viernes, 26 de marzo de 2021

​San Benito do Rabiño 2011

San Benito do Rabiño 2011

Copia dunha crónica esquecida

Un ano máis, don Delmiro, párroco de O Rabiño, convocounos para celebrar esta festa de “san Benito do inverno”. Este ano, aínda que con dificultades pola súa saúde, non deixou de acudir ou buscar un sacerdote que celebrase día tras día as Misas da novena. E non deixou de ter unha freguesa que rezase a novena antes da Eucaristía. Por imposibilidade física e despois dunha recaída forte a semana pasada non puido celebrar el como antes pero iso non foi óbice para que estes días estivese na reitoral parroquial e nos acompañase na oración desde alí. Onte, mesmo concelebrou na Misa maior, aínda que sentado. Ao final da Misa solemne dirixiunos unhas palabras: “Non teñan, non teñamos medo a Cristo, ao Señor, ao Señor dos sacramentos. O martes pasado recibín a extremaunción e xa ven que aquí sigo. Non teñan medo a Cristo.” Un aplauso popular foi a resposta ás súas palabras.

Durante a novena adóitanse celebrar dúas Misas diarias: unha ás oito da mañá e outra ás sete, cambiando o horario se hai algún festivo ou un domingo. Ao termo das Misas de véspera e do día da festa danse a venerar as reliquias do santo abade. O día vinte e un inícianse as Misas ás oito da mañá e celébrase unha cada hora, a menos que se conte cun número alto de fregueses e sacerdotes, pois entón celébrase algunha máis. A Misa solemne adoita celebrarse ás doce e media, precedida por unha procesión ao redor da igrexa. Pola tarde celébrase unha Misa ás cinco, tradicionalmente presidida por don Benito, sacerdote da diocese de Tuy-Vigo.

Tras a Misa solemne vén a mesa do encontro convivial e a comida. Este ano, por causas de saúde evidentes, reduciuse o número de invitados pero contamos coa presenza do párroco a parte da comida e o seu gusto foi poder convocarnos a unha vintena de invitados xa tradicionais este día, entre os que se contaban a maior parte de sacerdotes que celebraron durante a mañá, os Garda Civís que axudan na loxística de aparcadoiro e os laicos que botan unha man para que todo estea no seu sitio e a tempo.

Deprecación que se reza ó final da novena, a un tempo entre o lector e o pobo.

Yo os saludo, oh Benito, fiel discípulo de Cristo; yo os saludo, doctor y predicador de la verdad; yo os saludo, abad de abades, padre y pastor de la grey escogida de los monjes, amparo de la Iglesia y de todo el pueblo cristiano. Tuyo quiero ser para que con tu ayuda sea de Jesús, mi creador y amante Redentor. No permitas que yo sea excluido de tu patrocinio. Ampara a la Sede Apostólica; defiende de sus enemigos visibles e invisibles a nuestra España, y a todos tus devotos que a tus pies está postrados. Pide a Dios por todos para que nos gocemos de tu protección en esta vida y de tu gloriosa compañía en la otra. Amén.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario