martes, 16 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VI

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VI

Hoxe vamos cunha coleción de recortes de documentos, estudios e mapas, para ver diferentes nomes que recibiu o que hoxe coñecemos como San Benito do Rabiño, finalizando cunha mirada cara A Arnoia e unha historia vella que relaciona ambos lugares.

O Rabiño, xunto con parroquias limítrofes, recibiu diferentes nomes e foi desexado por diversos señores, como quedou constancia nalgúns documentos. Así nos presentan parte da situación os autores do artigo publicado en MINIUS X, 2002, pp. 111-134, "A terra de Celanova na Idade Media".

A finais do s. XV non andaba a cousa mellor, como nos mostran ca introdución e transcripción dalgúns documentos no artigo de Rudesindus 5/2009. Páxinas 217-228, "Seis autos de recebemento de bens do mosteiro de Celanova de 1493".



Un vello mapa de 1603 recolle unha curiosa denominación, que despois veremos nun seguinte igual: S. Benito del R. (río) Arnoyo. O Instituto Geográfico Nacional danos varios datos, dos que escolmo estes:

Fecha: 1603 (1988)
Autor(es): Ioannes Baptista Vrints, aemulus studii geographiae ; D. Abrahami Ortelli, P.M. Cosmog. Regii, Excudit.
Lugar de publicación: Países Bajos 

Comprende el antiguo reino de Galicia. Aparece por primera vez en la segunda edición en español del "Theatrum Orbis Terrarum" de Abraham Ortelius, publicada en 1603 y cuya primera edición data de 1570. Esta edición fascsímil fue publicada por el Instituto Geográfico Nacional en 1988. Toponimia en castellano. Rotulación en letra romanilla e itálica. El original datado durante el reinado de Felipe II (1598-1621).


Tal curiosa denominación volverá repetirse noutro mapa, esta vez de 1696. Extracto os datos, que na páxina do IGN poderedes ver en completa edición. 

Fecha: 1696 
Autor(es): descritto da Giacomo Cantelli da Vignola, Geógrafo ; A. Barbey sc.
Lugar de publicación: España
 

Comprende el reino de Galicia. Pertenece a una de las ediciones del atlas "Mercurio Geográfico". El mapa se incluye en la cuarta edición, la más famosa, producida por Domenico de Rossi, acompañado de Antonio Barbey como grabador en la última década del siglo.En el ángulo superior izquierdo, cartela en cornucopia con el escudo del reino de Galicia que lleva acolada la cruz de la Orden de Santiago, conteniendo el título, autor, editor, lugar, fecha de edición, escalas gráficas y signos convencionales.Abundante toponimia, la local en castellano y el resto en italiano. Rotulación en letra romanilla e itálica. Versión posterior del publicado en Roma, 1696. Datado durante el reinado de Carlos III (1665-1700).

O padre Sarmiento pasou polas nosas terras, pode que dúas veces. Da primeira, en decembro de 1745, deixou constancia nestas liñas, onde nos di que pasou a Arnoia, subiu cara Louredo (por Refexón?) e dende alí cara Refoxos e Celanova. Dos nomes da contorna, atopamos este San Benito da Arnoia.

Sigo buscando mapas e adianto a 1816, onde aparece "Rabiño", sen máis referencia. Outros nomes de poboacións quedan reflexados (Refojos, Valongo, Cortegada), mentres que outros non, como Louredo. Unha cousa curiosa é a disposicións dos lugares, o que nos dá a entender que os diseñadores non pisaron a zona nin tiveron boas fontes que situasen mellor os nomes dos pobos.


Autor/a: López, Tomás e López, Juan
Fecha: 1816
Título: Mapa del Reyno de Galicia dividido en siete provincias [Material cartográfico]: Santiago, La Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy / obra de Don Tomas Lopez Geógrafo que fué de los Dominios de S.M.
 
Consultado no Repositorio Minerva, da USC.

Non me esquezo da importante Carta Geométrica de Galicia, de Fontán. Un traballo magnífico, impreso en 1845, inda que xa fora rematado e presentado uns 11 anos antes. Aparece "Rabiño", sen máis. Do devandito repositorio Minerva, entrecollo estes datos. 

Título: Carta geométrica de Galicia [Material cartográfico] : dividida en sus provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos; presentada en 1834 a SM La Reina Gobernadora Doña Maria Cristina de Borbón por su Secretario de Estado y del despacho de lo Interior / levantada y construida en la escala del cienmilesimo por Domingo Fontan ... ; grabada bajo la dirección del autor en 1845 por L. Bouffard.
 
Data: 1845 
 
Notas: Na port.: "Levantada y construida por el Dr. D. Domingo Fontán: Director del Observatorio Astronómico de Madrid; diputado a Cortés; Individuo de la Academia de la Historia y de la Sociedad de Geografía de París; Ex Profesor de Matematicas sublimea y de Mecánica Industrial en la Ciudad de Santiago"
Na parte inferior esquerda: "No se grabó la división de los partidos y ayuntamientos en razón de su interinidad".

El Correo Gallego, 1903
Finalmente, chegamos á vella historia. Non é esta que recolle a prensa, mais ten moita relación. O caso é que entre as parroquias de san Benito e Louredo non sempre houbo boas relacións. E nun ano, que os maiores sitúan preto da guerra fraticida de finais dos 30 do século pasado, pasou que "o día do Neno Jesús", Nadal ou Reis, seica, os de san Benito e Louredo pelexaron. De noite, uns cantos do Rabiño marcharon correndo e os de Louredo detrás, por se os collían. Cando pensaban que os perderan e que xa correran bastante, deron a volta cara o pobo, pero foron asaltados por un grupo do Rabiño que quedaran agochado nas tebras. A malleira foi xeitosa. Popis ben, cando chegou a novena e festa do san Benito, en vez de seguir a costume de baixar á igrexa do Rabiño, estes mozos foron celebralo ó san Salvador da Arnoia

San Salvador da Arnoia, 15-03-2021




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario