Moito cambiaron as cousas e non todas as persoas que por entón estaban viven hoxe. Mais queda un recordo de unha tal como a de hoxe, o dunha tradición que tiñamos no Outeiro, non sei se no resto do pobo, que era a de botar "as suertes" do ano que comezaba. Penso que se realizaba pouco antes da medianoite.
A familia xuntábase e alguén collía folla e bolígrafo para escribir os nomes de varios santos e santas. O mesmo número de escritos, o dobre dos presentes, alomentos. Facíanse dous montonciños e animábase a que os noviños colleran un papeliño de cada montón. Ou que cadaquén se achegase e collese dous papeliños: un co nome dun santo e outro co dunha santa. Eran "as suertes" que che tocaban para o ano entrante. Tamén se podía escoller para os que estaban lonxe, de modo que se lles gardaran e daban en mellor ocasión.
Os nomes escollíanse entre todos e non faltaban os das parroquias máis cercanas: san Xoán bautista, san Benito abade, san Antonio de Padua...
A idea era que escollías ó azar santo e santa, indo contigo os seus nomes durante todo o ano, repetíndose tal concurso familiar para a seguinte noitevella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario