Mostrando entradas con la etiqueta Cousas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cousas. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de octubre de 2023

Borrador Biblioteca do Seminario Félix Nós AXDR 10

Unha biblioteca no alto…

Félix Álvarez Rodríguez

 

Situado nun alto de Ourense, hai un recuncho que agocha múltiples marabillas. A historia que garda son anos de memoria que quizás se vaia perdendo, pero que, para algúns, constitúe unha preciosa luz. Ese lugar non é moi coñecido e non vas atopar información nin sequera nas fontes oficiais da institución que o custudia. Ó meu ver, unha pena, xa que constituiría un precioso areópago onde culturas, ideas e sentires se unirían con gozo e asombro. O curioso é que non é un lugar segredo, mais si discreto e sen publicidade… Trátase da biblioteca do Seminario Maior de Ourense.

Alí botei uns bonitos anos estudiando, lendo e realizando varias tarefas como voluntario. Esto permitiume trastear entre libros e revistas, títulos que recén chegaban de lonxanas universidades e gastados escritos con idiomas que malamente iba traducindo. Esta biblioteca contén un tesouro de culturas e épocas diversas, autores variopintos e temáticas que non se reducen ás eclesiásticas. Así, o seu fondo histórico de Dereito leva a máis dunha visita de investigadores neste campo; as adquisicións en Filosofía, Psicoloxía e Teoloxía, amén das investigacións bíblicas son espazo recurrente para os estudiantes que non se conforman co manual da aula; as revistas periódicas consúltanas os profesores e hai coleccións que dormen un sono inxusto ó ter sido escritos en linguas que algún di que están xa mortas.

Os tesouros literarios son varios e algún saltou á prensa hai anos, cando alí apareceu o último discurso do primeiro periódico galego, ‘El Catón Compostelano’. Discurso do que moitos falaron, pero que ninguén lera… ata que saíu á luz gracias a don Alejandro Delgado. Pero tamén podes ollar as obras completas de san Agustín, impresas por Erasmo de Roterdam, en primeira edición (case únicas no mundo), unhas ‘Décadas’, de Tito Livio, con gravados parcialmente coloreados (o normal era non usar cor), alomenos un Ciprianillo, libro de conxuros e listas de tesouros agochados en Galicia, ou unha curiosa selección de obras masónicas, como ‘Los asesinatos masónicos’, de Leo Taxil e Pablo Verdún… E esto non é máis que un recitar de memoria unhas perliñas de todo o alí gardado.

Ter a posibilidade de visitala con calma é introducirse nunha preciosa viaxe polos gustos, intereses e necesidades dun lugar tan especial como o Seminario. Pero, ollo, que os libros que alí rematan veñen de diversas orixes. Sabías que moitos deles proveñen de donacións e de intercambios con outros centros de estudio e investigación? Alí descansan depósitos tan importantes como o de Duro Peña ou Emilio Castiñeiras. Alí deixei unhas caixas de libros propios, agradecido a tantos outros que eu puidera consultar daqueles estantes. E ata alí podes achegarte para descubrir algún escrito chamativo, como aquela vetusta revista onde se gababan as relacións de aproximación entre católicos e masóns, ou os estudios clásicos de Mircea Elíade, as actuais filosofías que se recoñecen no Personalismo Comunitario, a colección de clásicos da literatura latina, grega e española, a rica sección dedicada a Galicia, o vello libro (de 1914) onde se acudía a san Malaquías para dicir que o XX era o último século que quedaba por vivir, o manual masónico de André Cassard (un clásico que, dependendo la edición, podes ver á venta por máis de 1000 euros), amén do fotocopiado manual do “tresillo” (un xogo de cartas) que pertenceu a don Carlos G. Babarro.

viernes, 12 de agosto de 2022

'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez

En 121 páxinas, o 'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez recolle o paso dun ano entre ditos, traballos e festas da nosa terra. Tras unha dinámica introdución á cuestión do tempo e os calendarios, cada mes reséñase sinalando a orixe etimolóxica e histórica do seu nome, recóllense ditos relacionados con el e móstranse que traballos se realizan nel e que festas ou costumes eran propios.

Libro que atopei curioseando polas estanterías da Biblioteca Pública Municipal da Ponte, Ourense, e que supón unha mirada rápida, mais estruturada, ó sentir dunha terra ó longo dun ano. Parte do contido pode sernos cercano ou terllo escoitado ós nosos maiores. É atractivo que se condesase en poucas páxinas e se acompañase dos debuxos de Xosé Conde Corbal. Tamén representa un ánimo e testemuño que calquera podería coller: resumir e poñer por escrito o que coñecemos sobre o noso pobo. Tampouco vai ser cousa de volverse etnógrafo, pero ben que podiamos deixar documentación que os expertos poidan consultar desde xa.

O limiar leva o título de "A medida do tempo" e introdúcenos nos inicios e formación dos calendarios, da necesidade humana de dividir e nomear ciclos temporais, para así coñecer mellor e controlar o medio. Recollo curiosidades como que foi a Lúa quen mereceu máis atención primeira, inda que o Sol resultou de máis interese; que os calendarios non son só froito da metódica e paciente observación e estudio humano, senón que vive tamén de crenzas e costumes; e, por rematar, diferentes datas que son fitos na formación do actual calendario: tralo do rei Numa, as reformas do s. II, de Xulio César (46 a.C.), de Octavio Augusto, de Gregorio XIII (1582),...

Na "Razón e límites do noso ANUARIO" pásase a constatar que o multiforme mundo galego, ca súa paisaxe e cas persoas que o conforman, pode perder en breve parte da súa historia e cultura. Así, o Anuario ven a recoller unha parte delas, mostrándoas nun devir cronolóxico cíclico. Incluso se di que se esmorece parte dese mundo, o mellor que podemos facer é acompañalo e non deixar de visitar os seus restos. Mentres dure a agonía, recolle o autor ditos, traballos e crenzas, festexos e ritos, sendo consciente que o espíritu galego non os fixou nun determinado mes, senón que os vivíu intensamente, por riba de estruturas cronolóxicas e que esas vivencias foron as que deron intensidade e interés a certos tempos.

A seguir van os meses, cos seus refráns, traballos senlleiros e crenzas relacionadas, xunto cas festas, moitas delas cristiás ou cristianizadas. Imos ver un par de exemplos. 

Tras ocuparse dos Maios e as Festas do Ramo, na páxina 51 comeza o espazo adicado a xuño, O Corpus e san Xoán. Xuño ven de Iunius, da deusa romana Iuno, irmá e cónxuxe de Xúpiter. As festas sinaladas son as do Corpus e a de san Xoán. Tempo de verán e de recollida dalgúns vexetais e froitas, co que se sinala o seguinte dito: O que xexúa no san Xoán ou é parvo ou non ten pan. O cuco, paxaro relacionado ca deusa Iuno, ten neste tempo certo protagonismo, inda que maior importancia garda nos meses anteriores. Pasa o señor Quintás a debullar doutrina e ritos relacionados co Corpus e san Xoán bautista. Deste último sinala as Cacharelas, a recollida da Flor da auga e o orballo no amencer do día de festa, así como o baño das nove ondas ou o paseo por nove fontes. Unha sorpresa é a do ovo de san Xoán, práctica máxica ca que se busca entrever o futuro persoal nun ovo que se deixa ó relente da noite de san Xoán.

Sobre o mes de agosto, momento no que escribo estas liñas, di que ven o seu nome do romano Augustus, tendo antes o nome de Sextilis. Recolle un dito que ben sentimos hoxe en día, tras destes incendios e calores: A choiva do mes de Agosto non é choiva: é mel e mosto. Trala mirada rápida ós poucos traballos do mes, pasa a unha longa lista de festas e romarías, nas que destaca a presenza mariana. Só de Ourense menciona a festa de santa María do Mundil, nosa señora de Reza, a Guía, a festa da Encarnación de Celanova e Vilar de flores. 

Unha lectura interesante e breve, que remata ca bibliografía e que ben pode levarnos a valorar e recoller as tradicións, ditos e festas propias do lugar no que nacemos.

sábado, 3 de abril de 2021

"Satanismo", resumen de lectura de JREG

"Satanismo", resumen de lectura de JREG

Don José Ramón Estévez Gómez, de cuando en cuando, nos compartía un resumen de sus lecturas y aquí traigo un ejemplo 

De don José Ramón conservaba yo varios papeles. Algunos los doné, junto con libros de su autoría, a la biblioteca del Seminario Mayor, así que allí seguirán, bien fichados. Unos pocos los conservé y aquí os traigo un ejemplo, tras presentaros su artículo introductorio a la demonología. Tened en cuenta que son apuntes para uso privado y que los entiendes mejor cuando sabes cómo es el autor.

El artículo que el autor resumió lo puedes leer AQUÍ.





Prédica pascual do 2010 na Armada, Rabal

Prédica pascual do 2010 na Armada, Rabal

Homilía da Vixilia Pascual no santuario da Nosa Señora da Armada en 2010

Non sei agora, pero hai uns dez anos, e durante catro ou cinco, creo, no santuario da Nosa Señora da Armada, en Rabal, Ourense, tivo lugar unha celebración da Pascua peculiar. Daquelas xa se iba popularizando a idea de que a Vixilia pascual era a festa central e debía celebrarse dun modo distinto. Nalgunhas parroquias xa se facía: reunir nun só lugar a xente de distintos pobos e concelebrando varios sacerdotes. A Pascua manifestábase dun modo máis sentido e completo. Había rezos, a posibilidade de confesarse antes de Misa, ensaio de cantos e lecturas... Todo isto antes de comezar. Cando xa o lume ardía fóra do santuario, apagábanse as luces, centrábase a atención na procesión co cirio pascual e comezaba o rito ca bendición do lume, os primeiros cantos e o encendido de tódalas velas que a xente portaba. Durante a Misa participaba, como dixen, os curas da contorna e os lectores e cantores estaban escollidos de entre tódolos voluntarios das diferentes parroquias. Calquera podía participar, cunha breve preparación antes. Trala Misa continuaba o festexo, pois abrían o bar que está baixo o santuario e tódolos que querían sentábanse ás mesas e compartían do que trouxeran, convertendo o momento nun ágape que manifestaba que daba igual de onde viñas. Alí eras benvido e había un oco para ti á mesa.

No 2010 pronunciouse esta homilía.

Irmáns, en nome de toda a Igrexa recibide a boa noticia: ¡Cristo resucitou. Aleluia!

Aquel a quen vimos entregarse por nós para salvarnos do castigo mortal do pecado, Aquel que pasou polo mundo facendo o ben, curando os enfermos e liberando a cantos sufrían baixo o dominio de Satanás, Aquel que se presentou como home e Deus, Xesús, vive. Efectivamente, foi sacrificado, vímolo na cruz e como era sepultado. Pero agora trannos noticia da súa vida, da súa resurrección. Permitídeme que vos dea a noticia con palabras do Catecismo da Igrexa Católica, deste modo teremos unha testemuña fiable.

Anunciámosvos a Boa Nova de que a Promesa feita ós pais, Deus cumpriuna en nós, os fillos, ó resucitar a Xesús. A resurrección de Xesús é a verdade culminante da nosa fe en Cristo, creída e vivida pola primeira comunidade cristá como verdade central, transmitida como fundamental pola Tradición, establecida nos documentos do Novo Testamento, predicada como parte esencial do Maxisterio Pascual ó mesmo tempo que a cruz.

O misterio da resurrección de Cristo é un acontecemento real que tivo manifestacións historicamente comprobadas como o testemuña o Novo Testamento. No marco dos acontecementos de Pascua, o primeiro elemento que se atopa é o sepulcro vacío. O seu descubrimento por parte dos discípulos foi o primeiro paso para o recoñecemento do feito da resurrección.

María Magdalena e as santas mulleres, que ían embalsamar o corpo de Xesús, soterrado a présa na tarde do Venres Santo pola chegada do Sábado, foron as primeiras en atopar ó Resucitado. Así, as mulleres foron as primeiras mensaxeiras da resurrección de Cristo para os propios apóstoles. Xesús apareceuse enseguida a eles, primeiro a Pedro, despois ós Doce. A fe da primeira comunidade de crentes fúndase na testemuña de homes concretos, conocidos dos cristiáns, e dos que a maior parte vivía anínda entre eles.

San Pablo dirá: se non resucitou Cristo vacía é a nosa predicación, vacía tamén a nosa fe. A resurrección constitúe ante todo a confirmación de todo o que Cristo fixo e ensinou. Tódalas verdades, incluso as máis inaccesibles ó espíritu humano, encontran a súa xustificación se Cristo, ó resucitar, deu a proba definitiva da súa autoridade divina segundo o prometera.

Hai un doble aspecto no misterio pascual: pola súa morte libéranos do pecado, pola súa resurrección ábrenos o paso a unha nova vida.

Por último, a resurrección de Cristo -e o propio Cristo resucitado- é principio e fonte da nosa resurrección futura. Na espera de que esto se realice, Cristo resucitado vive no corazón do seus fieis”.

¿Como vos quedou o corpiño? Canto vos acabo de ler é un resume do que significa que Cristo resucitase e nós, hoxe e aquí, o estemos celebrando. Dicíavos este días que non podemos vivir de rentas. Nesto que hoxe celebramos só podemos vivir de fe, de confianza en Deus: ou cremos ou non. E, se cremos, somos os máis afortunados. Podemos entregarnos confiadamente a Deus e retomar a nosa vida, pensando que somos tan valiosos que lle costamos a Cristo a vida; pero, para que non desesperasemos, costámoslle tamén a resurrección, a súa presencia viva entre nós, dun modo especial na Santa Misa.

¿Como imos responder a tanta xenerosidade? ¿Como lle pagaremos ó Señor tanto ben? Sendo agradecidos e vivindo como Deus manda. ¿E que manda Deus? ¿Que faremos para vivir rectamente ante Deus e os homes?: amando ó noso Señor sobre tódalas cousas e ó irmán como Cristo nos amou.

Pero ante tal xenerosidade por parte de Deus eu inda me atrevía a algo máis. A pedirlle a Cristo que sempre nos acompañe, que se quede con nós. Si, que se quede, como se quedou cos discípulos que marchaban cara Emaús.

Fotos da Pascua na Armada, Rabal, o 19 de abril de 2014





 

viernes, 2 de abril de 2021

O desencravo de Louredo

O desencravo de Louredo

O Venres Santo de 2021 non será igual ó de outros anos, entre outras cousas porque non se lles vai tocar ás imaxes. Seguro que os maiores inda recordades outros Venres nos que se realizaba unha acción que chamaba a tención. Ata viñan de pobos da contorna para contemplalo: tratábase do desencravo. E é que o Cristo da igrexa parroquial de Louredo ten unha particularidade, que é a de ser articulado. Efectivamente, os brazos poden baixarse e quedar paralelos ó corpo, de modo que admite dúas posicións: a da cruz e a do descendemento. Ambas escenas son moi representadas no arte. Inda non hai moitos anos que se realizou por última vez no pobo.

O crucificado de Louredo mostra algunhas feridas principais, como son á da cabeza, as mans, a do costado, os esfolados xeonllos e ás dos pés. Estes móstranse separados, cun cravo cada un e un pedestal onde apoiarse. A cruz é lisa, dunha sola cor.

Unha vez desencravado pasaba a unha "urnia", unha urna de paredes de cristal onde repousa, que se colocaba nos primeiros bancos do lado dereito da igrexa, diante do altar dedicado ás devocións marianas. Unha imaxe que sintoniza co Cristo morto é a da Virxe Dorosa.


As imaxes da igrexa foron sacadas en distintos días de 2017 e 2020. Os textos en castelán cas indicacións litúrxicas pertencen á epacta da CEE para hoxe, Venres Santo deste ano.

miércoles, 31 de marzo de 2021

"Louredo", por don José Pérez Rodríguez

Louredo

El pueblo de Louredo, tal y como se conoce hoy, no existió así desde el principio.

En la Tesis Doctoral de D. Amable Veiga Arias, nos asegura que Louredo procede de un Castro Celta, localizado en el Monte "Chanduzal", más tarde romanizado, encima del barrio o lugar del pueblo que se conoce con el nombre de "Cabo de Louredo".

En la década de 1930, los mozos de Louredo hicieron un campo de futbol. Se llama Louredo por ser un bosque de loureiros. Más tarde se le llama Villa Laurarios. En el año 817 se le llamó Laureda, en el año 934 el Sr. Cruz Carril lo nombra con el de Laureto, y añade en el año 953 que el pueblo está “Sub castilo quod vomitan Lauretum”. Estas mismas denominaciones las hacen los Srs. Serrano y Sanz, Pardo Ferrin, Cruz Carril y López Ferreiro. El Pueblo de Louredo está en la encrucijada del Camino Real de Vigo a Castilla y el Camino del Norte de Portugal a Ribadavia; por éste pasaban los días de Feria de Ribadavia (los 10 y 25 de cada mes) cientos de vacas para vender en la Feria. 

El asfalto dejó enterrada una calzada romana en Ó Cadaval, queda otra que todavía se ve en un camino hoy en desuso Refoxón, que unía Louredo con Remuiño (Arnoia). En Louredo existió un Convento creado por San Rosendo en el año 922, donde vivió algunas temporadas San Rosendo, como queda reflejado en el Tumbo de Celanova folios 191 vuelto y 192.

Louredo es un Señorío Eclesiástico, desde el siglo XII por la Iglesia Compostelana. Es un Coto Redondo de la Jurisdicción Ordinaria del Monasterio Benedictino de Celanova.

Existe en Louredo una Inscultura, que según los estudiosos data de hace 70.000 años (Bouza Brey). Son unos rasgos en forma de “U”, por lo que tienen forma parecida a una herradura de asno o caballo, por lo que se dice que son los pasos del burro que transportaba  a la Virgen María. Otros dicen que si es la representación de un baile indicando la mano extendida con los dedos unidos, pero hay otra teoría que parece la más acertada que serian señales que se ponían en los límites de los pueblos. Tenemos en otro en un peñasco limitando el monte comunal de Refoxos y Louredo.

A Torralta, existió en Louredo en el lugar de A Escadiña, en el barrio de La Torre. El 17 de mayo de 1228 el rey Alfonso IX, firmó un Real Privilegio del Castillo de Louredo a favor del Sr. Obispo de Ourense, materializando la donación en la escritura, lo que su abuelo había donado de palabra al Obispado de Ourense. Se firmó la donación pasando unos días de descanso en el Castro de Veiga, hoy es la Iglesia de Castrelo de Miño. Fue derruida en parte en la guerra de los Irmandiños, pero en 1915 se acabó de destruir unos cuantos metros que tenia de altura, para construir el patio de una casa cercana. Personalmente creo que las casas que hay alrededor de donde estaba la torre fueron edificadas con la piedra de esta.

No tengo noticias, ni sé el motivo porque esta Torre pasó  a los Pugas, pero se sabe que en ella fue la creación de los vínculos de los Pugas, por Pedro Vázquez de Puga y doña Guiomar Lorenzo de Temes (año 1414) (Boletín Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos, Tomo I, pagina 304).

Todos los terrenos y lugares de todo este Municipio pertenecían desde el Siglo X a la Jurisdicción del Convento Benedictino de San Rosendo de Celanova, mas tarde fueron posesiones y Feudo de los Sarmientos, de los Pugas, del Conde de Maceda y desde el 5 de Noviembre del año 1752 pertenecían a la Jurisdicción de Milmanda, cuya jefatura era el Marques de Malpica. Todos estos nombres parece que son feudos diferentes pero no lo son, las razones matrimoniales y de parentesco es la que hace cambiar la denominación.

En este pueblo de Louredo hay un pazo construido por D. Pedro Álvarez de Puga, patrono y sr. De Louredo, Poulo y Merens. De Louredo llevaba 50 ferrados de centeno todos los años. Murió en 1630 y dejó para esta Iglesia (la vieja Capilla) un Cáliz de plata. Está enterrado en la Iglesia Conventual de Santo Domingo de Ribadavia, entrando la puerta principal a mano izquierda.

En el barrio de La Torre al lado del camino hay un crucero que data del siglo XVII.

Los lugares o barrios y nombres de grupos de casas son:

A Tella, A Canliña, O Baceliño, A Encrucillada, O Cazapedo, A Crespa, Touza, O Outeiro, A Laxa, O Regueiro, A Capilla, Louredo do Cabo,O Outeriño, Os Veciños, As Pilas, O Pazo, O Campo, A escadiña, A Torre.

José Pérez Rodríguez. En Louredo febrero de 2008.

GRACIÑAS, José Manuel (fillo de don Pepe), por este escrito e polas fotos do orixinal.

domingo, 28 de marzo de 2021

Luna de parasceve 2021

Luna de parasceve 2021

Plenilunio primero de primavera y Pascua

Parasceve es un término que no creo que sea muy conocido ni extendido, pero que hace referencia a hoy, a este momento, a esta Luna llena preciosa, el primer plenilunio de primavera 2021. Parasceve, aunque tiene más significados, significa preparación, y hace referencia a la cercana Pascua. Como norma general, el domingo tras el primer plenilunio es el de resurrección, es la luminosa fiesta de la Pascua, la celebración central del cristianismo.

Imaxe do solpor visto desde O Cazapedo, Louredo, xunto cunha instantánea onde a Lúa chea asoma tras min e unha tabla onde se colocan as diferentes datas da Pascua, seguindo antigos procedementos matemáticos.

Muchas cuestiones se abren, desde qué significa Pascua a cuándo se celebra, pasando por el por qué hay diferentes fechas para ella. Como muchas de esas preguntas las han reunido en una documentada y fiable página, os extraigo de ella algunas preguntas y respuestas, en orden a: 1. dar a conocer la página consultada y 2. extraer provecho de un buen trabajo de síntesis. Así, pues, os comparto un extracto de los textos que han preparado desde el Consejo Mundial de Iglesias. Al tiempo, coloco recortes de diferentes fuentes, de modo que complementamos lecturas.

Do Catecismo da Igrexa Católica

Reflexiones sobre la naturaleza... de M. Sturm
1. ¿Por qué la celebración de la Pascua no cae cada año en la misma fecha, como es el caso de Navidad, por ejemplo?

De conformidad con el Antiguo Testamento la muerte y la resurrección de Jesús tuvieron lugar aproximadamente en el tiempo de la Pascua judía. Según los evangelistas Mateo, Marcos y Lucas la última cena de Jesús con sus discípulos fue una cena de Pascua (Pésaj), mientras que, según Juan el Evangelista, Jesús murió el día de la Pascua (Pésaj). En aquella época, la Pascua judía se celebraba, siguiendo las prescripciones bíblicas en "el decimocuarto día del primer mes" (véanse Lv 23:5; Nm 28:16; Jos 5:11). Los meses del calendario judío comenzaban con la luna nueva, por lo que el decimocuarto día correspondía al día de la luna llena. El primer mes, Nisán, era el mes que comenzaba con la luna nueva de primavera. En otras palabras: la Pascua judía se celebraba el día de la primera luna llena después del equinoccio de primavera y por ello era una festividad móvil. Como se deduce de fuentes antiguas, ello tuvo como consecuencia que, desde los primeros tiempos, los cristianos de diferentes regiones celebraban la Pascua en fechas diferentes. Ya a finales del siglo II, algunas iglesias celebraban la Pascua cristiana el mismo día de la Pascua judía, independientemente de si era domingo o no, mientras que otras la celebraban el domingo siguiente. A finales del siglo IV había cuatro métodos diferentes de calcular la fecha de la Pascua cristiana. Ante esta situación, el Concilio de Nicea, en el año 325, buscó una solución unificada que guardaría relación con la fecha de la Pascua judía, como se celebraba en el tiempo de Jesús. Para ello se fijó definitivamente la celebración de la Pascua en una fecha móvil.

2. ¿Cómo se calcula, por consiguiente, la fecha de la Pascua

El Concilio de Nicea estableció, en el año 325, la regla según la cual la Pascua se celebraría el primer domingo tras la luna llena que sigue al equinoccio de primavera (vernal) en el hemisferio Norte.

3. ¿Por qué a pesar de la regla nicena universalmente válida existen dentro del cristianismo fechas diferentes para celebrar la resurrección de Jesucristo?

En primer lugar, cabe destacar que, incluso tras el Concilio de Nicea, continuaron existiendo diferencias respecto de la fecha de la Pascua por el hecho de que el Concilio no dijo nada sobre el método que debería utilizarse para calcular la entrada de la luna llena y del equinoccio vernal. Ahora bien, la verdadera dificultad que plantea actualmente esta situación tiene su origen en el siglo XVI, cuando el Calendario Gregoriano reemplazó al Juliano que se había establecido en el 46 a.C. Llevó cierto tiempo hasta que todos los países adoptaron el nuevo calendario (¡Grecia no lo hizo hasta principios del siglo XX!). Sin embargo, las iglesias ortodoxas aún continúan utilizando el Calendario Juliano para calcular el equinoccio de primavera y la luna llena que lo sigue. De ahí que calculen fechas diferentes. 

Recorte dunha páxina do 'Anuario del Observatorio Astronómino Nacional de Tacubaya', México, 1893. Aí tedes o cálculo matemático da data de Pascua ideado por Gauss.

4. ¿Por qué se decidió reformar el Calendario Gregoriano? ¿Era necesario hacerlo?

La reforma del calendario llevada a cabo por el Papa Gregorio XIII era necesaria porque el Calendario Juliano, hasta entonces en vigor, no era exacto respecto a la realidad astronómica. Es decir, que cuando llegaba el 21 de marzo, según el calendario, el equinoccio vernal astronómico ya había tenido lugar.

5. ¿Se encuentran siempre una y otra fechas distantes dos semanas? 

Epacta católica 2020-2021
No. La separación entre las dos fechas de Pascua es diferente cada año. Puede llegar hasta 5 semanas. Aparte del hecho de que la fecha del equinoccio queda desplazada 13 días, hay que tener en cuenta cuándo comienza la luna llena. Porque si la luna llena tiene lugar dentro de los 13 días entre el equinoccio juliano y el gregoriano, la fecha de la Pascua ortodoxa será más tarde. Además, existe otra dificultad al respecto, dado que, aparte del equinoccio, también el sol y la luna tienen una función que desempeñar. En el Calendario Juliano se calcula la entrada de la luna llena con ayuda del llamado Ciclo Metónico (un ciclo de 19 años, según el cual cada 19 años las fases lunares suceden en la misma fecha). Sin embargo, dado que ese cálculo tampoco es astronómicamente exacto, se producen desfases. Cuando esto se añade a la diferencia entre el equinoccio juliano y el gregoriano, puede dar lugar a una diferencia de hasta cinco semanas entre las fechas de la Pascua ortodoxa y de la Pascua en occidente. Además, la regla nicena tiene una disposición que es muy importante para los ortodoxos. En esa disposición se establece que no se debe celebrar la Pascua "con" (griego: "meta") los judíos. Aunque es verdad que no está completamente claro actualmente para los teólogos que se entendía con esa disposición, el hecho es que la Pascua ortodoxa no debe coincidir con la fecha de la Pascua judía. Si esto sucede, la Pascua se aplaza una semana.

Estas y otras preguntas, puedes consultarlas AQUÍ

 

 

 

Recorte de LA PASCUA DE NUESTRA SALVACIÓN: las tradiciones pascuales de la Biblia, de Raniero Cantalamessa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Recorte de 'Pascua de Cristo, Pascua de los cristianos', de Bernabé Dalmau Ribalta.

viernes, 26 de marzo de 2021

​San Benito do Rabiño 2011

San Benito do Rabiño 2011

Copia dunha crónica esquecida

Un ano máis, don Delmiro, párroco de O Rabiño, convocounos para celebrar esta festa de “san Benito do inverno”. Este ano, aínda que con dificultades pola súa saúde, non deixou de acudir ou buscar un sacerdote que celebrase día tras día as Misas da novena. E non deixou de ter unha freguesa que rezase a novena antes da Eucaristía. Por imposibilidade física e despois dunha recaída forte a semana pasada non puido celebrar el como antes pero iso non foi óbice para que estes días estivese na reitoral parroquial e nos acompañase na oración desde alí. Onte, mesmo concelebrou na Misa maior, aínda que sentado. Ao final da Misa solemne dirixiunos unhas palabras: “Non teñan, non teñamos medo a Cristo, ao Señor, ao Señor dos sacramentos. O martes pasado recibín a extremaunción e xa ven que aquí sigo. Non teñan medo a Cristo.” Un aplauso popular foi a resposta ás súas palabras.

Durante a novena adóitanse celebrar dúas Misas diarias: unha ás oito da mañá e outra ás sete, cambiando o horario se hai algún festivo ou un domingo. Ao termo das Misas de véspera e do día da festa danse a venerar as reliquias do santo abade. O día vinte e un inícianse as Misas ás oito da mañá e celébrase unha cada hora, a menos que se conte cun número alto de fregueses e sacerdotes, pois entón celébrase algunha máis. A Misa solemne adoita celebrarse ás doce e media, precedida por unha procesión ao redor da igrexa. Pola tarde celébrase unha Misa ás cinco, tradicionalmente presidida por don Benito, sacerdote da diocese de Tuy-Vigo.

Tras a Misa solemne vén a mesa do encontro convivial e a comida. Este ano, por causas de saúde evidentes, reduciuse o número de invitados pero contamos coa presenza do párroco a parte da comida e o seu gusto foi poder convocarnos a unha vintena de invitados xa tradicionais este día, entre os que se contaban a maior parte de sacerdotes que celebraron durante a mañá, os Garda Civís que axudan na loxística de aparcadoiro e os laicos que botan unha man para que todo estea no seu sitio e a tempo.

Deprecación que se reza ó final da novena, a un tempo entre o lector e o pobo.

Yo os saludo, oh Benito, fiel discípulo de Cristo; yo os saludo, doctor y predicador de la verdad; yo os saludo, abad de abades, padre y pastor de la grey escogida de los monjes, amparo de la Iglesia y de todo el pueblo cristiano. Tuyo quiero ser para que con tu ayuda sea de Jesús, mi creador y amante Redentor. No permitas que yo sea excluido de tu patrocinio. Ampara a la Sede Apostólica; defiende de sus enemigos visibles e invisibles a nuestra España, y a todos tus devotos que a tus pies está postrados. Pide a Dios por todos para que nos gocemos de tu protección en esta vida y de tu gloriosa compañía en la otra. Amén.


 

martes, 23 de marzo de 2021

Homilía sobre san Benito en las Carmelitas Descalzas de Ourense

Homilía sobre san Benito en las Carmelitas Descalzas de Ourense

Julio de 2007

Homilía que se pronunció en el convento ourensano de las Carmelitas Descalzas, sito en Vista Hermosa, en la subida cara los Seminarios. Fue durante la novena a la Virgen del Carmen. El rosario se rezaba media hora antes de la Misa. El día de fiesta, la imagen salía en procesión por un par de calles aledañas al convento. Las hermanas no salían de la clausura.

En la fiesta de S. Benito.

A los pocos días del inicio de esta novena, nos vemos agraciados con la fiesta del santo abad Benito. Aunque tal fecha mueva a mucha gente hacia su santuario y aunque nos parezca que este día puede eclipsar nuestra celebración, para nada se preocupen. Y es que no nos dificulta sino que nos anima. 

En la figura y obras de S. Benito veremos hacerse realidad, de un modo parecido, lo que decimos de María: Virgen y Madre. Porque a poco que nos acerquemos a su biografía lo comprobamos: el joven Benito marchará a una cueva, a Subiaco, para continuar su vida célibe, que en Roma veía peligrar. Aquel hombre escondido, que había dejado atrás familia, estudios y buena vida, no quedará olvidado en medio de la soledad sino que irá recibiendo discípulos, a quienes distribuye y gobierna desde su particular estilo de vida. ¡Y cada vez más gente acudirá junto a nuestro santo! 

¡Admirable curiosidad!... aunque no mucho para un cristiano: ya el señor nos dijera que somos luz y sal. ¿Y dónde se nota mejor la luz si no es en la oscuridad o la sal en una comida sosa? Del mismo modo, en medio de la soledad también serán descubiertos S. Juan Bautista, San Antonio y San Benito (entre otros). Incluso la Virgen María es visitada por el ángel del Señor en un escondido pueblo. 

Puede parecernos que una vida escondida no da frutos abundantes, que algo privado no afecta a la comunidad… Pero, ¡atención!, tal como decimos en el Credo, creemos en la comunión de los santos y ello conlleva que debamos preocuparnos de ser buenos para influir positivamente en el resto de la Iglesia. Por la comunión de los santos todos estamos unidos y nos influimos mutuamente, para bien o para mal. Así que lo privado sí afecta a los demás. 

Volvamos nuestros ojos a María: ella es Madre siendo Virgen. ¿No parece contradictorio? Pues no: ella es Madre de Jesucristo y Madre de todos nosotros. Su mismo Hijo nos la entrega desde la cruz, cuando declara al discípulo amado hijo de María. Allí estábamos toda la Iglesia representados. 

¿Y no estaba nuestro santo abad escondido en una cueva y termina siendo abad de monasterios? ¿No era S. Juan Bautista una voz en el desierto pero tenía seguidores? Efectivamente, para Dios nada hay imposible y, como canta María en el Magnificat, “a los hambrientos colma de bienes y a los ricos los despide vacíos”. 

Hermano, devoto de la Virgen del Carmen, mirándote con sinceridad, ¿crees que el bien que haces se queda en ti, que tus oraciones no tienen poder, que tus pecados sólo te afectan a ti? Pues no: Dios te da, nos da, esa fecundidad cuando le hacemos caso, cuando le decimos, como su Madre Virgen, “hágase tu voluntad”. Recordémoslo: cada cosa que hagamos a uno de nuestros hermanos se la hacemos al mismo Dios. Que estos nos anime a cuidar cada gesto y obra.

Nuestra Señora del Carmen, ayúdanos a vivir esta fecundidad de las buenas obras, por pequeñas que sean.

domingo, 21 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño IX

San Benito do inverno 2021, O Rabiño IX

Chegamos ó fin destas entregas sinxelas sobre historia e historias relacionadas co san Benito do Rabiño. Nunha especie de novenario paralelo, fun pousando lecturas, fotografías e recordos que non só pretendían gardar parte da historia, poñernos ó día e compartir algo da nosa memoria popular, senón animar a que a xente se anime a compartir o que recorda e as fotos que garda. Non o conseguín, pois non houbo comentarios a estas publicacións, nin xente interesada en aportar do seu para polo por aquí para todos. De todas, queda a experiencia de investigación e publicación.

Fachada fotografa no san Benito do verán de 2006

Paulo VI, 'Mysterii Paschalis'
Dicimos pola zona que o cuco vén e marcha co san Benito. Esto refírese ás dúas festas do santo abade: 21 de marzo e 11 de xullo, festas que se manteñen a nivel popular en bastantes parroquias, pero que non están reflexadas no calendario litúrxico actual da Igrexa católica. O 21 de marzo quedou a celebración restrinxida ós benedictinos e a do 11 de xullo é a proposta para a Igrexa universal, co grado de memoria. O 1 de xaneiro de 1970 entrou en vigor o calendario renovado, que acollía cambios que se pedían dende o Vaticano II, pero que xa coñecía petición de reforma dende mediados do s. XVIII. Sabías que a festa de san Benito do 21 de marzo xa a quería cambiar de data Benedicto XIV? E non era a única. Alomenos, era o que tiña en mente a comisión deste papa para renovar o rezo da época. Con Pablo VI xa se fai realidade. De fondo estaban moitos desexos, como o de eliminar os santos que non tivesen fundamento histórico, elexir de tódolos continentes, trasladar aqueles que entrasen en confrontación na mesma data ou que desfigurasen a importancia dos tempos litúrxicos...

Durante a comuñón, o 11 de xullo de 2006
 

Sabías que na segunda edición da súa novena xa se contemplan ambas datas? É costume que se continúa a día de hoxe. A data do 21 fai referencia á da súa morte, que a Igrexa denomina dies natalis, día do nacemento ó Ceo. A data do 11 faría referencia ó seu nacemento terrenal. Así que hoxe no Rabiño e noutras parroquias van celebrar o día de san Benito, pero é unha festa que a nivel xeral, desapareceu.

Del artículo 'La renovación del Año Litúrgico y del Calendario Romano tras el Concilio Vaticano II (y II)', de José Antonio Goñi Beásoain de Paulorena.

O cambio de festas de santos descolocou parte do rico patrimonio de refráns. Esto remárcano varios autores e ata mo comentara Pemán, si, o do tempo, con quen tiven a sorte de coincidir unha tarde nos estudios da TVG. A el gústalle moito recoller ditos sobre o tempo e dicíame que a reforma do calendario eclesíastico deixara moitos deles sen sentido. Eu párome a pensar un pouco e creo que esto podía ser motivo para que os creativos saquen novos ditos, verdade?

Nos nosos pobos non desapareceu o dito que relaciona cuco e san Benito. Xunto neste recortes algunhas liñas do artigo 'Calendario y refranero, Consideraciones acerca de algunas fechas del calendario en relación con el refranero español y francés', de Jesús Cantera Ortiz de Urbin.

As dúas festas do abade corresponderían ca chegada do cuco, que é ben difícil de ver, pero que o escoitamos perfectamente, e ca súa marcha, ou, alomenos, o calar do seu canto, co cal se volve doblemente difícil de localizar o paxaro. Que se escoite o cuco é mostra, tamén, de que chegou a primavera. O cal nos leva a pensar algo curioso: por que lle dicimos san Benito do inverno cando parecería mellor que é o san Benito da primavera? Ben, os días inda son fríos e poden vin con chuvia ou xeadas, cousa que hoxe non se cumple, pois loce o sol, inda que o vento é frío.

Sabes que outro paxaro se relaciona con san Benito? O corvo! Se vas polo Rabiño, fíxate en calquera das dúas imaxes que primeiro se ven do patrono. A primeira, pequena, de pedra, xa a tes conforme enfilas cara a porta maior. A segunda, poderosa e chamativa, está no centro do retablo maior. Nas dúas, como en outras moitas representacións del, está presente un corvo, ós seus pés, cun pan no bico. Corresponde a un episodio da súa biografía, escrita polo papa Gregorio o Grande, en que ó abade danlle un pan envenenado. El, sen inmutarse, ordénalle a un corvo que sempre comía da súa man, que leve lonxe o pan e o tire onde ninguén o poida coller. O paxaro tarda ben en cumprir a orde, pero regresa da misión e recibe o alimento que acostumaba, da man do santo.

Vexamos o relato, nesta tradución actual da irmá Ana María Santángelo.

VIII. El pan envenenado arrojado lejos por un cuervo 

GREGORIO: Toda aquella región ardía ya a lo largo y a lo ancho en el amor del Señor Dios Jesucristo, y muchos abandonaron la vida del mundo, sometiendo la altivez de su corazón al yugo suave del Redentor (cf. Mt 11, 30). Pero como es costumbre de los malos envidiar en los demás el bien de la virtud que ellos no se animan a desear, el presbítero de la iglesia vecina, llamado Florencio, y que era el abuelo de nuestro subdiácono Florencio, incitado por la malicia del antiguo enemigo, empezó a sentir celos del hombre santo, a difamar sus costumbres y a apartar de su trato a cuantos le era posible. 

2. Mas al ver que ya no podía impedir sus progresos y que la fama de su vida seguía creciendo, y que además por el prestigio de su reputación muchos se sentían atraídos de continuo hacia una vida mejor, abrasado cada vez más por la llama de la envidia, empeoraba cada día, porque pretendía tener la fama de virtud de Benito, sin querer llevar su vida laudable.Obcecado por las tinieblas de la envidia, llegó al punto de enviar al servidor del Señor omnipotente un pan envenenado como si fuera pan bendito. El hombre de Dios lo aceptó con acción de gracias, aunque no se le ocultó el mal escondido en el pan. 

3. A la hora de la comida solía llegar un cuervo de la selva vecina, para recibir el pan de su mano. Cuando el cuervo llegó como de costumbre, el hombre de Dios le echó el pan que el presbítero le había enviado, y le ordenó: “En el nombre del Señor Jesucristo, toma este pan y arrójalo a un lugar donde nadie pueda encontrarlo”. Entonces el cuervo, abriendo el pico y extendiendo las alas, empezó a revolotear y a graznar alrededor del pan, como si dijera a las claras que sí quería obedecer, pero no podía cumplir lo mandado. Mas el hombre de Dios le ordenaba una y otra vez: “Llévalo, llévalo tranquilo, y arrójalo donde nadie pueda encontrarlo”. Tras larga vacilación, al fin el cuervo lo agarró con el pico, lo levantó y desapareció. Transcurrido un intervalo de tres horas, y después de haber arrojado el pan, volvió y recibió de manos del hombre de Dios la ración acostumbrada (cf. 1 R 17, 4ss).

Oración que reza todo o pobo durante a novena
Lendo a vida e feitos del, chama a atención a caridade ca que trata a todos, mentres que na mentalidade popular da zona transmitiuse unha imaxe de seriedade e temor. Por exemplo, cóntase a historia dun fiel que lle ofreceu unha cantidade de cartos se lle curaba certo mal. Foi á Misa, confesou, comulgou e ofreceu un exvoto. Ó día seguinte, xa en casa, deuse conta que o mal que tiña na pel desaparecera. Outro que viu tal milagre díxolle que ben milagreiro era o san Benito, ó cal lle respostou o agraciado que fora porque lle dera aqueles cartos ó santo. Seica ó día seguinte tiña os cartos baixo a almofada e o mal volvéralle á pel.

As festas foron cambiando e xa non son como eran, máis nestes tempos onde hai que curarse tanto en saúde. Unha experiencia bonita que moitos recordamos de cando estaba don Delmiro (+ 2011) é a comida que organizaba na rectoral

Asun Estévez no san Benito do inverno 2009
 Canto lle hai que agradecer ás cociñeiras daqueles días. En dúas longas mesas dispúñanse os señores curas que viñeran celebrar Misa e confesión, o sacristán, autoridades civís, xente que axudara durante a novena, amigos e ata a Garda Civil, que montaba un dispositivo de axuda para controlar o tráfico durante a mañá de festa. Un ano ata recordo que viñeran comer os dunha banda de música, de Celanova, quizás? Da mesa eucarística pasabamos á mesa convivial na que non había sitios reservados e a festa adquiría un forte tono familiar. Un ano tamén tivemos declamación poética, a cargo da poetisa Asun Estévez, que viñera dende Bueu.

Repasamos a memoria destes días e podiamos dicir que coñecemos algo máis, pero que queda bastante inda por compartir. Algunhas ideas que me quedan e que vos paso, por aquelo de se hai quen se anime a investigalas, son: repaso á iconografía en pedra da igrexa e o humilladoiro, vistazo en detalle ás campás, descubrir que hai gravado nas pedras exteriores do humilladoiro, saber a historia do relicario de san Benito, tirar cara Soutelo e recoller fotos e memorias sobre os muíños e o curioso cruceiro,... 

Relicario fotografado polas dúas caras en 2011. Exposto durante o san Benito do verán do 2006

viernes, 19 de marzo de 2021

Recupero una crónica de 2007 sobre san Benito do Rabiño

Recupero una crónica de 2007 sobre san Benito do Rabiño

Repasando "viejos" escritos, me encuentro con una breve crónica de la fiesta de san Benito do inverno. No estoy seguro, pero podría ser una crónica que realicé para la página web del obispado de Ourense y, lo que sí es seguro, es que la publiqué en un blog que me acompañó varios años y del que seleccioné algunas entradas, antes de borrarlo. Como pequeño documento que es, lo comparto con todo cariño con vosotros. Lleva fecha del jueves 22 de marzo de 2007.


La devoción popular marca como día de fiesta la jornada de ayer. Como es tradicional, multitudes acudieron a diversos templos dedicados a San Benito, con la climatología adversa en forma de frío. Uno de los más visitados fue el de San Benito do Rabiño, situado en el ayuntamiento de Cortegada de Baños. "Rabiño" es una palabra contracta que proviene del latín y viene a traducirse como "de la ribera del Miño", pues el río está cerca de la población.

Epacta 2007


El pueblo denomina a esta fiesta “a do inverno” (San Benito del invierno), contraponiéndola al 11 de julio, “a do verán” ("la del verano"). Pero ello no quita que el número de personas sea bajo, a pesar de ser un día laboral. Bien es verdad que la fiesta no reviste el mismo colorido ni organización, siendo la del verano mayor en puestos de productos y tenderetes, no tanto así en solemnidad.


Desde primera hora de la mañana se abre el templo parroquial para la celebración eucarística, el sacramento de la confesión y la oración personal ante la talla de madera del santo, en cuyo manto negro siguen colgando ex votos, fotografías,… Esta imagen (hay otra preciosa en el retablo mayor) es la que saldrá en procesión antes de la Misa solemne, celebrada a las doce y media y presidida este año por Don Camilo Rey Rodríguez, párroco de Padrenda, concelebrada por el Sr. Arcipreste.


Tras la Misa, la mesa compartida entre sacerdotes y amigos. Y los que no lo son, son ya conocidos, pues muchos repiten de año en año, aunque en el verano la congregación es mayor.

Comedor da rectoral de san Benito, 21 de marzo de 2009
 

Foguetes no san Benito do inverno de 2011

 

Por la tarde, debido al número de devotos que todavía acuden, se celebran dos misas, a las 17 y 18 horas, respectivamente. También son las mejores horas para poder aparcar. Por la mañana la cosa es un tanto difícil... aviso.


La fama de este San Benito “milagreiro” está en curaciones de enfermedades de la piel, de las “espullas” y hasta de algún papiloma (lo cual llevó a la erección de un templo cerca de Madrid como agradecimiento).


 

jueves, 18 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VIII

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VIII

Imos chegando ó fin deste particular novenario de lembranzas, fotos, escolmas de estudios e vellos documentos que, dalgunha maneira, poden irnos debuxando a importancia e influencia do san Benito do Rabiño. Mais queda moito por escribir, que por dicir, xa moito dicimos e falamos. Penso que, se toda esa tradición, ou tradicións, oral dos nosos maiores se puxera por escrito, había quedar un precioso documento que se xuntaría cas referencias históricas que coñecemos estes días. 

San Benito do Rabiño, 11 de xullo de 2006
 

Non sei que se recollese en algún medio audiovisual o falar dos que se achegan a san Benito. Curiosamente, si hai uns minutos dos fieis que foron ata Los Molinos, Madrid, a levar a imaxe do santo, tal como vos contaba onte. No vídeo de Youtube que sintetiza a chegada da imaxe e os veciños do concello de Cortegada alá, quedan os tramos finais para entrevistar ós presentes, converténdose eses intres nun precioso documento único. Por non recoller, penso que nin hai constancia de persoeiros que visitasen o templo nin das súas verbas. 

 

 

No 2017 acertei a ter tempo para achegarme e levar parte da prédica de don José López Gil. E se buscase con calma, ata pode que atopase as liñas que lle dediquei a un bispo de Ourense cando veu pola festa (creo que fora don Carlos Osoro). E máis aló? A memoria efímera. Ou non? Imos ver. 


 

 

 

 

Fóra da Rede pode que moito material esté agardando para darnos unha sorpresa. Dentro dela, podemos recoller, por exemplo, o dato deste relixioso que naceu no Rabiño. Ollo, que, tal como levamos advertido, a referencia cambia, sendo aquí san Benito da Arnoia. Vexamos o resumo biográfico de fray Santiago Álvarez, relixioso agustino bautizado no Rabiño.


 

 

 

A mesma denominación que lle cae a estoutro recorte dun libro dixitalizado, onde se dá conta do paso dun relixioso pola parroquia, por mor dunha misión. Tamén sobre unhas misións parroquiais fálannos as cruces brancas do exterior da igrexa. Recollo o inicio da misión predicadora do pai José de Carabantes no bispado de Ourense en 1669, onde comezou pola parroquia da Santísima Trindade e pasou polo Rabiño, aquí sinalado como "San Benito de la Arnoya".


 

 

 

E esta carta de agradecemento que o párroco daquelas, don Emilio Viéitez, escribe ó seu bispo, e que quedou impresa no boletín do bispado. 


 

 

 

Este nome danos para colar un estudio na revista ourensá 'Diversarum Rerum', onde o Rabiño é citado como lugar onde existía unha pasantía, un estudio dirixido polo párroco para aprender latín e outros saberes a futuros seminaristas, sen estudios inda. Este recorte pertence ó dito artigo, publicado no número 12 da revista.


 

Ó final, algo hai, pouquiño, pero algo hai. E quédame a alegría de poder contribuír un nadiña con estas entradas sinxelas, que seguiron un particular novenario de historias sen moita planificación. Agardemos que quen administre o Facebook parroquial poida ilustrarnos máis no tempo que irá dende esta festa do san Benito do inverno ata a do verán.


 Festa do san Benito do verán, o 11 de xullo de 2006. Actualmente, é a festa recoñecida para toda a Igrexa, pois a do 21 de marzo quedou para a Orde Benedictina e as parroquias que inda a festexan, por aquelo de que teñen ó abade como patrono. Se non, a festa do san Benito do inverno desapareceu a inicios dos anos 70 da epacta, cando se reformou o calendario litúrxico da Igrexa Católica. Na imaxe temos, dende a esquerda, a don Rafael, o sacristán, ó falecido párroco don Delmiro González Carpintero (+11-06-2011) , don Benito de Padrenda (sentado). O santo que mostra o libro aberto é san Pedro e leva as chaves na súa man esquerda. O báculo que asoma á dereita da foto é o de san Benito, que tamén leva un libro aberto nas súas mans, o libro da súa Regla (o de san Pedro aberto cara a concurrencia, o de san Benito aberto cara el). Sobre o altar atópase o relicario de san Benito, que se expón durante as misas das súas festas.