relación co seu pai, (un artista consagrado) e a súa muller para atoparse ao final cunha sorpresa que cambiará totalmente o seu destino e existencia vital.

E despois o momento máis emocionante e importante para min, a hora da votacións, é o acto máis lindo, sincero e poderoso que temos tódolos asistentes, decidir segundo o noso sabio criterio a valoración adecuada de cada obra gozada e visualizada.


Por certo, felicidades  aos membros de “A valija de Benavídez” premio á mellor BSO no FKM Festival Fantástico da Coruña!!!

E aquí termina o meu fiel reflexo do vivido e gozado no FKM.

Moitas grazas aos organizadores por unha actividade tan linda, necesaria e alternativa, teredes moitos anos de vida, seino e grazas de novo a Félix e Ami por un día inesquecible coa vosa grata compañía.

jueves, 9 de junio de 2016

Visita teatralizada por Ourense.

Nestes días o Arquivo histórico Provincial de Ourense estase a publicitar realizando varias actividades. O martes participamos Claustroman, Ami e eu nunha vespertina que foi a de visitar as instalacións do Arquivo na propia cidade, saír parando un par de veces, cara o claustro de san Francisco e descubrir un misterioso ser que se acochaba tras dunha serie de probas basadas no descubrimento de determinados capiteis. Unha horiña e pico ben aproveitada cun estilo cercano e festivo que conduciron elegantemente Begoña e Sergio. A pesar das apariencias non son actores senón animadores contratados polo Arquivo, pero dan o pego totalmente co ben que o fixeron, ca naturalidade ca que encarnaron a dúas personaxes que quizás tardemos en esqueer: Xoana a lavandeira e Xan o frade. 

A primeira apareceu ós poucos de comezar a actividade, presentándose como lavandeira e moza presta a casar en agosto. Preguntando se eramos os novicios que viñamos para os franciscanos e as clarisas, comezou un monólogo que soubo dun descanso ó ter que ir na busca de Xan, un frade traballador que, rodeado de libros, copiaba manuscritos no medio do depósito do Arquivo. O santo varón serviu de contrapeso á lingoreteira da muller que, como lavandeira, saber de contos e chismes, pondo a cadaquén un sambenito que evita que falen dela. O Frade ten tratos con ela, lonxe dos carnais, pois ocúpase dos seus hábitos e sírvelle de recadeira. Onte, sen ir máis lonxe, levoulle un documento e un pouco chocolate.


Entre bromas e contos, fomos sabendo da vida franciscana da cidade, especialmente dos do convento de san Francisco, que non sempre estivo alí. Un convento que hoxe soa polo seu claustro. Obra de arte e remanso de paz e frescor, froito dunha sanción eclesiástica. Grosso modo, os franciscanos deran acubillo ós asesinos do sobriño do bispo Yáñez de Novoa; os secuaces deste incendian o convento sito na actual praza do Correxidor; os franciscanos apelan a Roma; o Papa Clemente V ordena a reconstrucción do convento e unha serie de prebendas en favor dos irmáns pobres; o bispo morre; seus sucesores dan conta da construcción dun lugar digno que inclúe o claustro. Claustro gótico, bastante ben conservado inda que erosionado polo tempo, o abandono durante anos e un uso indebido do mesmo. Pedras harmonicamente entrelazadas que gardan secretos simbólicos e xeográficos... porque, ¿sabemos todo o posible acerca do "home verde"? ¿Sabemos onde termina un túnel cerrado pero visible na esquina enfrente do "hombre verde"?

A teatralización destas dúas personaxes deu para coñecer detalles da historia auriense daqueles séculos nos que os franciscanos chegan e son ben acollidos polo pobo. Saímos do Arquivo sendo ben avisados de que podiamo ser abordados polos escuaces do malvado bispo de Novoa e soubemos que o primeiro convento franciscano estivo na actual praza do Correxidor. Subindo cara o claustro, tanto Begoña como Sergio mantiveron as personaxes en todo momento. Fixemos unha parada na Praza da estrela, para botar un canto que recordaba os traballiños que hai detrás dun anaco de pan.

E entre ánimos e risos chegamos ó claustro, lugar onde se desenvolveu a última parte da visita: tiñamos que buscar nun mapa unha serie de personaxes que estaban nos capiteis do lugar. Recibimos algunhas explicacións e rematamos descubrindo tódalos seres que estaban marcados no mapa, levándonos a catro palabras clave que sinalaban un determinado lugar: o home verde. Despachado nunhas liñas sinxelas aparece tal home como símbolo de antigos deuses astados, tamén do home que vive en comuñón ca natureza e representa a primavera, o renacer e o ciclo da vida. Dende a Idade Media tamén se lle asina un significado cristián, referíndose ó home resucitado por Cristo (na súa dimensión positiva) ou o pagán alonxado da doutrina cristiá que vive dos instintos (na dimensión negativa).

Ben valeu a pena o calorciño pasado. Agora Ourense fala un pouco mellor e podemos atender á súa historia, podemos descubrir lugares cotiás como recordatorios de sucesos que compartir con outros. Ah, e pasarnos algunha vez polo Arquivo, onde seremos atendidos nas peticións que teñamos. Espérase un pronto traslado a instalacións próximas ó claustro de san Francisco, lugar que agarda por eles e pola biblioteca nodal, sita hoxe en Concello.

Son son dúas liñas acerca do vivido onte e ben vale a pena publicitalo. Moitas gracias, Begoña e Sergio. Esperamos novas actividades. Un gusto ir con Claustroman, guía único dese entorno envidiable que nos agarda sempre con misterios e sorpresas. E, nada, agardando quedo para coñecer as novas andanzas do Capitán Gardador, do que en nada van facer estrea da terceira entrega.

miércoles, 8 de junio de 2016

Segunda entrega de "Entrevistas dende o Abismo".

Un día hablaba con Miguel Blanes de la riqueza personal que disfrutamos al tener cerca gente interesante y de la necesidad de guardar su legado, sus conocimientos y aportaciones. Lo que tantas veces se aplica en lápidas mortuorias, homenajes y deseos: recordar y transmitir lo bueno de quienes ya no están físicamente. Unas ideas y proyectos fueron trayendo otras y surgió una propuesta de su lado: llevar a la radio, o al podcast, a gente conocida con la que poder charlar distendidamente y sacarle su lado curioso, friki, divertido. Aquí empecé con algunas entrevistas y Miguel supuso que sería un buen inicio llevar esas entrevistas y su estilo a la grabación con la persona delante, transmitiendo su voz, no solo su palabra.


Algunos amigos habían comenzado, y siguen en la brecha, con el programa Radio nas Estrelas, apoyados en el soporte que supone Radio Fedello, con instalaciones y tranquilidad para grabar en el edificio de hierro de la Universidad, Campus de Ourense, en Lagunas. Surgiría, en el primer viaje en coche desde XogOn hasta el lugar, el nombre y la intro gracias a al inventiva y chispa de Alberto (XogOn) y las aportaciones del líder Bleins (Miguel Blanes). Aparecía Entrevistas dende o Abismo, un subproducto dependiente de Radio nas Estrelas, con ansias de complementar el programa madre, y muchas risas de por medio.

Comenzaba entonces, y volvió ahora, Alberto, nombre en clave: Claustroman, recordando su paso por el claustro de san Francisco de Ourense. Con él recorrimos el claustro más de diez veces a pie y esta vez lo realizamos desde sus palabras y explicaciones, solo desde su voz. Conocimos películas y gustos personales. Sus ganas de investigar en el mundillo del fantaterror y las ansias de publicar y dar a conocer gente que se lo curró, desde el abismo, creando un buen número de títulos, de mayor o menos calidad, donde se daba rienda suelta a la imaginación y se rompía un muro de ostracismo y desalojo en el que sobrevivía lo fantástico en España. También supimos de algunos autores y títulos de la biblioteca de Claustroman, un compendio de obras que van desde las sagas españolas más actuales, referidas a los muertos vivientes, hasta libros de leyenda como el Ciprianillo.

Comenzamos con él y con él seguimos en esta segunda entrega podcastera. Casi una hora de soniditos bleinsianos, risas y descojones, revelaciones fatales de documentos oficiales y ocultos, conexiones entre películas de temáticas semejantes, visionados de cine llamativo, nueva definición del denominado cine alternativo y buen humor en general que permite la confesión de sucesos acaecidos en vestuarios de gimnasios ourensanos. Una segunda entrega calentita que tenía en origen un esquema sencillo en orden a aportar conocimientos acerca de películas como Holocausto caníbal y La montaña del dios caníbal; hablar de los cortos donde Claustroman había participado; desvelar parte de su biblioteca; recomendar un par de lugares gallegos donde perderse entre la historia, el arte y el misterio. Todo ello iniciado con la publicación de un documento oficial que recogía la pregunta realizada en el Congreso de los Diputados acerca de la emisión en horario infantil de un película para mayores (con escenas de zoofilia, amputación de  miembros humanos, cierta necrofilia, desnudo de Ursula Andress, canibalismo...)

https://www.ivoox.com/11793055

https://youtu.be/NmrKcHY44J0Nos lo hemos pasado más que bien en este programa que ahora os ofrecemos gracias a la pericia de la gente de Radio Fedello. Puedes escucharlo o descargarlo, sabiendo que encontrarás datos curiosos y muchas risas. El tiempo se nos echó encima, así que sentimos no haber profundizado en los libros de Claustroman y solo haber citado algunos títulos españoles. 

Realicé una breve grabación en vídeo de un momento del programa. Queda como recuerdo de una tarde especialmente graciosa y desternillante. El primer programa se grabó completamente en vídeo y estará guardado celosamente en casa del líder. Esperamos compartirlo un día. Sed testigos. 

 

jueves, 2 de junio de 2016

Hablar de canibalismo nunca fue tan divertido.

Así, lapidariamente, sintetizó Claustroman su segundo paso por Entrevistas desde el Abismo, programa de Radio Fedello. Cómo no, agradecer a la gente de la asociación ya su presidenta, María M., todas las atenciones y ánimos recibidos. Y gracias, María, por las fotos sacadas. Nuestro último paso por el cuarto de grabación fue el pasado martes, cuando aún estábamos en mayo, y fue desternillante. Al audio me remito. Audio que quizás aparezca el lunes de la semana que viene. Atentos, pues, a los canales de Radio Fedello, podcasteando desde el edificio de hierro de la Universidad, Campus de Ourense.


Manipulados y descontrolados por el líder Bleins, reunidos en torno a la grabadora con la anuencia de doña María, regresamos a la carga los dos Albertos y un servidor. Teníamos de vuelta a Claustroman y la idea era comenzar con el desvelo de un documento público del Congreso de los Diputados donde se hablaba de una película emitida en horario infantil cuando era para mayores, repasar algunos títulos que teníamos en mente y en un papel, pasear por la biblioteca de Claustroman y recomendar dos lugares de nuestra tierra para visitar, uniéndolos a la temática que tratábamos.

 
Lo que sucedió fue que nos quedamos con las películas a vueltas y apenas hablamos de libros. De estos poco menos nos dio tiempo de citar las sagas zombis de Apocalipsis Z y Apocalipsis Island, la novela El manantial y casi para de contar. Claro, con las películas fue el desmadre, ya que comenzamos con el documento oficial donde una diputada se escandalizaba de la emisión, en horario infantil, de la película La montaña del dios caníbal y el director del enten público pedía perdón y se comprometía a una mejor anotación de los productos televisados. Yo conté mi particular experiencia, porque resulta que vi esa peli y hasta algua escena se me quedó grabada. Menos mal que Claustroman me la pasó y pude disfrutarla como mandan los cánones. El filme comienza como uno de aventuras en la selva pero luego mete escenas agónicas de comidas animales, zoofilia, adoración mortuoria, rebanamiento de miembro viril y alguna situación más de las que lo más ligero es el desnudo de la protagonista y chica Bond Ursula Andress.

 
De ahí pasamos a cinefagocitar Holocausto caníbal, descubriendo una curiosa conexión con la anterior peli. El cuerpo pedía más y hablamos de Lucio Fulci y su escena donde une a un tiburón y un... ¡zombi! en subacuática y encarnizada lucha. Desenterramos los cortos donde Alberto-Claustroman protagonizó el nacimiento de Hellequin, un silencioso asesino, pudiendo saber de la existencia de material inédito. Por desgracia, no todo proyectable, al faltar el audio completo de uno de los cortos.


Quede esto como adelanto del próximo podcast Entrevistas desde el Abismo, un subproducto molón, molón, molón... 

viernes, 27 de mayo de 2016

Radiofedellando de nuevo.

Hace unos días que nos estrenábamos en Radio Fedello de la mano del señor Blanes. Como alguno ya sabrá es una radio que se prepara y edita sus podcasts desde la Universidad en Ourense. En concreto, nos reunimos para la grabación en el "edificio de hierro". La idea era compartir un rato entre amigos y entrevistar a una persona curiosa como Claustroman. Así, dispuesto el local y el micro, desgranamos recuerdos y detalles acerca de sus gustos e investigaciones en el mundo del cine y la literatura. Cómo no, empezamos por el claustro, lugar donde le conocí, ámbito sacro que me iba desvelando en las visitas cotidianas que disfruté mientras estaba de guía. Aquellas piedras que nos regalaron su silencio y sabiduría ancestral han pasado por vicisitudes mil, desde su erección y dedicación monacal a lugar de embeleso y fotografías, pasando por cuartel para la mili y depósito o garaje.

Radiofedellando...
De las piedras a las pelis, sobre las que nuestro amigo tiene mucho qué decir. Dedica bastante tiempo a la búsqueda de joyas antiguas del fantaterror español, sobre todo, libros sobre épocas doradas de nuestro fantástico y webs donde sumergirse y enterarse de nuevos títulos. Por eso es normal que hablásemos un rato sobre Amando de Ossorio y sus tétricos caballeros de Oriente redivivos, sobre los templarios, como él les llamó. Una tetralogía que aportó un personaje no conocido en el mundo del terror, el de caballeros templarios que aprenden en Egipto artes oscuras con las que pretender la inmortalidad. Magia negra que supone el asesinato de lozanas mozas a las que morder, desangrar o, simplemente, arrancar su corazón. Caballeros que volvían de sus tumbas y cuyas escenas de la primera película luego se usaron y requeteusaron a troche y moche. No fue un director con poderes pero era un artesano que se fue adaptando a lo que tenía y le pedían.


Pasamos de refilón por otra figura querida, la de Paul Naschy, multitarea en el mundillo que se labró una filmografía amplia y desigual, abriendo un interesante camino que generaciones actuales reconocen y visionan. Uno de los personajes a lo que dio vida fue el hombre lobo Waldemar Nadinski, ser primario al que la censura no le permitió ser asturiano y tuvo que venderse como polaco (Naschy les tenía mucha simpatía). 

Apuntes filtrados.


Suma y sigue, el tiempo que nos marcamos nos abrió la posibilidad de repetir con el amigo Alberto, al que espero volver a entrevistar el martes que viene, sacando a la luz alguna pregunta curiosa realizada en el Congreso de los Diputados hace años, acerca de cierta película emitida en horario infantil, imaginar en qué terminó cierta lucha submarina que tiene como uno de los opositores a un zombi y hablar de algunos libros que recogen mucho arte español que no queremos dejar de lado.

viernes, 20 de mayo de 2016

Radiofedellando desde el abismo.

Hombre, justo el día en que mis últimas entradas marcaban un curioso número (de la Bestia) en el marcador de visitas, don Miguel Blanes nos raptaba y llevaba cara la Universidad de Ourense, al "edificio de ferro", para darle voz a... Entrevistas dende o abismo... un espacio cedido y editado por la gente de Radio Fedello. Muchas gracias por no echarlos de la sala y ocuparte del audio, Noemí. Gracias por la idea y ánimos, señor Blanes. Y gracias por venir, Alberto(s), de XogOn y Claustroman. Cómo no, señor Rastry, esperamos que te unas a la horda oscura.

Los hilos manejados desde la sombra intrahistórica marcaron el 666 al tiempo que abríamos la puerta de una sala de la Universidad para ponernos con un nuevo programa de radio. La idea era la de entrevistar a personas curiosas de Ourense que conociésemos y que valía la pena publicitar. Queríamos poner ante el micro sus aficiones y curiosidades, para hacerte ver que no estás solo, que hay otros como tú y están en este mundo. Ideas del señor Martínez, el líder Bleins, cuyo melón revierte planes enjundiosos. Él y algunos amigos ya han comenzado la aventura en su propio programa, cuyo nombre sabremos cuando se lo pongan. Es que todavía viven del título pasajero que le pusieron cuando llegaron por allí. Solo puedo deciros que ya está disponible en los canales de radio Fedello y que sus temáticas son frikis, realizadas y expresadas desde las voces frikis de Ourense, con mucho humor y desparpajo. Vamos, un espacio para divertirse y divertir.

Equipo desde el abismo.
En Entrevistas dende o abismo estarán también dos de los miembros, Miguel y Alberto, poniendo el punto gracioso y salado, atenuado con la picantez bleinsiniana correspondiente, a las entrevistas que planeemos. De momento, ya hemos cambiado de parecer y en vez de traer a más entrevistados hemos decidido exprimir el filón del primero, el amigo Claustroman. Ayer, 50 minutos supieron a poco, así que se le convoca a nuevos programas para publicar sus conocimientos en el arcano mundo del claustro de san Francisco de Ourense, las ocultas películas del fantaterror español, lecturas prohibidas que van desde los libros de zombis al tenebroso Ciprianillo y territorios conocidos o no tanto de nuestro terruño patrio. La perspectiva es interesante y la ayuda de Radio Fedello brindarán una plataforma fuerte para que la voz de los entrevistados no se pierda, nin sus conocimientos. 



Para la semana surgirá de lo profundo esta sección que don Alberto, de XogOn, tan magníficamente ha presentado con su voz y don Miguel ha musicalizado... ha buscado tema musical :-) ¡¡Claustroman en las ondas!!



Con Noemí de Radio Fedello.

viernes, 29 de enero de 2016

Segunda parte da entrevista Claustroman.

Ourense é fonte de sabedoría ancestral e modernidade artística. Cres que coñecemos minimanente o noso patrimonio? Inda máis, ti ves que nos chuleemos como galegos del?

Eu vexo que a xente ten inquietudes culturais e tenta visitar eses recunchos tan fantásticos que temos e que por diversos motivos nos sabemos promocionalos como deberían ser. Dáme moita mágoa que gran parte dos visitantes consideren Ourense coma unha cidade de paso cando en realidade ofrece tanto. A reapertura do claustro fixo moito ben ó turismo e está cambiando a impresión que tiñan de nós. Non creo que sexamos chulos pero deberíamos potenciar aínda máis o noso, eu vexo que moitos van a Santiago cando temos nesta maravillosa provincia unhas igrexas fantásticas, unha paisaxe espectacular, unha gastronomía única no mundo e a bondade das nosas xentes. O tema termal xa é un clásico nos turistas, moitos o descubriron no programa de televisión Un país para comérselo cos dous lambóns Echanove e Imanol Arias.


Esta tempada fóra do claustro aumentou o tempo das túas inquisicións na busca de obras ocultas do cine patrio. Que títulos che costou máis atopar?

Pois, sobre todo, títulos entre os anos 1978 e 1982. Destacaría “Más allá del terror” de 1980 obra do realizador Tomás Aznar sobre uns maleantes que por cousas do destino refúxianse nunha antiga igrexa que esconde un profundo e increíble secreto.

Tamén destacaría “El monte de las brujas” de 1972, extraña película moi ben valorada en Estados Unidos e “La cruz del Diablo” de 1975 basada en relatos de Becquer.


Poblan os teus pesadelos cegos cabaleiros herexes ou son, máis ben, amiguiños terroríficos cos que pasalo ben?

Son uns amiguiños xeniais que non te fallan, moitas veces, cando un está enfadado ou fastidiado pensa que se os chamara para darlle un bo susto a alguén co merece sería a mellor acción do día, jeje. Pesadelos non pero o principio soñaba cos capiteis o non estar acostumado a velos tantas horas no día, á súa maneira me falaban e dábaste conta que non hai unha soa interpretación senón que todo é respetable e ahí radica o seu encanto.


Moito temos mirado cara o pasado pero, a día de hoxe, ti apostas por algún autor, na arte que sexa, que transmita o terror e faga voar a fantasía?

A nivel nacional destacaría Carlos Sisí autor da saga “Los Caminantes”, o noso artistiña Manel Loureiro con “Apocalipis Z” inda que agora abarca outros campos pero segue enganchando ós lectores co seu estilo directo e sinxelo, Vicente García con “Apocalipsis Island”, Víctor Conde con “El código de las brujas”, Javier Cosnava con “ Zombies de Stalingrado”,  Juan Miguel Fernández con “El jardín impío” e varios máis pero que agora non me saen.


Segues guiando en visitas claustrais?

Si, sempre que mo pidan e avisen con antelación fágoo encantado. O claustro forma parte da miña vida e en cada visita sempre atopamos un aspecto novo ou curiosidade. En verán fixen unhas cantas e tan pronto me recupere farei algunha para un grupo de xubilados.


Confesa, na túa biblioteca hai algo que non meta medo?

Pois claro que sí, nestes días estou lendo varios libros sobre o camiño de Santiago, un pouco de Walking Dead, teño pendente un tomo de Juego de Tronos, un tratado da Inquisición e unha novela sobre nazis… De todo un pouco, jeje

jueves, 28 de enero de 2016

Primeira parte da entrevista a Claustroman.

O amigo Alberto ofrece unha longa entrevista que vos ofrezo en dúas partes. Ei vai o entrante, amigos. Graciñas, Alberto.

Ola, Alberto, ¿que fas fóra do claustro?

Moi boas. Pois nestes momentos, estoume recuperando duns achaques de saúde que me levan un tempo bastante fastidiado. Paciencia e resignación é o que tocan aínda co bo humor ninguén mo quita e ríome de min mesmo. Moita lectura, un par de proxextos literarios e outro profesional son os próximos obxectivos. 


Pasaches unha boa tempada ó amparo das forzas naturais e os seus cambiantes rostros no alto de Ourense. Seguro que hai mil anécdotas. Compártesnos algunhas?

Ante todo hai que dicir co estado de ánimo inflúe moito na percepción das cousas. Cando hai temporal e o vento zoa con moita forza, ás veces pódeste asustar pois as palmeiras cimbréanse dunha maneira espectacular na que parece que se van caer pero en realidade son duras e resisten todo, teñen máis de 100 anos de existencia e despois claro, de regaliño cae unha póla que hai que recoller.

Se tes un mal día ocasionado pola derrota do teu equipo de fútbol sínteste mal e únicamente ó dar longos paseos desaparece esa sensación negativa. Eu sempre digo que é terapéutico e é o mellor xenérico que hai, tódolos vecinos deberían visitalo e pasear con calma, eso sí, nun día que faga bo tempo.

A chuvia é ben curiosa, é moi linda escoitala co seu ritmo ben acompasado pero a aparición das pingueiras nos sitios más inoportunos fastidia un montón…

A néboa si que mete medo! No inverno é impresionante, pois as mañás tarda en saír o solciño e polas tardes enseguida se fai de noite. Como a iluminación está enfocada ós pasillos e non nos capiteis, ás veces é unha sensación misteriosa e espectral. Cantas veces fixen o circuito cunha linterna e quedamos abraiados coa impresión que transmiten os capiteis nesa atmósfera invernal e sombría…

Resistín ó frío e a humidade que son constantes e permanentes no recinto, hai unha diferencia de case 5°C respecto ó exterior!!!!! 


A presencia de gatos deberíanos facer pensar nas meigas invisibles e na devoción de arcanas culturas a estes michiños. Algunha vez tiveches visitas do Alén ou humanas pero de corte preternatural?

Certo, aparte da presencia de gatos nos capiteis hainos de verdade, por certo, moi ben mantidos grazas á bondade dunha señora que lles daba de comer dúas veces no día na cancela da obra. Eu tiña bautizados algún gatiños co nome de Rayo, Trueno, Relámpago, Centella…. debido a súa rapidez... 

Unha vez unha señora inglesa duns 70 anos aproximadamente moi educada que tiña a intención de facer psicofonías abre o bolso e déixame abraiado pois non esperaba esa reacción dunha persoa adulta, díxenlle que iso non podía ser, que sacara fotos ou vídeos pero que para iso era necesario que pedirá permiso á administración! Calquera sabe o que ía sacar do bolso! Ista anécdota fíxolle moita graza ós compañeiros pois dicían que aumentarían as visitas de curiosos e bruxos!!! 


No claustro hai representacións varias esculpidas en pedras. Animais, vexetais, seres mitolóxicos... pero houbo un que nos deixou bos recordos e do que te documentaches ben, o Home Verde.

 Pois si, o famoso e ben querido Home verde. É unha das representacións con máis encanto e misteriosas do claustro. Dúas persoas viñeron expresamente a visitalo, o famoso Padre Pardo, un pastor protestante que recorre toda Europa buscando esta figura e o investigador galego Alfredo Erias Martínez, para min o mellor investigador que hai hoxe en día que ten unhas publicacións moi amenas e completas sobre este tema fascinante, por certo, veu de incógnito.

Hai dúas posibles interpretacións, a concepción clásica e positiva, que adopta esta imaxe pagá do home verde como dador de vida, como o mesmo Xesucristo ou ben os resucitados do paraíso. Por outra banda, o cristianismo medieval crea o oposto, a contravisión ou simbolismo negativo, como un ser que devora a vida ou crea a árbore do mal. Un ser demoníaco relacionado co mal e o pecado, o demo mesmo ou ben os condenados ao inferno.
O contexto é fundamental para a interpretación no seu conxunto.

Encántame o aspecto que colle según a estación do ano, co frío e a humidade colle ese verdor tan característico, fomentado tamén pola súa situación tan estratéxica na galería leste do claustro, concretamente no capitel número 20 facendo esquina co corredor sur. Coñézoos todos cos ollos pechados... 


De todas, non todo é antigo ou non todo ten a mesma antigüedade, non si? Hai elementos pertencentes a idades modernas e contemporáneas.

Certo, non todo é da mesma época. Ó longo do tempo houbo moitas transformacións sobre todo na época que foi cuartel militar. A cuberta é totalmente nova, o claustro estivo case 15 anos ó descuberto.

A antiga Sala Capitular convertérase na Sala de Bandeiras e Biblioteca ó carón e as vidrieiras están totalmente rehabilitadas. Como curiosidade, destacaría a existencia dun escudo da República que estivo alí ata o ano 2000 cando se prohibira o acceso ó público, un misterio en toda regla. O acceso existente hoxe en día é provisional, anteriormente era a zona de comestibles ou víveres…


Por se acaso alguén anda perdido, falamos do reaberto claustro de san Francisco. Fálanos un pouco del a nivel histórico.


Non me quero enredar nin ser pesado, vouvos dar unhas sinxelas e amenas referencias. É a parte máis antiga e mellor conservada do convento xunto co Albergue de Peregrinos e a Escolma de Escultura que eran a antiga capela da Orden Terceira. Os franciscanos eran unha orde mendicante e antigamente o convento estaba situado na parte baixa da cidade, concretamente no que hoxe é a Praza do Correxidor. Os conflictos e disputas entre o Bispado e a Sociedade Civil para adquirir máis poder e fondos económicos, terminaron en 1292 co incendio e destrucción do convento a mans dos malvados seguidores do bispo Pedro Yáñez de Nóvoa. Anos máis tarde, en 1308, o Papa Clemente V obrigou ó bispo á reconstruilo convento pero éste morreu e foron os seus sucesores os que iniciaron a reconstrucción no seu actual emprazamento.

O claustro construíuse entre os anos 1325 ó 1350. O convento tivo unha importancia considerable na cidade ó contar cun colexio de Filosofía.

En xaneiro de 1472, tras 40 días de asedio á catedral á cargo do malvado Conde de Benavente contra o Conde de Lemos, a catedral queda en tan mal estado que sen obrigados a dar misa no Convento de San Francisco.

Durante unha época, o claustro estivo decorado por varios cadros, sendo o seu autor, o pintor Juan Antonio de Bouzas, realizados para o Convento de San Francisco por encargdo do Bispo de Ourense Fr. Damián Cornejo en 1704 e reflexando diversas pasaxes que conforman o ciclo da vida de San Francisco. Actualmente estas obras forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico de Ourense.

Sufríu desfalcos por mor da invasión das tropas francesas e o terrible incendio acaecido a noite do 3 de febrero de 1813 polo que houbo que reedificalo todo.

En 1822 os frades franciscanos doan unha parcela na parte traseira para construír o cemiterio municipal de San Francisco. En outubro de 1855 converteuse en hospital temporal para tratar a epidemia de cólera que arrasou Ourense. A capela da Orde Terceira, próxima ó claustro, converteuse en depósito de cadáveres.


No século XIX sufriu os efectos da desamortización de Mendizábal (os roubos producidos despois da saída dos frades foron numerosos) e despois estivo ocupado polo exército desde 1843 ata o 10 de maio de 1993, (acollendo ó Cuartel de Infantería Zamora nº 8 El Fiel)

O conxunto foi declarado monumento histórico artístico en 1923.

O 27 de xuño de 2013 abriuse ó público despois de moitos anos de espera.


Comentaras que argallabas algunha obra acerca do claustro. Podes adiantarnos algo?

Hai dous proxectos. O primeiro, moi sinxelo trátase dunha guía de interpretación sobre os capiteis cunha linguaxe amena e sinxela.

O segundo proxecto que é o máis completo e fascinante, trátase dunha novela basada no claustro no que se mesturan a oculta historia deste entorno coa realidade máis actual. Sen revelar moita cousa direi que aparecen a Inquisición, cabaleiros perversos, monxes bondadosos, políticos corruptos, tesouros ocultos... unha interesante aventura na que o pasado e o presente están moi relacionados. Creo que os lectores quedarán encantados con este entretemento e sobre todo que teñan interese e curiosidade por visitalo claustro, sitio central da novela e un gran descoñecido para moita xente.


Continuará...

Fotos cedidas por Alberto Novoa, Claustroman.