Homilía que se pronunciou en Allariz durante a novena a san Benito, na Barreira, o xoves, 10 de xullo de 2008
Dinos o inicio da Regla de S. Benito: 1 ESCUCHA, hijo, los preceptos del Maestro, e inclina el oído de tu corazón; recibe con gusto el consejo de un padre piadoso, y cúmplelo verdaderamente. 2 Así volverás por el trabajo de la obediencia, a Aquel de quien te habías alejado por la desidia de la desobediencia. E a primeira lectura de hoxe: pues yo soy Dios y no hombre, yo soy el Santo que vive en ti y no enemigo a la puerta.
Estes días levamos falando da Palabra de Deus, da Eucaristía como encontro con Deus, do domingo e as súas dimensións de día de Cristo, día da Igrexa, día do home e da creación,… Estamos continuamente acercándonos a un punto moi importante na nosa vida cristiá, o máis importante: ¿Quen é Deus? O Señor Xesús dinos que é Pai.
Certo monxe dos primeiros séculos retirouse ó deserto para meditar no Noso Pai, a oración de Xesús. Durante meses estivo lonxe das palabras humanas, dos líos e présas do mundo, concentrándose na Palabra de Deus e deixando que a oración dirixise o seu vivir. Cando regresou xunto ós seus e estes lle preguntaran o froito da súa oración e meditación, contestoulles: Nestes meses non meditei máis alá da palabra Pai.
¡Que fondura atopou este home! Verdadeiramente entrou no misterio de Deus, na alegría do seu encontro. Como lle pasou ó noso santo patrón: na soidade tiña esa experiencia fonda de Deus, do Deus Pai Todopoderoso ó que nós rezamos hoxe. Pero foi un tesouro que non gardou para si senón que o comunicou e viviu xunto a outros monxes.
Anímoos neste momento que deixemos un intre para acercarnos a esta experiencia. Xa estamos celebrando xuntos a mesma Eucaristía, estamos compartindo a palabra de Deus,... pois agora vamos deixar que un pouco da Palabra de Deus se nos converta nunha semente especial: vamos deixar uns momentos en silencio para volver escoitar e poder meditar personalmente o que nos dicía a lectura: son o Santo que vive en ti e non inimigo á porta. E vamos a facelo dende a recomendación de S. Benito: Escoita, fillo, os preceptos do Mestre e inclina o oído do teu corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario