sábado, 22 de marzo de 2025

Borrador para NAXDR 17 Galicia nomeada

Borrador de artigo para revista Nós, A Xente Do Redor, 17 

 

Louredo (e Galicia) nomeado

Félix Álvarez Rodríguez sxlouredo.blogspot.com

Haivos unha plataforma ben interesante na que fixarse e participar. Máis que nada porque encárgase de sustentar unha grande riqueza galega: a toponímica, a referida a nomes de lugares, xa sexan ben visibles, coma montes, xa sexan pequenos, como regos ou tacos (hortas). Esta plataforma, que podes atopar como páxina web e como aplicación para móbil (app) chámase Galicia nomeada.

 

Froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega, Galicia nomeada permite que calquera usuario rexistrado aporte a toponimia que coñece, enriquecida cos datos que dispoña: población relacionada, se é un accidente natural ou unha zona de asentamento humano, posibilidade de engadirlle fotos e audio ca pronunciación do topónimo,... Basicamente, ti podes rexistrarte e, unha vez che aproben o usuario, colocar nun mapa a toponimia que coñezas, sexa do ámbito que sexa. Tanto desde computadora, tablet ou móbil, podes seleccionar o lugar, nomealo, fotografalo e apuntar unha serie de datos relacionados, de modo que se conserven os nomes, as maneiras de pronuncialos e foto do lugar. Tamén hai un caixón onde podes poñer o que creas convinte, como lendas do sitio, datos de interese, tradición oral, documentos…

 

Ademais dun menú completo e intuitivo, podes porte en contacto ca xente que hai detrás, mediante correo electrónico, que che soen responder pronto e ben. 

En definitiva, unha plataforma atractiva, sinxela e preparada para que unha persoa ou grupo se poña a investigar e compartir coñecementos. Ademais, conta cun espazo interesante, onde se colocan as fichas máis consultadas e os usuarios máis activos. Por que non porse mans á obra?

 

A miña experiencia comezou con topónimos de Louredo, sendo hoxe o pobo do concello de Cortegada (Ourense) máis “toponimizado”. E o que inda falta! Gracias ás opcións xa preparadas nas fichas de cada nome e o apoio dos especialistas, puiden ir limando e afinando os aportes. Por exemplo, con dúas ou catro fotos do lugar xa está perfecto; añadir o audio, ben pronunciado, deixa para estudio a inflexión de distintas voces e acentos; a caixa de observacións ben serve para añadir documentos onde se cite o lugar ou para reseñar contos e lendas;...

 

Eu miro un pouco máis alá do persoal e penso que épocas como as vacacións de verán ou Nadal, o regreso ós pobos en fin de semana, a ocasión de festas patronais e outros eventos, non darían para unha boa recollida? Eu imaxino interesados que precorren os mesmos lugares con novos ollos e van tomando nota de todo o necesario para encher as fichas de Galicia nomeada, deixando unha preciosa escolma patrimonial para o futuro. Os mesmos colexios poderían facerse eco desta iniciativa e argallar algunhas saídas para coñecer e “toponimizar” lugares, barrios ou poboacións. Imaxinades que cada curso se cubrise un lugar diferente? Non sería interesante atoparse cos maiores e gardar memoria escrita dos seus recordos? De paso, recoller os datos catastráis e ver se cadran cos nomes que lle dan os veciños ás terras. xa non vos digo nada se tiveran acceso ás vellas escrituras onde se dá conta de herencias, compras e vendas, xunto cas historias vencelladas.

 

Porque detrás dun topónimo recordado por un maior haivos moito por descubrir. Como pasa co monte do Cotroliño, Louredo, onde algúns dicían se non viría o nome polo dun paxaro (cotrola), mentres que os especialistas de Galicia nomeada miran máis alá dos parecidos fonéticos e tiran de etimoloxía para dicirnos que, sendo un nome ben curioso, designaría un lugar alto. Ou a riqueza de Pedradas, que fai alusión a unha fonte, á poza, un camiño e as terras dun determinado lugar. Tamén a curiosidade da Pena da Misa, que non está preto de igrexa ningunha ou o misterio do barrio da Torre, ca dúbida de se existíu alí algunha construción con esa forma, a historia do derrubado cruceiro da Alfarrapa, o contiño do demo no Tabolado, os recordos de baixar por Refexón co grau para moer ou a existencia dunha coviña inexplorada na Buratiña.

 

Posibilidades temos moitas, así que ogallá teñamos un bo grupiño de esforzados “toponimizadores” que recollan os nomes antes que cantos os recorden marchen ou se perdan as súas memorias.

 

---- 

 

PD: Aquí me vexo con Miguel Blanes (foto 1) e con Miguel e Avelino (foto 2) e co número da revista xa impreso e listo para publicitar... e haberá que ir pensando nunha nova entrega!

 



 

domingo, 9 de marzo de 2025

Pintadas a Nabia en 3 lugares preto de Louredo

Recupero varias fotos de 2023 para compartir unha serie coincidente de pintadas en 3 lugares preto de Louredo: onda a capela de santa Mariña, nunha caseta de auga no Alto da Sardiñeira e na estrada de baixada a Remuíño dende A Raíña, no depósito da traída. O estilo, grafía e simboloxía son coincidentes.

A elección de lugares non é casual: un fai referencia á santa Mariña, que para o antropólogo Rafael Quintía é un trasunto da deusa Nabia, e os outros dous son puntos relacionados con auga viva, como son instalacións da auga da traída. Como mera referencia a isto, a cada grupo de fotos acompañareille un recorte que as contextualice minimamente.

Non volvín por estes lugares. E o inicio de todo foi algo tan sinxelo como pedir fotos da romería da santa, á que non puidera eu acudir en persoa, unido á casualidade de cambiar un par de días o meu percorrido habitual: o do Alto da Sardiñeira porque quería ver se dende o medio do monte se vía Louredo (cousa que non conseguín daquelas) e o outro, por entrar no concello da Arnoia por una estreita estrada que usamos moitísimo cando eramos nenos.

Nabia na contorna da capela dedicada a santa Mariña de Soutelo

O lugar con máis pintadas, que inclúen como elemento distintivo a imaxe femenina debuxada. Os elementos pintados eran o monumento a cantos fixeron posible manter a festa, o palco de música e o espazo de cociña ó aire libre.

1. Dedicatoria ós mecenas da festa, á entrada do lugar, na parte posterior

 




2. Interior do palco da música

 



3. Interior da zona de cociña o día da festa

 


Recorte da Voz de Galicia (13 de xuño 2017), con referencia a Rafael Quintía, onde se reflexiona sobre a posibilidade de que a deusa precistiá Nabia pasase á actualidade como santa Mariña.

 

-Preme se queres ler o artigo completo-

Tríscele, flor e lúa no Alto da Sardiñeira






 

Recorte dun artigo de Rafa, do Outeiro, resumindo o papel e expresións da deusa Nabia, que non só se quedaría nos vales e ríos, senón que acadaría os altos, coma este da Sardiñeira, na encrucillada dos camiños a Zaparín, A Raíña, Piñón, Refoxos e Louredo.


- Preme para lectura completa e fotos-

Tríscele e nome de Nabia na estrada Piñón-A Raíña-Remuíño

 



Visibilidade máxima, xa que mira pa estrada (non será das máis percorridas, pero, oe) e non lonxe está o río Arnoia.


 

 - Preme para ler o artigo completo-