sábado, 17 de abril de 2021

Louredo en el Ensenada página 1

Louredo en el Ensenada página 1

Un día se podría encargar una transcripción de las páginas del Catastro de Ensenada referido a Louredo. Mientras, gracias al historiador Rodrigo Pousa Diéguez, podemos saber qué dicen las cuatro primeras páginas. Yo solo pongo por escrito lo que me va dictando. Si la cosa gusta, podríamos seguir profundizando en él.

¿Sabías que tal documento puede consultarse en línea? Desde la página web PARES, Portal de Archivos Españoles, nos lo presentan así:

Las Respuestas Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada constituyen la más antigua y exhaustiva encuesta disponible sobre los pueblos de la Corona de Castilla a mediados del siglo XVIII.

Entre 1750 y 1754 todas las poblaciones de "las Castillas" fueron sometidas a un interrogatorio constituido por las 40 preguntas siguientes: Nombre de la población (pregunta 1); jurisdicción (2); extensión y límites (3); tipos de tierras (4, 5); árboles (6, 7, 8 y 13); medidas de superficie y capacidad que se usan (9, 10); especies, cantidad y valor de los frutos (11, 12, 14 y 16); diezmos y primicias (15); minas, salinas, molinos y otros "artefactos" (17); ganados (18, 19 y 20); censo de población, con vecinos, jornaleros, pobres de solemnidad (21, 35 y 36), censo de clérigos (38) y conventos (39); casas y otros edificios (22); bienes propios del común (23), sisas y arbitrios (24), gastos del común, como salarios, fiestas, empedrados, fuentes (25), impuestos (26 y 27); actividades industriales y comerciales, con la utilidad de los bienes o servicios producidos: tabernas, mesones, tiendas, panaderías, carnicerías, puentes, barcas sobre ríos, mercados y ferias (29), hospitales (30), cambistas y mercaderes (31), tenderos, médicos, cirujanos, boticarios, escribanos, arrieros etc. (32); albañiles, canteros, albéitares, canteros, herreros, zapateros etc. (33, 34); embarcaciones (37); bienes enajenados (28) y rentas propias del Rey (40).Las Respuestas a estas preguntas se obtienen siguiendo un proceso previamente regulado.

Esta visión panorámica del Reino es una pequeña parte de una averiguación de mayor envergadura, el llamado Catastro del Marqués de la Ensenada. puesta en marcha por Real Decreto de Fernando VI de 10 de octubre de 1749, como paso previo a una reforma fiscal, que sustituyera las complicadas e injustas rentas provinciales por un solo impuesto, la llamada Única Contribución. La Única Contribución no se llegó a implantar, pero ha dejado un importante volumen de documentación en nuestros Archivos.

La Respuestas Generales se conservan en diversos Archivos Estatales. El Archivo General de Simancas custodia la copia compulsada completa de las contestaciones de las 13.000 localidades de la Corona de Castilla. Razones de preservación llevaron a iniciar el proceso de microfilmación. En los años ochenta se microfilmaron los 545 libros de Respuestas Generales que se guardan en Simancas. La frecuente consulta de estos fondos y la necesidad de facilitar el acceso hacían aconsejable la digitalización, que ha sido llevada a cabo por el Servicio de Reproducción de Documentos (SRDAE) a partir del microfilm durante los años 2004 y 2005. El resultado ha dado lugar a 350.000 imágenes de unos documentos con una letra caligráfica muy cuidada, de fácil lectura y sin apenas abreviaturas; muy pocas páginas presentan problemas de legibilidad, como tintas desvaídas o traspaso de tintas del reverso. Estas imágenes son las que ahora se ofrecen desde esta página.

Una vez que tenemos una idea de qué es y contiene el documento, vamos a ver qué dice de Louredo en sus primeras cuatro páginas. Recuerda, la transcripción la realiza generosamente el joven historiador ourensano Rodrigo Pousa Diéguez y yo solo tomo nota para compartíroslo. 

Página 1

En el lugar y coto de Loredo, feligresía de san Benito de la Arnoya, jurisdicción de Milmanda, a veinte días del mes de noviembre de mil setecientos cincuenta y dos, ante el señor don Gregorio Rodríguez Carpintero, subdelegado de la única real contribución, nombrado por la real junta, bajo las órdenes del señor don Francisco Javier García Serón, del consejo de su majestad, ministro privativo para el establecimiento de la referida única contribución en la que su merced se halla entendiendo como tal subdelegado en este referido lugar de Loredo para evacuar las respuestas del interrogatorio impreso de la letra A sobre las preguntas generales que comprehende en la operación conducente a este dicho lugar y su término. Habiendo precedido recado cortesano a don Juan Ramírez...

sábado, 3 de abril de 2021

"Satanismo", resumen de lectura de JREG

"Satanismo", resumen de lectura de JREG

Don José Ramón Estévez Gómez, de cuando en cuando, nos compartía un resumen de sus lecturas y aquí traigo un ejemplo 

De don José Ramón conservaba yo varios papeles. Algunos los doné, junto con libros de su autoría, a la biblioteca del Seminario Mayor, así que allí seguirán, bien fichados. Unos pocos los conservé y aquí os traigo un ejemplo, tras presentaros su artículo introductorio a la demonología. Tened en cuenta que son apuntes para uso privado y que los entiendes mejor cuando sabes cómo es el autor.

El artículo que el autor resumió lo puedes leer AQUÍ.





"O demo hoxe", un vistazo

Presentación do artigo "O demo hoxe. Introducción á demonoloxía e ó exorcismo", de don José Ramón Estévez Gómez

Fondo e demo da Biblia Códex Gigas
Bos recordos gardo do meu profesor don José Ramón Estévez Gómez, que soubo ensinarnos e facérnolo pasar ben en clase. Ata tal punto que el xa nos avisaba que acabariamos aprendendo máis "joseramonadas" que teoloxía. Eu penso que tivo de todo e que algo moi bo nos deixou. Ata tal punto tiven bo trato que cheguei a escibirlle durante o verán de 2003, carta que el contestou cunha breve misiva e o envío da separata dun artigo seu sobre o demo. Se busco, inda atopo un dos seus curiosos resumes de lecturas que, de cando en cando, nos facía a gala de regalar. Pois un deles tamén trataba do demo. E tiña eu gardado unha charla del sobre o mesmo. A cousa e a temática deron pa tanto que acabei levándoo a dar unha sinxela conferencia ó local social de san Xoán de Seoane, en Allariz, penso que polo tempo da novena a san Antón. Daquelas podías sacar o tema tranquilamente e parolar con el, cousa que non era tan doada con outros profesores. Por exemplo, co bondadoso don Modesto Touza a cousa soía rematar prontísimo, pois dicía que sobre o demo e os exorcismos chegaba co que puña no Catecismo. E don Ramiro era reacio a que me lese a introdución do actual Ritual de Exorcismos, así que deume un artigo seu... e eu fun comprar o Ritual, co cal acabei lendo os Prenotandos (a introdución) e o Ritual completo.


Don José Ramón, que ogallá alguén se puxese a publicar o que escribe e gravar o que di, redactou para a interesante revista ourensá Auriensia o seguinte artigo: "O demo hoxe. Introducción á demonoloxía e o exorcismo", que vos presento brevemente e do cal collo algúns recortes para ilustrar e dar fe do humor e as curiosidades que soe meter nos seus escritos. Por certo, foi publicado en Auriensia, 6, ano 2003. Eu teño tanto a revista como a separata, que o autor me mandou por correo postal o 19-09-2003.

Comeza como outros comezan falando do tema: que é algo propio da fe da Igrexa, mais que practicamente desapareceu da predicación cotiá, mentres que no mundo medran as referencias e a curiosidade, tanto no cidadá como no mundo do arte, a música e o cine, ademais de saír nos medios de cando en cando. El mesmo estivo interesado no tema e fixo a tesina, baixo a dirección do padre Cuervo, sobre os "dereitos" do demo sobre a humanidade caída.

A continuación, segue unha escolma de autores, obras e institucións onde a moda do demo prendeu forte. Por desgracia, e esto vaise manter ó longo do artigo, non entra o autor a ver qué pensa cadaquén sobre o demo, ou como o considera. Claro, esto levaría a un alongar o artigo e abrir outras ramas, pero creo que se podería ter reducido o apéndice e dedicar uns párrafos a definir un tanto que consideran demo algúns dos autores ou asociacións aquí citadas. Non teñen todos en mente ó demo católico e algúns deles nin sequera cren na existencia do demo como ser espiritual. 

Fixada a atención no demo entendido dende a teoloxía católica, as seguintes páxinas van debullando algunhas cuestións de nomes e citas bíblicas, ademais das diferentes posturas dos estudiosos sobre o seu estudio. Van estas dende a tradicional ata a desmitoloxizadora e a que prefire non tocar o tema un tempo, pasando polas que si admiten a existencia, pero con matices. Feita a presentación preliminar do estado da cuestión e das perspectivas, comeza unha viaxe sintética por diferentes concepcións acerca do demo, tanto en diferentes culturas coma nos escritos bíblicos, pseudoepígrafos e nos primeiros escritores cristiáns. 

En dúas páxinas voa polo mundo litúrxico e remata co maxisterio, citando especialmente os concilios onde se loita contra o dualismo, o Vaticano II, o Catecismo e as aportacións papais de Pablo VI e Xoán Paulo II. A conclusión é que o demo aparece tanto nas Escrituras como na Tradición, formando parte da fe da Igrexa. Os escritos bíblicos non pretenden formar unha demonoloxía, senón dicir que existe e é inimigo do home, ca misión de alonxalo de Deus. O Novo testamento teno presente en moitas citas, mais sempre como subordinado, mantendo o protagonismo de Cristo e a súa redención.

Unha vez visto o básico, as fontes onde buscar os textos primixenios, pasa o autor a facer teoloxía e beber da sabedoría de autores contemporáneos, integrando a saber práctico dos exorcistas.

A actuación demoníaca coñece dous niveis: a cotiá e a extraordinaria. Aquí acudimos a un curioso acontecemento, que é a orixe dunha oración tradicional, a dirixida a san Miguel arcanxo, e que durante anos se rezaba despois da Misa. O papa León XIII foi quen a redactou despois dunha visión que tivo durante a súa asistencia a Misa. O demo actúa xeralmente tentando, mais en contadas ocasións parece que a súa actividade entra en contacto co mundo físico e produce molestias físicas e psíquicas. A posesión é un grado poderoso da actividade extraordinaria, un feito que atañe a poucas persoas e que non parece ser a mellor carta demoníaca, porque se o poseso dá cun exorcista, resultaría que a fe aparecería como arma válida e a Igrexa como escudo e fogar onde recuperarse. Este tema sempre é espinoso e a recomendación que no artigo se inclúe é a de traballar sempre con especialistas no campo médico e seguir unha potente vida de oración. Como curiosidade, don José Ramón ten en conta non só as posesións demoníacas católicas, senón tamén as doutras relixións, facendo ver que para nós son acontecementos violentos e negativos, mais para outros poden ser instantes de gozo e canalización de espíritos favorables. Para abrir a mente ó lector, repásanse posibles posesións nos evanxeos e na historia, tendo sempre en conta unha sana exposición e contando cas perspectivas que ofrecen outras ciencias. Así, o sacerdote conta con múltiples instrumentos diagnósticos para poder establecer con certa certeza se se atopa ante un poseso ou un enfermo (o autor repasa dende a antropoloxía ata a psiquiatría, pasando pola socioloxía e a teoloxía).

 

Respecto dos exorcismos, que collen a parte final do artigo, son presentados como o recurso que enfrenta poder de Cristo e poder demoníaco. A teoloxía católica ve ó demo como unha creatura, non como un deus, e a Cristo como o redentor, que racha co poder das tebras e nos concede a gracia da salvación. O exorcista alonga na historia esta obra salvadora de Cristo. Interesante a lista de obras dende as que nace o Ritual anterior e o actual. Precisamente, a presentación dos contidos deste último pecha o escrito, cunha breve exposición do Ritual, tanto o libro como a celebración. 

Hai varias páxinas máis, que son copia de dúas obras doutros autores, onde se recollen diferentes símbolos e unha interpretación deles, basadas no satanismo ou a Nova Era. Deste añadido, digo o mesmo que do inicio, que debería ser matizado. Por exemplo, efectivamente, nos concertos de Heavy faise o signo dos cornos. Efectivamente, moitos farano pensando no demo ou no poder da rebeldía, pero, acaso non é un signo xa de época romana, que serve como defensa contra o mal de ollo?

A primeira foto, eu lendo a separata do artigo, ten as imaxes do fondo e dun demo, ambas sacadas do Códex Gigas, que é un enorme manuscrito do século XIII cunha escura historia detrás. A Biblia forma parte dos escritos que contén, mais non é o único. As seguintes imaxes son recortes do artigo.

Prédica pascual do 2010 na Armada, Rabal

Prédica pascual do 2010 na Armada, Rabal

Homilía da Vixilia Pascual no santuario da Nosa Señora da Armada en 2010

Non sei agora, pero hai uns dez anos, e durante catro ou cinco, creo, no santuario da Nosa Señora da Armada, en Rabal, Ourense, tivo lugar unha celebración da Pascua peculiar. Daquelas xa se iba popularizando a idea de que a Vixilia pascual era a festa central e debía celebrarse dun modo distinto. Nalgunhas parroquias xa se facía: reunir nun só lugar a xente de distintos pobos e concelebrando varios sacerdotes. A Pascua manifestábase dun modo máis sentido e completo. Había rezos, a posibilidade de confesarse antes de Misa, ensaio de cantos e lecturas... Todo isto antes de comezar. Cando xa o lume ardía fóra do santuario, apagábanse as luces, centrábase a atención na procesión co cirio pascual e comezaba o rito ca bendición do lume, os primeiros cantos e o encendido de tódalas velas que a xente portaba. Durante a Misa participaba, como dixen, os curas da contorna e os lectores e cantores estaban escollidos de entre tódolos voluntarios das diferentes parroquias. Calquera podía participar, cunha breve preparación antes. Trala Misa continuaba o festexo, pois abrían o bar que está baixo o santuario e tódolos que querían sentábanse ás mesas e compartían do que trouxeran, convertendo o momento nun ágape que manifestaba que daba igual de onde viñas. Alí eras benvido e había un oco para ti á mesa.

No 2010 pronunciouse esta homilía.

Irmáns, en nome de toda a Igrexa recibide a boa noticia: ¡Cristo resucitou. Aleluia!

Aquel a quen vimos entregarse por nós para salvarnos do castigo mortal do pecado, Aquel que pasou polo mundo facendo o ben, curando os enfermos e liberando a cantos sufrían baixo o dominio de Satanás, Aquel que se presentou como home e Deus, Xesús, vive. Efectivamente, foi sacrificado, vímolo na cruz e como era sepultado. Pero agora trannos noticia da súa vida, da súa resurrección. Permitídeme que vos dea a noticia con palabras do Catecismo da Igrexa Católica, deste modo teremos unha testemuña fiable.

Anunciámosvos a Boa Nova de que a Promesa feita ós pais, Deus cumpriuna en nós, os fillos, ó resucitar a Xesús. A resurrección de Xesús é a verdade culminante da nosa fe en Cristo, creída e vivida pola primeira comunidade cristá como verdade central, transmitida como fundamental pola Tradición, establecida nos documentos do Novo Testamento, predicada como parte esencial do Maxisterio Pascual ó mesmo tempo que a cruz.

O misterio da resurrección de Cristo é un acontecemento real que tivo manifestacións historicamente comprobadas como o testemuña o Novo Testamento. No marco dos acontecementos de Pascua, o primeiro elemento que se atopa é o sepulcro vacío. O seu descubrimento por parte dos discípulos foi o primeiro paso para o recoñecemento do feito da resurrección.

María Magdalena e as santas mulleres, que ían embalsamar o corpo de Xesús, soterrado a présa na tarde do Venres Santo pola chegada do Sábado, foron as primeiras en atopar ó Resucitado. Así, as mulleres foron as primeiras mensaxeiras da resurrección de Cristo para os propios apóstoles. Xesús apareceuse enseguida a eles, primeiro a Pedro, despois ós Doce. A fe da primeira comunidade de crentes fúndase na testemuña de homes concretos, conocidos dos cristiáns, e dos que a maior parte vivía anínda entre eles.

San Pablo dirá: se non resucitou Cristo vacía é a nosa predicación, vacía tamén a nosa fe. A resurrección constitúe ante todo a confirmación de todo o que Cristo fixo e ensinou. Tódalas verdades, incluso as máis inaccesibles ó espíritu humano, encontran a súa xustificación se Cristo, ó resucitar, deu a proba definitiva da súa autoridade divina segundo o prometera.

Hai un doble aspecto no misterio pascual: pola súa morte libéranos do pecado, pola súa resurrección ábrenos o paso a unha nova vida.

Por último, a resurrección de Cristo -e o propio Cristo resucitado- é principio e fonte da nosa resurrección futura. Na espera de que esto se realice, Cristo resucitado vive no corazón do seus fieis”.

¿Como vos quedou o corpiño? Canto vos acabo de ler é un resume do que significa que Cristo resucitase e nós, hoxe e aquí, o estemos celebrando. Dicíavos este días que non podemos vivir de rentas. Nesto que hoxe celebramos só podemos vivir de fe, de confianza en Deus: ou cremos ou non. E, se cremos, somos os máis afortunados. Podemos entregarnos confiadamente a Deus e retomar a nosa vida, pensando que somos tan valiosos que lle costamos a Cristo a vida; pero, para que non desesperasemos, costámoslle tamén a resurrección, a súa presencia viva entre nós, dun modo especial na Santa Misa.

¿Como imos responder a tanta xenerosidade? ¿Como lle pagaremos ó Señor tanto ben? Sendo agradecidos e vivindo como Deus manda. ¿E que manda Deus? ¿Que faremos para vivir rectamente ante Deus e os homes?: amando ó noso Señor sobre tódalas cousas e ó irmán como Cristo nos amou.

Pero ante tal xenerosidade por parte de Deus eu inda me atrevía a algo máis. A pedirlle a Cristo que sempre nos acompañe, que se quede con nós. Si, que se quede, como se quedou cos discípulos que marchaban cara Emaús.

Fotos da Pascua na Armada, Rabal, o 19 de abril de 2014





 

viernes, 2 de abril de 2021

O desencravo de Louredo

O desencravo de Louredo

O Venres Santo de 2021 non será igual ó de outros anos, entre outras cousas porque non se lles vai tocar ás imaxes. Seguro que os maiores inda recordades outros Venres nos que se realizaba unha acción que chamaba a tención. Ata viñan de pobos da contorna para contemplalo: tratábase do desencravo. E é que o Cristo da igrexa parroquial de Louredo ten unha particularidade, que é a de ser articulado. Efectivamente, os brazos poden baixarse e quedar paralelos ó corpo, de modo que admite dúas posicións: a da cruz e a do descendemento. Ambas escenas son moi representadas no arte. Inda non hai moitos anos que se realizou por última vez no pobo.

O crucificado de Louredo mostra algunhas feridas principais, como son á da cabeza, as mans, a do costado, os esfolados xeonllos e ás dos pés. Estes móstranse separados, cun cravo cada un e un pedestal onde apoiarse. A cruz é lisa, dunha sola cor.

Unha vez desencravado pasaba a unha "urnia", unha urna de paredes de cristal onde repousa, que se colocaba nos primeiros bancos do lado dereito da igrexa, diante do altar dedicado ás devocións marianas. Unha imaxe que sintoniza co Cristo morto é a da Virxe Dorosa.


As imaxes da igrexa foron sacadas en distintos días de 2017 e 2020. Os textos en castelán cas indicacións litúrxicas pertencen á epacta da CEE para hoxe, Venres Santo deste ano.