martes, 4 de junio de 2019

Cruceiro de Os Liñares, Beariz

É unha alegría poder seguir participando ca aportación de novos cruceiros galegos, inda que só sexa pondo a foto e o lugar onde se atopan. Este, no pequeno pobo de Os Liñares, do concello de Beariz, é un deses descubrimentos.

Situado no fondo do pobo, pretiño das casas, pegado a un lavadoiro público, é o lugar onde a procesión da festa de santa Rita dá a volta. O día da festa, tal como podedes ler nesta crónica, a xente sae en procesión dende a capela ata o cruceiro. Aquí dá a volta e inicia a subida cara a capela. Alí darán unha volta en torno á igrexiña e esperarán na porta para pasar debaixo das andas da santa e para postular por elas e metela no templo. 

A súa localización podemos atopala pronto mediante este visor da Xunta, que nos dá as coordenadas: 560813.87 4706041.61 para el.

De onde ven o nome do pobo? Da tremenda influencia que tivo o liño e os seus traballos na zona. Así nos introduce a eles  Xesús Antonio Gulías Lamas nun artigo recollido na web do concello de Beariz.






Tamén a Rede nos ofrece esta información sobre Os Liñares e o seu cruceiro, inda que, respecto deste, hai algo curioso. No varal, a día de hoxe (as fotos son do pasado mes de maio) non se observa esa santa Rita que di o artigo. Máis parece un Santiago andarín, en acto de peregrinación. A falta doutra documentación, aquí vos comparto a captura de pantalla, a fonte e as dúas fotos que lle tirei ó santo barbudo do fuste.


Captura de pantalla onde se fala do cruceiro de Os Liñares
Fonte: http://www.webterrademontes.com/CruceirosBearizA.htm



Vamos ver o lugar onde se levanta, con algúns detalles de preto e algunha instantánea da procesión, que se corresponde ca da santa Rita 2019










A festa da santa Rita, con datos da capela de Os Liñares, AQUÍ.

2 comentarios: