viernes, 16 de mayo de 2025

Paseo por Noia 13/05/2025

Tempo había que non iba por Noia e arredores e que gustazo poder coller o coche o martes e 13 deste maio de 2025. Na transición da chuvia a tempo nublado, puidemos chegar ca marea baixa, que deixa ver o fondo da ría como promesa dalgunha aparición lovecraftiana. As mesmas pedras da zona vella da vila te meten nun ambiente distinto e máis se che cadra chegar e que haxa pouca actividade.

Como non, unha visita obrigada é á praza do Tapal, onde desfrutamos do cruceiro, a preciosa fachada da igrexa de san Martiño, a casa do fondo, con restos resaltados polo encalado e, claro, a cruciña onde un canteiro deixou recordo da morte, alí mesmo, do director Claudio Guerín Hill. 



Descubrímola pretiño da reixa da porta maior, cara a esquerda, pintada de vermello. E chamoume a atención que houbera quen dicía que a cruz non era por el, senón por outro motivo, inda que non o souberan concretar. Por isto, dediquei un intre a navegar polas dixitalizacións de Galiciana, descubrindo que, ata que apareza o contrario, a cruz si está por Claudio Guerín e foi obra dun canteiro municipal, que decidiu deixar constancia persoal do feito luctuoso.


(Recorte de El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano 52 Número 18795 - 1976 xullo 30)

Inda que a caída foi o motivo de morte, a prensa da época recolleu varias posibilidades á hora de explicar por que caeu e desde onde foi.

(El Progreso: Año LXVI Número 20383 - 1973 febrero 17)

 (El Progreso: Año LXVI Número 20383 - 1973 febrero 17)

 

(El Progreso: Año LXVI Número 20384 - 1973 febrero 18)

 

Como último detalle, este xa non comprobado, deixar constancia de que nos comentaron que no bar do fondo había expostas fotos da filmación de 'La campana del infierno'.

Ai, que boa publicidade para os cines na prensa daqueles anos, verdade?


(El diario de Pontevedra : periódico liberal: Año LIX Número 22248 - 1975 noviembre 7)

Claro que si, amiguiños, prestou volver por Noia e hai que regresar con máis calma. 



2 comentarios: