sábado, 19 de agosto de 2023

Catro reloxos de sol no claustro celanovés 09/07/2023

Nunha recente visita ó mosteiro de san Salvador de Celanova, tivemos ocasión de pasear con calma o claustro ó que se accede dende a praza maior. Ademais dos medallóns con rostros innominados, as figuras anxélicas (cabeciñas aladas, como as que atopas a decenas nos altares da igrexa, nada máis entras) e algunha que outra curiosidade onde humano e vexetal están fusionados, puidemos percorrer a zona central e admirar a obra impresionante desenvolvida alí.


 

Chamativas criaturas pétreas adiantaban as súas cabezas cara o visitante, situado baixo delas, e non había forma de escapar da súa presenza. Como será aquelo un día de chuvia, vendo saír das súas fauces ríos de auga!


 

Como nós fomos nunha solleira tarde en calma, non puidemos máis que imaxinar a escea, pero si descubrimos a presenza de catro reloxos de sol no alto da zona central de cada lado. Inda que sexan fotos de baixa calidade, quedan aquí situados para o curioso e o investigador avezado.

 

Situación xeral, numerados nun mapa de Open Street Map


 Agora as fotos, tiradas o domingo 9 de xullo de 2023

1. 19:21 horas



2. 19:21 horas



 3. 19:20 horas



 4. 19:22 horas



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario