Con moita interese e
emoción por coñecer o FKM alá fomos eu, Félix e Ami. Como bo amante do cinema e
ter unha pequena experiencia no mundo das curtametraxes non podía deixar pasar
esta oportunidade.
Chegamos ao Fórum,
fantástico lugar situado nun marco incomparable e a 200 metros dunha estraña
ponte/túnel que faría as delicias para unha boa toma nocturna e con néboa. Presentámonos con 10 minutos de antelación ao acto e alí xa había unha
considerable cantidade de xente xove facendo cola. Moi amablemente, varios
membros da organización comunicáronnos que estaba o aforo reservado por
estudantes pero que poderiamos asistir
de pé á Mesa Cadrada, eu díxenme son cousas do directo e imos gozalo da
mellor maneira posible apoiados na parede.
O tema en cuestión era H.G. Wells e
S. Lem. Encantoume a forma de tratar o tema, dando un repaso ás novelas e as
súas versións cinematográficas que coñecía de marabilla e fíxome graza a
valoración que fixo o primeiro poñente coa que estou de acordo, sobre “Os
pasaxeiros do tempo” na que participan o propio Wells e Jack o destripador no
San Francisco de 1979, dándolle máis efectivismo.
Outro poñente destacou
a influencia da arquitectura no cinema, destacando que posiblemente Hong Kong sería
o fiel reflexo en “Blade Runner” e por último a discrepancia entre as dúas
versións de “Solaris” na que gaña a 1ª versión en todos os aspectos pois na 2ª
un gran actor non é suficiente para realizar unha película aceptable.
Por certo, a cada
pouco, había que saír ao exterior da sala debido á ausencia de osíxeno, nalgúns
momentos custaba respirar ao estar o aforamento completo. No exterior, o
público asistente aproveitaba para usar a wifi gratuíta e estirar un pouco as
pernas.
Pola tarde dirixímonos
ao CGAI e gozamos de 2 marabillosas obras, o curto “Aciaga suicidius
interruptus” e a película “A valija de Benavídez”.
A primeira foi moi
divertida e tratábase dunha muller que tenta suicidarse pero aparece alguén que
llo impedirá, cousas do directo como adoito dicir. Alí estaba a actriz Carmen
Ruiz participante no curto e non me atrevín
a pedirlle o seu autográfo con tanta xente. É unha historia bonita,
sinxela, divertida e tráxica á vez que podería pasarlle a calquera e en
calquera momento.
A segunda é unha
película estraña, bastante desconcertante que segundo avanza píllaselle o
truco. Benavídez é un profesor de plástica que unha noite discute coa súa
muller e leva a súa valixa xunto ao seu psiquiatra ao que lle pide axuda que
tamén é un coleccionista de arte e especulador, toda unha xoia!!! Logo queda na
casa do psiquiatra e alí descobre un estraño e lucrativo misterio, trátase
dunha residencia de artistas que colaboran nun tratamento alternativo preparado
para aumentar a súa creatividade e despois vender as súas obras, que listos!!!!
Benavídez quere
regresar ao seu fogar como sexa pero é imposible, o psiquiatra necesítao e por
iso somételle a unha terapia radical e tentando escapar, recupera fases da súa
vida, a súa curiosa relación co seu pai, (un artista consagrado) e a súa muller
para atoparse ao final cunha sorpresa que cambiará totalmente o seu destino e
existencia vital.
E despois o momento
máis emocionante e importante para min, a hora da votacións, é o acto máis
lindo, sincero e poderoso que temos tódolos asistentes, decidir segundo o noso
sabio criterio a valoración adecuada de cada obra gozada e visualizada.
Por certo,
felicidades aos membros de “A valija de
Benavídez” premio á mellor BSO no FKM Festival Fantástico da Coruña!!!
E aquí termina o meu
fiel reflexo do vivido e gozado no FKM.
Moitas grazas aos
organizadores por unha actividade tan linda, necesaria e alternativa, teredes
moitos anos de vida, seino e grazas de novo a Félix e Ami por un día
inesquecible coa vosa grata compañía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario