Ai, deses papeis que dicimos vellos e que acaban no lume ou no lixo, tamén tirados en calquera recuncho ou esquecidos entre cascallos e restos de reformas caseiras. Ai, deles! Medo dan reformas e mudanzas que acaban na perda de parte da historia familiar, por cativa que puidera parecer. Pero, se nos pomos, máis dun seguro que chegou a casa antes ca nós.
Ós papeis vellos hai que darlles unha oportunidade este ano e miralos con outros ollos. Que menos que asombrarse que estean por casa, non? E do asombro pasar ó belo sentimento da investigación e a sorpresa. Sacalos á luz pode supor toda unha lección de historia familiar e recordos que compartir. As tardes de inverno dan pronto lugar ás noites. Ben, as de invernos, e estas de outono tamén. Non sería precioso ir ata a casa natal e fedellar entre papeis, polos enriba da mesa da cociña e preguntarlle ós maiores que son e que din? Con permiso, ou ata sen el, sería de luxo a captación do momento con cámara ou gravadora.
Poden parecer pouca cousa ou ata estar pouco lexibles pero quen che quita de pensar que son elocuencia doutras épocas e situacións? Quizás haxa contratos, escrituras, turnos das levadas de auga e ata pode que a receita do licor café da avoa. En máis dun aparecerán elaboradas firmas, selos curiosos e papel timbrado. Como non, mención de lugares, nomes das xentes, precios en pesetas, anotacións manuscritas. E o valor sentimental acadará cotas altas se damos cos cadernos de escola ou con borradores de cartas. Alí vemos como houbo tempos en que no só se ensinaba a escribir senón que se procuraba o uso de varios estilos distintos de letra. Como se o estudiante acabase tendo a posibilidade de aplicarlle á súa man a caligrafía de distintos tipos de letra, como se fose un actual editor de texto con distintas fontes.
Os papeis vellos do fogar poden incluir recortes de periódico ou documentación varia, como a da mili. E vai ti saber o que aparece metido no medio. Postais enviadas dende o extranxeiro, algunha foto dedicada, unha apresurada nota sobre algo ou ca compra do día. Un sinfín de antigüedades familiares que dan pé para desempolvar recordos e compartilos ó calor da lareira. Por que non? Fíxose durante xeneracións. Os maiores, ó calor do lume, namentres fóra o vento e chuvia facían escoitarse, falábanlle ós pequenos e mozos da casa de tempos antigos, de lendas e historias, dos veciños e de familias cas que relacionarse e doutras das que fuxir coma do demo.
Vanse achegando datas de reunión familiar e quizás un bo regalo sería o do tempo e a memoria. Non todo está na Rede nin todo o que se contaba nos pobos pode xa recuperarse. Pero que bonito sería sacar á luz papeis e memoria ó calor do fogar. Valorar ambas, amando ós maiores que nolos legarán un día, quizás con medo que de eses papeis e eles mesmos sexan relegados e olvidados.
Posibilidades hai moitas e eu pregúntome que costará ir fotografiando ou dixitalizando doutro modo todo ese material. Ó final, teriamos unha carpeta de documentación e intrahistoria. Xa non digamos nada se podemos achegarlle vídeo ou audio ca voz dos antergos que nos desvelan as circunstancias deses documentos acartonados e amarelos polo paso cronolóxico do existir.
E un día, quen sabe, se non os consideramos xa de necesidade ou vemos que ocupan sitio... non tiralos. Buscarlle un lugar onde arquivalos e dalos a coñecer. Aquí creo que arquivos históricos, museos, centros de interpretación, non sei, instituacións que custodian parte da historia do noso pobo, podían redactar unha carta de nadal onde nos animen a saber que temos en casa e onde o podemos depositar se algunha vez se nos pasou polo maxín encender o lume con eles. Unha carta onde nos falen das marabillas atopadas noutros papeis vellos, noutros fogares que botaron un día o peche pero donaron parte dos seus recordos. Unhas liñas onde nos mostren que eles gardan vellos papeis similiares, inda que de tempos máis pretéritos. Porque hai pobos que quizás só legaron ós historiadores un cúmulo de contratos, escrituras e algún manuscrito. E eso inda os fai máis valiosos, amén de elevar unha lamentación por non ter máis conservado. Ah, non vos olvidedes de darnos algunhas recomendacións ou criterios para saber que enviarvos. Quizás, xa que os documentos son antigos pero quizás valorados en casa, dádenos a posibilidade de enviarvos unha copia dixital, acompañada dun documento onde se conte algo sobre o dixitalizador e a xente que custodia eses vellos papeis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario