Que gusto dá pararse un rato con amigos e coñecidos para sacarlles gustos frikis. Desta vez, traio aquí unha fan de Star Wars (SW) que ten en casa o buscadísimo e rengadísimo libro El ojo de la mente, a primeira novela SW, se non meto a pata. Unha profe que é capaz de porlle fórmula e cariño a actividades que fan que che acaben gustando as matemáticas. E unha amiga que me dá a sorpresa de descubrirme gustos terroríficos que me alumbran un sorriso. Non comentei inda no blog ningunha das dúas pelis que despois veredes, pero coñézoas e agora mirareinas cun toque de cariño e gracia, sabendo que non son o único, xunto con Alberto-Claustroman, que gusto do pasado cine do pasado.
Imos aló!!
-
Distrito Star Wars, un espacio na Rede feita dende o cariño e a
dedicación dunha fan da saga. Cóntanos un pouco a súa historia e a
túa implicación nesta realidade.
A
historia empeza no ano 2002. Estaba nun momento baixo e eu visitaba
moito a páxina do Distrito e vin que andaban a busca de
colaboradores e decidinme a escribirlles para pasar un pouco o rato
durante o verán. O primeiro que me mandaron facer foi fichas das
naves, pero enseguida empecei coas dos personaxes e cando me
descoidei estaba facendo fichas de todo. Ao final quedei sola na
páxina e no 2011 pechou Telepolis que aloxaba o Distrito. Nese
momento decidín crear o blog e seguir adiante coa miña afición.
-
Es profesora e un paxariño contoume que diseñaches unhas
actividades para facer amables as mates a partir de SW. A ver, a
ver...
Unha
tolada que empezou na primeira Celebration a que fun en Londres. Alí
pensei que tiña que relacionar dalguna maneira as dúas cousas que
máis me gustaban, as mates e Star Wars. Ocurríuseme que unha
actividade do Distrito valería para elo, un móvil feito con naves
de Star Wars. O certo é que tanto as naves como os droides teñen
moita xeometría y dan moito xogo á hora de introducirlla aos
rapaces. Ao final colaborando cunha compañeira de plástica os
rapaces fixeron unhas maquetas de droides e o móvil e a experiencia
foi publicada na revista de matemáticas Gamma.
- Sempre que podes alá vas. Son moitos os eventos nos que tes
participado ou levado adiante. Que nos contas dos últimos nos que
estiveches, relacionados con SW?
Os
últimos nos que estiven foron Metrópoli en Xixón e na Celebration
Europe en Londres. Ambas experiencias foron estupendas. Metrópoli
foi punto de reunión de todas as asociación españolas e alí
coincidín cun montón de amigos que facia moito que non via, creo
que a parte do ben que poida estar o evento o mellor e iso, ver ós
amigos cos que estás en contacto pero que non podes ver por cuestión
de distancia. Na Celebration é distinto, tamén coincides con xente
doutros rincóns do planeta que só coñeces por Internet, pero tamén
tes a oportunidade de ver cousas que non podes ver por aquí.
-
E, claro, a eses eventos non se vai de calquera forma, verdade?
Sácate de armario e dinos que traxes nos atopamos e soes vestir,
caracterizándote para as ocasións.
Puff,
teño o armario cheo, jaja. O meu primeiro traxe foi o de Leia
Bespin, despois o de Leia Endor, Leia Ceremonial, Jedi, Leia clásico
(o das “ensaimadas”), piloto de ala-X e Rey. Además podo
presumir de que todos están dados de alta a nivel internacional e
que sou a primeira e única Rey que hai na Rebel Legion de España.
-
Estando contigo en casa vimos unha manchea de figuriñas. Toda unha
vida de colección pola casa adiante, jeje. Cando comezaches? Que
pezas consideras un tanto as xoias da túa persoal coroa?
Empecei
no 2002, case ao mesmo tempo de empezar no Distrito. Tiña libros e
comics e non me habia dado polas figuriñas. As miñas xoias? Hai un
par delas que son ás que lles teño máis cariño. Un R2 que cando
lle apretas a barriga da uns pitidiños e unha boneca de Leia
Ceremonial, que é unha Barbie que leva ese traxe.
-
Miremos un pouco máis alá e metámonos nos teus gustos
cinematográficos en xeral. Neste blog doulle voz a títulos máis ou
menos antigos que teñen que ver ca ciencia ficción, o terror e o
suspense,... pero ti, que xéneros gustas de ver na gran pantalla ou
no teu fogar e que títulos nos recomendarías para este cálido mes
estival?
Encántanme
as pelis de acción e aventuras. As de Indiana Jones súper
recomendables para unha noite de verán. Pero tamén me gustan moito
as pelis antigas de terror, aquelas de serie B nas que saían actores
coma Bela Lugosi, Peter Cushing, Christopher Lee… esas son as
millores para pasar unha boa noite de cine. Hay un par delas que me
encantan: A momia, protagonizada por Cushing e Lee e Los 7 vampiros
de oro. Con esas paseimo de medo, no dobre sentido.
-
Cerremos este momento cunha mirada ó asociacionismo dos fans de SW.
Ti pertences, se non me trabuco, a dúas asociacións, non si? Con
que boas experiencias te quedas delas?
Estou
en dúas, a Tropa Korriban e a Rebel Legion. As experiencias son boas
en ambas e son tantas que empezaría a decilas e non paraba, pero si
teño que quedar con algunas te direi que as mellores experiencias
son as visitas a os hospitais e as que involucran nenos. As cariñas
de ilusión que teñen cando te ven non teñen precio e outra da que
gardo un moi bo recordo e a miña participación na zona de familia
da Rebel na Celebration de Alemania. E tamén coñecer persoalmente
aos actores da saga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario