Un recente paseo en busca dunha localización da película 'El bosque del lobo', dirixida por Pedro Olea, deu pé para fotografar o reloxo de sol da igrexa parroquial de santa Baia de Berredo, concello da Bola. No mesmo lateral filmáronse varias escenas da película, tal como aparece xa nun cartel informativo que o ano pasado colocaron no camiño, ó lado da entrada po adro.
Variando levemente a perspectiva, temos estas fotos, sacadas o luns 24 de xullo de 2023.
- Ás 17:50, dende o camiño
- Ás 17:52
- Ás 17:53
- Inda que sexa de fondo, sinalando a porta lateral, para definir un dos lugares onde se filmou a película, alí detrás temos o reloxo, ás 18:05
No hay comentarios:
Publicar un comentario