Tres cruceiros no Val, Gomesende
Un paseo familiar foi a oportunidade de redescubrir os arredores do santuario da Nosa Señora
do Val, no concello de Gomesende. Un lugar calmo e elevado, que permitíu o disfrute dun atardecer de foto, mentres as conversas recordaban memorias de neno e o asombro atraía cara tres construccións devocionais, propias da nosa terra, como son os tres cruceiros do Val. O visto e oído foron acicate para desexar volver pronto e, a poder ser, con máis calma e alguén que coñeza o lugar, de modo que poidamos saber e compartir máis del. A corrente xa flúe, gracias a sinxelos, mais preciados aportes no grupo de Facebook "Eu estiven en Gomesende", que agradezo de corazón. Ogallá que os cercanos vaiades pola zona e nos contedes máis sobre ela e o que alí acontecía. Tamén queda pendente unha visita que revise un arco máis amplo de terreo, descubrindo cruces (como a da fonte do merendero), rebuscando se hai máis cruceiros, as minas, máis a fotografía do palco da música e do reloxio de sol do santuario, pois hai grupos en Facebook que se enriquecerían con tales aportacións.
do Val, no concello de Gomesende. Un lugar calmo e elevado, que permitíu o disfrute dun atardecer de foto, mentres as conversas recordaban memorias de neno e o asombro atraía cara tres construccións devocionais, propias da nosa terra, como son os tres cruceiros do Val. O visto e oído foron acicate para desexar volver pronto e, a poder ser, con máis calma e alguén que coñeza o lugar, de modo que poidamos saber e compartir máis del. A corrente xa flúe, gracias a sinxelos, mais preciados aportes no grupo de Facebook "Eu estiven en Gomesende", que agradezo de corazón. Ogallá que os cercanos vaiades pola zona e nos contedes máis sobre ela e o que alí acontecía. Tamén queda pendente unha visita que revise un arco máis amplo de terreo, descubrindo cruces (como a da fonte do merendero), rebuscando se hai máis cruceiros, as minas, máis a fotografía do palco da música e do reloxio de sol do santuario, pois hai grupos en Facebook que se enriquecerían con tales aportacións.
O cruceiro diante do santuario
Cando me baixei do coche algo me chamou a atención. Mellor dito, a falta dalgo. Pa min que da outra vez que viñera por aquí había algo máis... e si, resulta que si, había, pero xa non estaba: a cruz, con crucificado, no cruceiro de diante do santuario da Virxe. As fotos que sacara en 2016, unidos a outras fontes, como as mesmas fotos conservadas na magnífica páxina de Fernando Ávila, Cruceiros de Galicia, daban fe da falta: entre 2016 e 2019 desapareceu a cruz que coroa o cruceiro.
A extrañeza deu lugar a unha revisión rápida ó resto do monumento: seguía no seu sitio unha plaquiña que reza que o cruceiro foi doazón da Deputación de Ourense a Gomesende... pero, debaixo da placa metálica, datada en 1991, no pé do cruceiro, algo sobresaía. eran letras, estaban en todas ou case todas as caras da pedra cadrada. E xusto debaixo da placa do 91 líase, en altorrelevo, algo que eu interpreto como "Pagolo don Ramon D C". Corroboraría o escrito na pedra co escrito na placa? De onde veu ou se confeccionou o cruceiro? Onde está a cruz, con crucificado, mais sen imaxe da Virxe detrás, que falta?
O cruceiro segue, ben conservado o pé, o varal e o capitel, montado sobre o que semella un altar de pedra. Agora sintoniza co santuario, que está sen rematar, inda que é perfectamente funcional. Un envellecido cartel informactivo di que as obras quedaron sen rematar por un fallo de cálculo nos muros exteriores, onde debería situarse a nave do templo, dende a fachada ata o presbiterio. Actualmente, alí está o pequeno cemiterio. Estaba pechado e non entramos, pero paga a pena rodear a igrexa, admirando o construído, botando un ollo ós seus cumios, descubrindo o Via Crucis tallado na pedra e hipotetizando se o círculo pétreo dunha esquina foi reloxio de sol e sempre estivo alí. Semella orientado cara o nacente.
Este ano non houbo festa no santuario, como é costume cada 3 de maio. Unha nota sobre tal festa en Guía para visitar los Santuarios marianos de Galicia, Juan José Cebrián Franco, 1989, chamoume a atención, xa que puña a festa o 25 de marzo. Tal dato foi confirmado e aumentado, gracias a dous usuarios do grupo de Gomesende en Facebook: antigamente, ese era o día da festa, posteriormente foi o día que se levaba a imaxe da Virxe dende unha capela para o santuario. Co tempo, as festas foron tres: 25 de marzo, 3 de maio e 7 de outubro. Nestes últimos anos, a importante, quedou po 3 de maio, día da santa Cruz.
O cruceiro ó lado da pousada
O cartel informativo diante do santuario dá noticia dunha pousada de peregrinos situada preto. Unha casona que as silvas e hedras van ocultando, na que nin intentamos entrar desta vez, que conserva a súa contida maxestuosidade, amén dunha cartela petro dunha porta, á que se accede por unha escaleira. Mirando cara a casa, o cruceiro está á dereita e ten moito xeito, ademais de ser o máis curioso que teño visto.
A cruz, cuns preciosos remates que se abren como flores, non sostén un crucificado! No canto del, dous anxiños, alongados cada un nun brazo horizontal da cruz, sosteñen unha coroa, situándoa sobre un sinxelo corazón. Polo reverso non hai imaxes. Si atopamos unha pequeniña virxe co neno no varal, ó lado... doutro anxo? Imaxe que semella mirar cara o santuario, quedando a medio camiño do varal, pero de lado, sen chegar a estar no reverso. Un pouco máis abaixo, enriba do pé, atopamos o símbolo de María, cas letras maiúsculas M e A fusionadas, ademais do baixorrelevo dunha cruz sobre un montículo. O reverso do fuste atesoura, nas partes superior e inferior, outras letras, visibles, pero que o sol do luscofusco nos iba cegando.
Dinme os maiores que pola zona onde se sitúa a pousada era onde se celebraba a feira de tódolos meses, o día 28. Unha feira que eles inda acordan e que na prensa antiga se pode documentar. Máis dunha vez iban desde Louredo, saíndo a primeira hora da mañá ou cara o mediodía, chegando a ela sobre a hora de comer. Tamén comentan que había quen dicía que por alí se cometera algún asalto con morte, quizás un roubo a algún tratante ou acaudalado camiñante. Este dato dos peregrinos téñoo pendente de contrastar co que van publicando en Facebook as xentes promotoras do Camiño Miñoto a Santiago.
O cruceiro no alto do Val
Antes que a luz marchase, e un pouco por recordos vagos, fomos tirando por un camiño de terra, a ver se dabamos cun cruceiro ata onde van os fregueses en procesión o día da festa. Pronto chegamos ó cruceiro, nun altiño do monte. Dábame a impresión de ser unha construcción onde partes de diferentes confeccións acabaran xuntas. Ou sería o paso do tempo quen lle afectou e deslucíu o conxunto? Dígoo porque a base, troncocónica, dispuxa de dúas marcas que nos recordaron a un vello lagar ou unha pedra dalgún tipo de muíño. E o empate do fuste ca cruz, sen capitel, non coincidía, coma se a cruz fose unha cruz alzada que se aproveitou para colocar alí enriba. O conxunto está formado por unha base alongada de pedra, a "pedra de muíño", un varal e a cruz.
El Diario de Galicia, periódico católico e independiente Ano VII Número 1981 - 1897 novembro 26. Roubo no santuario do Val.
El heraldo gallego, semanario de ciencias, artes y literatura Ano I Número 44 - 5 novembro 1874. Minas de estaño do Val.
Guía para visitar los Santuarios marianos de Galicia, Juan José Cebrián Franco, 1989. Festas no Val.
La Lealtad gallega, periódico tradicionalista de Pontevedra órgano del partido carlista de la provincia. Ano I Número 97 - 9 maio 1895. Festa o 3 de maio e revoltas entre mozos de diferentes pobos: Louredo, Refoxos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario