Primeiro día da novena a san Xoán 2020
Vamos
intentar facer a nosa particular peregrinación cultural relixiosa pola
novena ó santo patrono de Louredo, Cotegada. Porque estamos acostumados a
escoitar a novena, a cantar o himno, seguramente teñamos mil historias
relacionadas con esta novena e festa, pero este ano veremos de coñecela
en profundidade, redescubríndoa, invetigando se é tan única como nos
parece e aproveitando para compartir recordos e curiosidades. Tódalas
búsquedas están recén realizadas, antes de escribir cada entrada, de
modo que contemos cos datos máis recentes. En internet hai un continuo
cambio e pode pasar, como pasa, que un ano atopemos pouco e un ano
despois poidamos disfrutar de máis contidos. Inda que non é a primeira
vez que pasa ó contrario: tes unha páxina fichada e, despois dun tempo,
resulta que desapareceu. Por eso, vou ir pasando a escrito varios
descubrimentos e lembranzas, de modo que lle poñamos marcos e portas ó
olvido, por efímeras que poidan ser. Comecemos a nosa particular investigación.
Hoxe comeza a novena a san Xoán en Louredo
Esta tarde, ás 20.30 h, na igrexa parroquial de Louredo,
arciprestado de Ribadavia, dará inicio a novena en honor a san Xoán
bautista, patrono parroquial. Se é coma tódolos anos, primeiro celébrase
a Misa, presidida por don José Ramón, sucesor de don Delmiro, que o foi
de don Esteban. A continuación, o rezo da novena, dirixido por Manolo,
sacristán e director do coro de Louredo.
Sabedes
dalgunha novena que sexa como a nosa? Porque a min non me sona, nin
atopei ningunha copia na librería relixiosa Betel. Habería que buscar en
vellos estantes, a ver se queda algunha copia, porque a da igrexa
estaba caendo a anacos. Por eso, a mestra Nicasia fixo unha fotocopia,
que é a que se usa hoxe. Nesa fotocopia hai anotacións a man de quen
esto escribe e que serven de guía para usar ben as follas. Volve quedar
pendente unha transcripción con letra grande, de modo que se a dirixe
unha persoa con dificultades visuales non sufra nin force a vista. este
ano, de modo experimental, realicei un primeiro escrito,
que está agora na casa dunha familia de Louredo. Queda pendente a
posibilidade de imprimir un libriño ca novena, de modo que todos os
veciños e fieis teñan unha copia. Porque a xente ten o libriño da novena
a san Benito e moitos teñen a da santa Mariña, mais falta a do propio
patrono, o san Xoán, que no pobo lle dicimos "o san Juan".
Podemos seguir o rezo da novena por internet?
Pois de momento non, xa quen non hai constancia de que vaian emitila en
directo ou realizar gravacións que despois colguen. E o texto tampouco o
temos colgado... Ou si? Pois case, case, xa que parte do rezo está
disponible nun álbum persoal de Facebook.
Uns aportes que hoxe van ser enriquecidos cunha foto que aquí poderemos
disfrutar: a da oración propia deste primeiro día. De todas maneiras,
quedan inda por publicar todas as oracións comúns.
Como
segunda posibilidade temos un curioso descubrimento, que non é deste
ano: unha copia consultable e descargable, en pdf, desde a Biblioteca
Nacional de Uruguay. Unha novena que iremos coñecendo este ano e que
resulta anterior á da copia que temos en Louredo. Concretamente, a
conservada en Uruguay é do 1842, mentres que a nosa é de 1889. Da
primeira sabemos que foi impresa en Pamplona, sendo impresa en
montevideo por un devoto. A de Louredo estaba impresa en Valladolid. En
ambos casos temos un detalle curioso: dinnos que foi escrita por un
devoto, pero este non deixou o seu nome para a posteridade; un aviso
dinos que conta con licencia (eclesiástica), pero non deixan constancia
de quen foi o censor nin o bispo que lle deron o "visto bo". Poño aquí a
foto, para que vexades como son a mesma oración e que ata a numeración é
a mesma.
Pendente
queda saber dun texto conservado en Alcalá e que atopamos no catálogo
da Biblioteca Nacional. É de 1865!, así que teriamos un texto intermedio
entre as datas do de Uruguay (impreso en Montevideo) e o noso (impreso
en Valladolid)
No hay comentarios:
Publicar un comentario