Recupero varias fotos de 2023 para compartir unha serie coincidente de pintadas en 3 lugares preto de Louredo: onda a capela de santa Mariña, nunha caseta de auga no Alto da Sardiñeira e na estrada de baixada a Remuíño dende A Raíña, no depósito da traída. O estilo, grafía e simboloxía son coincidentes.
A elección de lugares non é casual: un fai referencia á santa Mariña, que para o antropólogo Rafael Quintía é un trasunto da deusa Nabia, e os outros dous son puntos relacionados con auga viva, como son instalacións da auga da traída. Como mera referencia a isto, a cada grupo de fotos acompañareille un recorte que as contextualice minimamente.
Non volvín por estes lugares. E o inicio de todo foi algo tan sinxelo como pedir fotos da romería da santa, á que non puidera eu acudir en persoa, unido á casualidade de cambiar un par de días o meu percorrido habitual: o do Alto da Sardiñeira porque quería ver se dende o medio do monte se vía Louredo (cousa que non conseguín daquelas) e o outro, por entrar no concello da Arnoia por una estreita estrada que usamos moitísimo cando eramos nenos.
Nabia na contorna da capela dedicada a santa Mariña de Soutelo
O lugar con máis pintadas, que inclúen como elemento distintivo a imaxe femenina debuxada. Os elementos pintados eran o monumento a cantos fixeron posible manter a festa, o palco de música e o espazo de cociña ó aire libre.
1. Dedicatoria ós mecenas da festa, á entrada do lugar, na parte posterior
2. Interior do palco da música
3. Interior da zona de cociña o día da festa
Recorte da Voz de Galicia (13 de xuño 2017), con referencia a Rafael Quintía, onde se reflexiona sobre a posibilidade de que a deusa precistiá Nabia pasase á actualidade como santa Mariña.
-Preme se queres ler o artigo completo-
Tríscele, flor e lúa no Alto da Sardiñeira
Recorte dun artigo de Rafa, do Outeiro, resumindo o papel e expresións da deusa Nabia, que non só se quedaría nos vales e ríos, senón que acadaría os altos, coma este da Sardiñeira, na encrucillada dos camiños a Zaparín, A Raíña, Piñón, Refoxos e Louredo.
- Preme para lectura completa e fotos-
Tríscele e nome de Nabia na estrada Piñón-A Raíña-Remuíño
Visibilidade máxima, xa que mira pa estrada (non será das máis percorridas, pero, oe) e non lonxe está o río Arnoia.
- Preme para ler o artigo completo-