San Benito do inverno 2021, O Rabiño II
Hai que agradecer a boa idea que tiveron de abrir una páxina de Facebook para a parroquia de san Benito do Rabiño. Centrándose nas festas do patrón e varias celebracións máis, son hoxe en día a mellor referencia para ver o santuario en calquera parte do mundo. Ogallá en breve se animen a un traballo máis paciente, pero tamén necesario, que enriquecerá o seu espazo e convertirao na referencia plena: a inclusión de textos.
Agora mesmo, e escribo pensando en alto, o mellor sería recoller breves crónicas da novena e festa de marzo, do san Benito do inverno. A continuación, contando con esta breve experiencia e revisándoa dentro dunhas semanas, pensar como reflexar seguintes celebracións, como pode ser o san Benito do verán, a de outros santos que se vexan nos altares, alguna visita importante ou una síntese dalgunha prédica dominical. Son exemplos concretos e sinxelos de textos que ben poderían acompañar ás fotos que tan xenerosamente nos comparten.Unha segunda liña sería a de buscar distintos textos sobre o lugar, copialos e compartilos. Textos co peso da autoridade de quen os escribíu ou do tempo pasado. Non teñen por que ser do mesmo estilo, nin da mesma época. Serían mostras de diferentes sentires e estudiares. Porque atoparían fragmentos de poesía, tamén de historia e, quen sabe, recordos de vecinos que marcharon e deixaron aquí o seu corazón e máis dunha lembranza. Penso cando atopei nunha revista dunha casa de Galicia varios escritos sobre Cortegada, por exemplo. A investigación máis bonita e entrañable sería a da revisión das propias casas, entre vellos papeis, postais, cartas,... Pero tamén atoparán en lugares clásicos, como o Madoz.
Eu hoxe vouvos compartir textos de dous autores diferentes, separados polos anos, e que nos dan una visión de que en Internet hai moito que inda non coñecemos e,ó tempo, a Rede non o ten todo. Que importante poñer do noso nela, ampliando os documentos a consultar e sacando, seguramente, máis dunha bágoa.
Ó que iba: preséntovos unas liñas manuscritas de don Fermín Bouza Brey, que casou en Cortegada, "cunha dos Tortuga", e que recolleu ditos, usos e costumes nun caderno; tamén estes versiños de don Manuel Álvarez Rodríguez, o MAR, sacerdote misioneiro, que lle dedicou ó santo abade este poema, publicado nunha escolma que o autor titulou 'Door de escumas', e da que descoñezo ano de edición (eu tiña un exemplar firmado no 2002, actualmente conservado no arquivo da delegación de misións do bispado de Ourense).
Cos breves escritos que me gustaría ir confeccionando estes días, tamén eu quero deixar una escolma de escritos e fotos que enriquezan o traballo de quen leva adiante o Facebook do Rabiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario