Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiro. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de marzo de 2024

Fotos do humilladoiro de san Benito marzo 2024

Unha seleción de fotos que saquei, aproveitando o paso pola festa de san Benito do inverno 2024. A primeira festa de primavera!

Primeiro, ollada xeral, logo, foto de cada lado e da pedra central dese lado, para ir descubrindo as inscricións. Cada lado ten a súa, pero non todas se logran ler. Remato con foto do tellado, interior. Pra facervos unha idea, dei a volta completa ó humilladeiro no sentido contrario ás agullas do reloxo.





Publiquei o 6 de novembro de 2022:

(Recortado, na ligazón tendes o texto completo e foto non reproducida aquí):

El Humilladoiro de san Benito do Rabiño es un elemento arquitectónico que pronto reconocemos. Es una pieza bien visible situada al final del pueblo, donde se abre un camino estrecho (transitable por coche, asfaltado) que sube cara A Telleira, Soutelo y Louredo, que empata con Granada y la carretera Celanova-Cortegada. Situada en zona de aparcamiento, las fiestas a san Benito supusieron que fuera visto por muchos, al ser celebradas en ese punto, colocándose allí puestos de comida y juguetes, además de la carpa de las orquestas. Cuantos bajamos andando hasta el lugar vimos cómo se transformó y pasó de tener los vanos tapiados por madera a estar como se contempla hoy: con rejas que dejan ver el interior en todo su esplendor. Por entonces se usaba como lugar de almacenamiento y venta de exvotos de cera.

Si atravesamos el diestro-cementerio y bajamos las escaleras delante del templo, veremos un cartel informativo. Ocupa el lugar que solía darle a una “rosquilleira” los días de fiesta. A ver qué nos cuenta: que el humilladoiro consiste en un templete barroco, del s. XVI, con cruceiro tallado por las dos caras, y que su nombre proviene de “milladoiro”, lugar donde peregrinos dejan una piedra como señal de devoción.

Respecto al nombre hay una alternativa más interesante, que nos ofrece Xoán Ibáñez Rodríguez. Este recoge dos acepciones del castellano, perfectamente traspasables al caso que nos ocupa. Una sacada de la edición de 1783 del diccionario de la Real Academia Española, otra del ‘Tesoro de la lengua castellana o española’, de Covarrubias. En ambas aparece la voz “Humilladero”, siendo la segunda la más concreta y descriptiva: “Cierta capillita sobre pilares y cubierta con techo, dentro de la cual está en medio, de ordinario, una cruz con la imagen de nuestro redentor puesto en ella – y díxose así por la devoción que tienen todos los fieles de humillarse passando por delante de este devot lugar, comúnmente está en las entradas o salidas de los lugares al camino real o trillado”.

 





Recorte do que publiquei o 12 de marzo de 2022:

Ideas desde o artigo 'O humilladoiro de san Bieito do Rabiño (Cortegada-Ourense) e os petos de ánimas que del se benefician', escrito por Xoán Ibáñez Rodríguez. Lido gracias a Fernando Avila.

Nada máis comezar vai establecer a diferenza entre milladoiro e humilladoiro, deixando claro que este ten entidade de seu e non precisa ser relacionado con aquel. Por que quere comezar así? Porque na entrada pa igrexa, conforme se sobe desde Cortegada, hai un cartel que di que milladoiro é orixe de humilladoiro. 

Gracias á definición que descobre o autor, xa podemos decir que non, ou que non necesariamente. Tal como vos adiantaba aí atrás, o do Rabiño tamén foi coñecido como san Benito da Arnoia. Lemos: De vello, o templo coñecíase como san Bieito de Arnoia, por estar inxerido na comarca da Arnoia Baixa, onde o río deste nome se achega ó Miño. Recorda que foi un importante priorado dependente de Celanova e que Cortegada era anexo. Nós podíamos aumentar, dicindo que san Xoán de Louredo tamén o foi. 

A igrexa é barroca, con nave central e dúas capelas laterais, de cruz latina. Na fachada amosa a data de 1862 (inda que unhas liñas despois di que pon 1861), mais a campá pequeña custodia a de 1612. Rabiño non é diminutivo, senón contración, co significado de "por riba do Miño". A continuación, comeza a investigación sobre o humilladoiro, do cal non sabemos data, pero atrévese don Xoán a decir que ben pode ser da segunda metade do s.XIX. Situado a uns 50 metros da igrexa, fóra do adro, parece situar o fin do pobo. É de planta cuadrangular, duns 6 metros de lado. As columnas, con arcos de medio punto, deixan ver polos catro lados o cruceiro interior. Está cuberto, cun precioso traballo interior de nervios e medallóns pétreos. 

Moitos inda lembramos como estaba antes de que restaurasen o monumento e o deixasen tan ben como agora se desfruta. Antes, catro paredes de madeira pechaban o cruceiro e creo que só se abría una os días de festa, dispondo alí dun lugar onde comprar exvotos de cera. 

 



Unha interesante ficha podemos consultala e ampliala AQUÍ.






sábado, 13 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño IV

 San Benito do inverno 2021, O Rabiño IV

Investigando nas campás de san Benito
co sr. sacristán e o autor do artigo

atrás escribía que o mundo académico era realidade aparte, e non era por mal, senón porque iba atopando referencias, pero na Rede pouco tiñamos con fundamento e amplitude. Botaba de menos un artigo con calma e monográfico sobre o santuario. Daquela estaba rastrexando que ofrecían as redes, pero aí pouco podíamos recoller. Nalgunhas páxinas web si atopamos datos suficientes para facernos una idea. Así que hoxe dou un pasiño e compártovos una sinxela síntese dun artigo publicado en papel. Por aquello de ampliar miras e comezar a filtrar estudios nas redes sobre O Rabiño. Trátase de 'O humilladoiro de san Bieito do Rabiño (Cortegada-Ourense) e os petos de ánimas que del se benefician', escrito por Xoán Ibáñez Rodríguez.

 

Nada máis comezar vai establecer a diferenza entre milladoiro e humilladoiro, deixando claro que este ten entidade de seu e non precisa ser relacionado con aquel. Por que quere comezar así? Porque na entrada pa igrexa, conforme se sobe desde Cortegada, hai un cartel que di que milladoiro é orixe de humilladoiro. Gracias á definición que descobre o autor, xa podemos decir que non, ou que non necesariamente. Tal como vos adiantaba aí atrás, o do Rabiño tamén foi coñecido como san Benito da Arnoia. Lemos: De vello, o templo coñecíase como san Bieito de Arnoia, por estar inxerido na comarca da Arnoia Baixa, onde o río deste nome se achega ó Miño. Recorda que foi un importante priorado dependente de Celanova e que Cortegada era anexo. Nós podíamos aumentar, dicindo que san Xoán de Louredo tamén o foi. A igrexa é barroca, con nave central e dúas capelas laterais, de cruz latina. Na fachada amosa a data de 1862 (inda que unhas liñas despois di que pon 1861), mais a campá pequeña custodia a de 1612. Rabiño non é diminutivo, senón contración, co significado de "por riba do Miño". 

 

A continuación, comeza a investigación sobre o humilladoiro, do cal non sabemos data, pero atrévese don Xoán a decir que ben pode ser da segunda metade do s.XIX. Situado a uns 50 metros da igrexa, fóra do adro, parece situar o fin do pobo. É de planta cuadrangular, duns 6 metros de lado. As columnas, con arcos de medio punto, deixan ver polos catro lados o cruceiro interior. Está cuberto, cun precioso traballo interior de nervios e medallóns pétreos. Moitos inda lembramos como estaba antes de que restaurasen o monumento e o deixasen tan ben como agora se desfruta. Antes, catro paredes de madeira pechaban o cruceiro e creo que só se abría una os días de festa, dispondo alí dun lugar onde comprar exvotos de cera. O autor continúa ca descrición do cruceiro e as imaxes, aportando varias fotografías ben evocadoras, e preguntándose se terá alguna relación cunha construcción semellante na Cañiza, o santo Cristo de Miranda, en Valeixe

 
 

A continuación, dá conta dos dous petos cos que se atopou, un deles xa debidamente documentado, mentres que do outro non sabía. Remata con varios agradecementos, entre os que e contan a don José Ramón Villar, ó sacristán don Rafael e a min mesmo, que me cadrou estar alí. O tema do humilladoiro xa vedes que ben daba para unha seguinte investigación. Preguntar se os maiores recordan como estaba antes, dende cando estaba tapiado, se se relaciona con alguna práctica piadosa, ver se houbese quen o fotografase con boa calidade e buscar a maneira de revisar o lateral do tellado, pois na pedra que sobresae, baixo as tellas, quedan restos de escritura tallada na pedra (letanías?, pregúntome, pois nunha ocasión pareceume ler "ruega por nos"). 

Como non, á vista desta aportación culta, queda tamén pedirlle ó concello que revise e cambie o texto do cartel; se non é agora, cando lle toque cambialo por un novo. 

 

 

Como complemento, uns recortes de cando fun investigando sobre os humilladoiros e unhas fotos que tirei do de san Benito do Rabiño. Respecto das xa publicadas, a primeira foto e o texto pertencen ó artigo de don Xoán. O resto saqueinas eu.




         

 

jueves, 4 de junio de 2020

Tres cruceiros no Val, Gomesende

Tres cruceiros no Val, Gomesende

Un paseo familiar foi a oportunidade de redescubrir os arredores do santuario da Nosa Señora
Descrición do Val, documentación do concello
do Val, no concello de Gomesende. Un lugar calmo e elevado, que permitíu o disfrute dun atardecer de foto, mentres as conversas recordaban memorias de neno e o asombro atraía cara tres construccións devocionais, propias da nosa terra, como son os tres cruceiros do Val. O visto e oído foron acicate para desexar volver pronto e, a poder ser, con máis calma e alguén que coñeza o lugar, de modo que poidamos saber e compartir máis del. A corrente xa flúe, gracias a sinxelos, mais preciados aportes no grupo de Facebook "Eu estiven en Gomesende", que agradezo de corazón. Ogallá que os cercanos vaiades pola zona e nos contedes máis sobre ela e o que alí acontecía. Tamén queda pendente unha visita que revise un arco máis amplo de terreo, descubrindo cruces (como a da fonte do merendero), rebuscando se hai máis cruceiros, as minas, máis a fotografía do palco da música e do reloxio de sol do santuario, pois hai grupos en Facebook que se enriquecerían con tales aportacións.

O cruceiro diante do santuario

Cruceiro diante do santuario do Val, Gomesende, foto de 2020, falta a cruz na cima, hai unha placa metálica de donación e texto na pedra da base
Cando me baixei do coche algo me chamou a atención. Mellor dito, a falta dalgo. Pa min que da outra vez que viñera por aquí había algo máis... e si, resulta que si, había, pero xa non estaba: a cruz, con crucificado, no cruceiro de diante do santuario da Virxe. As fotos que sacara en 2016, unidos a outras fontes, como as mesmas fotos conservadas na magnífica páxina de Fernando Ávila, Cruceiros de Galicia, daban fe da falta: entre 2016 e 2019 desapareceu a cruz que coroa o cruceiro.

A extrañeza deu lugar a unha revisión rápida ó resto do monumento: seguía no seu sitio unha plaquiña que reza que o cruceiro foi doazón da Deputación de Ourense a Gomesende... pero, debaixo da placa metálica, datada en 1991, no pé do cruceiro, algo sobresaía. eran letras, estaban en todas ou case todas as caras da pedra cadrada. E xusto debaixo da placa do 91 líase, en altorrelevo, algo que eu interpreto como "Pagolo don Ramon D C". Corroboraría o escrito na pedra co escrito na placa? De onde veu ou se confeccionou o cruceiro? Onde está a cruz, con crucificado, mais sen imaxe da Virxe detrás, que falta?

Cartel informativo no Val, Gomesende, diante do santuario
O cruceiro segue, ben conservado o pé, o varal e o capitel, montado sobre o que semella un altar de pedra. Agora sintoniza co santuario, que está sen rematar, inda que é perfectamente funcional. Un envellecido cartel informactivo di que as obras quedaron sen rematar por un fallo de cálculo nos muros exteriores, onde debería situarse a nave do templo, dende a fachada ata o presbiterio. Actualmente, alí está o pequeno cemiterio. Estaba pechado e non entramos, pero paga a pena rodear a igrexa, admirando o construído, botando un ollo ós seus cumios, descubrindo o Via Crucis tallado na pedra e hipotetizando se o círculo pétreo dunha esquina foi reloxio de sol e sempre estivo alí. Semella orientado cara o nacente.

Este ano non houbo festa no santuario, como é costume cada 3 de maio. Unha nota sobre tal festa en Guía para visitar los Santuarios marianos de Galicia, Juan José Cebrián Franco, 1989, chamoume a atención, xa que puña a festa o 25 de marzo. Tal dato foi confirmado e aumentado, gracias a dous usuarios do grupo de Gomesende en Facebook: antigamente, ese era o día da festa, posteriormente foi o día que se levaba a imaxe da Virxe dende unha capela para o santuario. Co tempo, as festas foron tres: 25 de marzo, 3 de maio e 7 de outubro. Nestes últimos anos, a importante, quedou po 3 de maio, día da santa Cruz.

Cruceiro diante do santuario do Val 2016-2020, vese que ten a cruz no 2016, pero desapareceu antes do 2020

O cruceiro ó lado da pousada

Detalles do cruceiro situado onda a pousada do Val, Gomesende
O cartel informativo diante do santuario dá noticia dunha pousada de peregrinos situada preto. Unha casona que as silvas e hedras van ocultando, na que nin intentamos entrar desta vez, que conserva a súa contida maxestuosidade, amén dunha cartela petro dunha porta, á que se accede por unha escaleira. Mirando cara a casa, o cruceiro está á dereita e ten moito xeito, ademais de ser o máis curioso que teño visto.

A cruz, cuns preciosos remates que se abren como flores, non sostén un crucificado! No canto del, dous anxiños, alongados cada un nun brazo horizontal da cruz, sosteñen unha coroa, situándoa sobre un sinxelo corazón. Polo reverso non hai imaxes. Si atopamos unha pequeniña virxe co neno no varal, ó lado... doutro anxo? Imaxe que semella mirar cara o santuario, quedando a medio camiño do varal, pero de lado, sen chegar a estar no reverso. Un pouco máis abaixo, enriba do pé, atopamos o símbolo de María, cas letras maiúsculas M e A fusionadas, ademais do baixorrelevo dunha cruz sobre un montículo. O reverso do fuste atesoura, nas partes superior e inferior, outras letras, visibles, pero que o sol do luscofusco nos iba cegando.

Vista desde a estrada da pousada e o cruceiro no seu lateral

Dinme os maiores que pola zona onde se sitúa a pousada era onde se celebraba a feira de tódolos meses, o día 28. Unha feira que eles inda acordan e que na prensa antiga se pode documentar. Máis dunha vez iban desde Louredo, saíndo a primeira hora da mañá ou cara o mediodía, chegando a ela sobre a hora de comer. Tamén comentan que había quen dicía que por alí se cometera algún asalto con morte, quizás un roubo a algún tratante ou acaudalado camiñante. Este dato dos peregrinos téñoo pendente de contrastar co que van publicando en Facebook as xentes promotoras do Camiño Miñoto a Santiago.

O cruceiro no alto do Val

Cruceiro no alto do Val, Gomesende, ata onde se vai en procesión o día da festa. Ollo á base troncocónica, con dúas marcas que a fan parecer parte dun lagar ou muíño

Antes que a luz marchase, e un pouco por recordos vagos, fomos tirando por un camiño de terra, a ver se dabamos cun cruceiro ata onde van os fregueses en procesión o día da festa. Pronto chegamos ó cruceiro, nun altiño do monte. Dábame a impresión de ser unha construcción onde partes de diferentes confeccións acabaran xuntas. Ou sería o paso do tempo quen lle afectou e deslucíu o conxunto? Dígoo porque a base, troncocónica, dispuxa de dúas marcas que nos recordaron a un vello lagar ou unha pedra dalgún tipo de muíño. E o empate do fuste ca cruz, sen capitel, non coincidía, coma se a cruz fose unha cruz alzada que se aproveitou para colocar alí enriba. O conxunto está formado por unha base alongada de pedra, a "pedra de muíño", un varal e a cruz.




Recortes de prensa e libros relacionados co lugar

Recortados desde Galiciana, consultas maio-xuño de 2020.






Diario de Galicia, periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general  Num. 568 (21-10-1910). Mitin católico no Val.












El Diario de Galicia,  periódico católico e independiente Ano VII Número 1981 - 1897 novembro 26. Roubo no santuario do Val.










El heraldo gallego,  semanario de ciencias, artes y literatura  Ano I Número 44 - 5 novembro 1874. Minas de estaño do Val.













Guía para visitar los Santuarios marianos de Galicia, Juan José Cebrián Franco, 1989. Festas no Val.








La Lealtad gallega, periódico tradicionalista de Pontevedra  órgano del partido carlista de la provincia. Ano I Número 97 - 9 maio 1895. Festa o 3 de maio e revoltas entre mozos de diferentes pobos: Louredo, Refoxos...








Toponimia de Galicia, de  Fernando Cabeza Quiles.

jueves, 2 de abril de 2020

Dous retos culturais para un tempo de confinamento

Seguimos en confinamento pola Covid-19 e seguro que fomos recibindo máis dun reto ou proposta para aproveitar o tempo en casa. Eu non son de seguilos, pero si que respondín a dúas chamadas moi concretas, que ben equivalen a dous retos. Compártovolas, por se ti tamén te animas e deixas unha pegada na cultura galega, tan necesitada de coñecemento e expansión. 

Nesta época de información e creación de contidos, hai dous espacios nos que, de maneira sinxela, podemos aportar unha liña á nosa historia. Porque non, nin está todo escrito nin en Internet está todo. Ademais, son dous campos nos que os aportes poden ser de cutura xeral ou comentados con profundidade. É dicir, podemos participar co moito ou pouco que saibamos e que  atopemos. Haberá que aproveitar a publicidade que estes días chega de tantas plataformas onde a cultura se nos pon ó alcance dun clic e de maneira gratuíta, non si? Ademais, este tempo no que sentimos máis cerca ós que temos lonxe podemos aproveitalo en preguntar e escoitar historias que nos reconecten cas nosas raíces, facendo resume delas despois e partillándoas co resto do mundo. Imos ver dúas formas sinxelas, efectivas e con pegada para o futuro.


A primeira fai referencia ós topónimos da nosa terra. Inda é hoxe que se seguen a recoller e estudiar, pois tense conciencia de que falta moito terreo por descubrir. Con esa perspectiva nace Galicia Nomeada, un potente proxecto onde podemos descubrir e aportar topónimos galegos. Hai dúas vías complementarias para facelo: vía en liña ou por aplicación para móbil. E digo complementarias, porque a experiencia e a recomendación dalgún dos responsables suxire o uso conxunto. Co móbil: sacar fotos, apuntar o topónimo e clasificalo, gravarnos a nós ou outros pronunciando claramente o mesmo, gardar o borrador e ir a por outro. Dende a páxina web: aportar máis documentación, historias ou datos sobre o borrador, delimitar o topónimo a un edificio ou lugar, recoller bibliografía ou outras páxinas na que apareza e, finalmente, enviar o borrador con tódolos datos que poidamos.

Para comezar a usar esta ferramenta só temos que ir á web ou buscar a app e rexistrarnos. Mandarannos un correo para rematar o proceso e un manual de uso. Lédeo con calma, que é breve e moi explicativo. Logo te fas con el. A continuación, comezar cun topónimo, xeolocalizándoo, estando no lugar ou buscándoo no mapa inicial. Explora con calma as diferentes opcións de clasificación e garda todo como borrador. Esto axudarache en dous campos: poder modificar todo con calma e non recibir tantos correos. Porque si, con cada aportación ou modificación recibiremos un correo electrónico, así que, mellor, escribir e gardar como borrador para que, cando estemos seguros, envialo. Desde a web sempre poderás volver buscalo e ampliar ou modificar información.

 Podes facer fotos no lugar ou subilas desde a carpeta onde as teñas, tanto de móbil como de pc. Tamén podes gravar a pronunciación ou escribila foneticamente. Para aportar vídeos terás que subilos a algunha plataforma e, no cadro de escribir, dentro da ficha de cada topónimo, compartir unha ligazón. Este cadro para escribir é ben importante, porque podes convertilo nunha ficha descriptiva ampla, cas túas palabras e con ligazóns. Por exemplo, nestes días eu uso varias páxinas diferentes para aportar información a maiores. Non só tiro dos meus álbumes de fotos de Facebook e Flickr, senón que busquei o álbum do usuario Rafaeliux e o PXOM do concello de Cortegada. As fontes poderían ampliarse, pois san Xoán de Louredo ten presenza en Facebook e Instagram, ademais de aparecer nalgunha que outra bitácora. A idea é que uses ese cadro de escritura, na ficha de Galicia Nomeada, para pegar esas ligazóns. No cadro podes expresarte para describir ou descubrir o topónimo e calquera nota de interese. Por exemplo, onte fixen un descubrimento en Internet Archive, cando vin varios audios das campás de Cortegada. Pois ben, hoxe, cando abra sesión en Galicia Nomeada, irei á ficha da igrexa de santa María de Cortegada, Ourense, e deixarei constancia desa ligazón no cadro de descripción.

O segundo reto cultural fai referencia a un elemento que seguro temos moi visto, inda que non mellor valorado. Trátase dos cruceiros que, como os topónimos, non están debidamente recollidos e coñecidos na súa ampla distribución polo noso territorio. En concreto, podemos facer dúas cousas, en orde a completar a información que hai sobre elas e actualizar o catálogo que move Fernando Ávila. Dúas vías se abren neste caso para que poidamos participar, aportar e sacar da escura ignorancia ós usuarios interesados.


En primeiro lugar, coñecendo a páxina Cruceiros de Galicia, onde veremos que podemos localizar os cruceiros, pero tamén podemos dar a coñecer os que faltan. E non só de Galicia! Non deixedes de furgar pola web adiante, porque terás un amplo catálogo de construccións e unha biblioteca dixital moi interesante. E iso é o principio! Usa os comentarios para ampliar información e as canles de comunicación co administrador para dar noticia dos que falten.

Tamén os podes compartir, participando no grupo de Facebook, onde se rexistran novos aportes a diario, xa sexa en forma de fotos vellas ou actuais, xa como documentos onde se rexistraron cruceiros, sen esquecer cadros ou películas onde aparecen. Actualmente, o administrador está a realizar unha interesante labor, ca que conta con nós: localizar o PXOM dun concello, copiar a ligazón e o número ou código dos cruceiros, e porlle os datos na caixa de comentarios da súa web. Abrimos os PXOM, por exemplo, usando SIOTUGA, abrimos a web de Cruceiros de Galicia e, en cada ficha, comentamos o que atopamos, xunto ca ligazón á páxina que nos interese do PXOM. Como non, esto é un aporte concreto que se pode enriquecer co que nós saibamos ou con outras ligazóns. Se se refiren a cruceiros concretos imos copiando esas informacións en forma de comentario a cada un deles, se é información xeral, podemos enviarlla ó administrador para que a colgue na sección de biblioteca.

Corren bos tempos para estes dous retos culturais, non si? E ti, xa compartiches o que sabes?

viernes, 16 de agosto de 2019

Cruz e cruceiro en san Sebastián, Rebordechán, Pontevedra

Un paseo vespertino pola zona ca familia (Graciñas, Rafa!) descubriume a capela de san Sebastián, en Rebordechán, a un paso de Filgueira e o río Miño, sempre na provincia de Pontevedra. Un cómodo aceso e amplia zona de aparcamento, permitiron acercarnos en coche e patear con calma o recuncho. Esto daría pé ás visitas a unha cruz, un cruceiro na cima dun castro e á propia capela.

Quizás sexa esta a que se menta nunha carta publicada no boletín do bispado de Tuy (Tomo XI Año XXI Número 517 - 1879 junio 27). Nela, o párroco da zona dá conta da erección dunha nova capela, da traslación de tres imaxes (san Sebastián, san Roque e a Virxe do Carme) para que moren nela e da primeira Misa solemne alí rezada. O párroco de Rebordechán agradece o esforzo dos poucos veciños, loa a súa fe e dá conta do mal momento económico e agrícola polo que pasa a contorna.


 

Pois ben, no mesmo camiño de entrada cara ela temos unha cruz cunha inscripción ó pé. Nela distinguimos o ano de erección, 1822, así que estaría alí antes ca propia capela, supondo que se levantou e pronto se deu culto nela.



Se collemos cara o monte, nese alto tras da capela, entramos no castro de Cotofurado. Está cuberto de árbores, coma piñeiros, e o chan esvara, debido á grande cantidade de frouma caída. Pedras ó aire permiten un paso seguro por tódolos lados, inda que con ollo. O paseo ten que ser calmo para poder adiviñar formas que desvelen a presencia do castro, non perceptible á primeira vista dun profano.

O que si pronto chama a atención é o cruceiro que coroa o lugar. Non só pola forma angular que desvela a súa presencia ó lonxe, senón pola pedra onde o chantaron. Actualmente, unha elevaciónque semella facer equilibrio. Como se no pasado fose unha pedra firme que o tempo partíu á metade, quedando o cruceiro nunha das partes, perfectamente levantado e ileso.




Non se aprecian marcas nin inscripcións. Tampouco hai sinais indicativos na zona, respecto a este cruceiro.





 

martes, 4 de junio de 2019

Cruceiro de Os Liñares, Beariz

É unha alegría poder seguir participando ca aportación de novos cruceiros galegos, inda que só sexa pondo a foto e o lugar onde se atopan. Este, no pequeno pobo de Os Liñares, do concello de Beariz, é un deses descubrimentos.

Situado no fondo do pobo, pretiño das casas, pegado a un lavadoiro público, é o lugar onde a procesión da festa de santa Rita dá a volta. O día da festa, tal como podedes ler nesta crónica, a xente sae en procesión dende a capela ata o cruceiro. Aquí dá a volta e inicia a subida cara a capela. Alí darán unha volta en torno á igrexiña e esperarán na porta para pasar debaixo das andas da santa e para postular por elas e metela no templo. 

A súa localización podemos atopala pronto mediante este visor da Xunta, que nos dá as coordenadas: 560813.87 4706041.61 para el.

De onde ven o nome do pobo? Da tremenda influencia que tivo o liño e os seus traballos na zona. Así nos introduce a eles  Xesús Antonio Gulías Lamas nun artigo recollido na web do concello de Beariz.






Tamén a Rede nos ofrece esta información sobre Os Liñares e o seu cruceiro, inda que, respecto deste, hai algo curioso. No varal, a día de hoxe (as fotos son do pasado mes de maio) non se observa esa santa Rita que di o artigo. Máis parece un Santiago andarín, en acto de peregrinación. A falta doutra documentación, aquí vos comparto a captura de pantalla, a fonte e as dúas fotos que lle tirei ó santo barbudo do fuste.


Captura de pantalla onde se fala do cruceiro de Os Liñares
Fonte: http://www.webterrademontes.com/CruceirosBearizA.htm



Vamos ver o lugar onde se levanta, con algúns detalles de preto e algunha instantánea da procesión, que se corresponde ca da santa Rita 2019










A festa da santa Rita, con datos da capela de Os Liñares, AQUÍ.