viernes, 2 de abril de 2021

O desencravo de Louredo

O desencravo de Louredo

O Venres Santo de 2021 non será igual ó de outros anos, entre outras cousas porque non se lles vai tocar ás imaxes. Seguro que os maiores inda recordades outros Venres nos que se realizaba unha acción que chamaba a tención. Ata viñan de pobos da contorna para contemplalo: tratábase do desencravo. E é que o Cristo da igrexa parroquial de Louredo ten unha particularidade, que é a de ser articulado. Efectivamente, os brazos poden baixarse e quedar paralelos ó corpo, de modo que admite dúas posicións: a da cruz e a do descendemento. Ambas escenas son moi representadas no arte. Inda non hai moitos anos que se realizou por última vez no pobo.

O crucificado de Louredo mostra algunhas feridas principais, como son á da cabeza, as mans, a do costado, os esfolados xeonllos e ás dos pés. Estes móstranse separados, cun cravo cada un e un pedestal onde apoiarse. A cruz é lisa, dunha sola cor.

Unha vez desencravado pasaba a unha "urnia", unha urna de paredes de cristal onde repousa, que se colocaba nos primeiros bancos do lado dereito da igrexa, diante do altar dedicado ás devocións marianas. Unha imaxe que sintoniza co Cristo morto é a da Virxe Dorosa.


As imaxes da igrexa foron sacadas en distintos días de 2017 e 2020. Os textos en castelán cas indicacións litúrxicas pertencen á epacta da CEE para hoxe, Venres Santo deste ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario