jueves, 6 de julio de 2023

Benedictus na novena a san Xoán de Louredo III

Pouquiño a pouco podemos encadrar e saber algo acerca do contexto do Benedictus, do cántico que Lucas pon nos beizos de Zacarías, pai de Xoán, o bautista. Puido chamarnos a atención escoitalo este ano durante a novena que precedeu á festa da natividade de patrón, pero agora xa nos soará e algo sobre el poderemos dicir a quen nos pregunte, non si?

Retomo o texto fotocopiado, o rezado polo sacerdote este ano, pois foi el quen dirixiu o rezo da novena.

 


Nun primeiro intre, recoñecer que forma parte do libro orixinal da novena, inda que sexa un texto que non se usa habitualmente en Louredo. A seguir, que foi tomado dunha obra relixiosa: Mística Ciudad de Dios, de sor María de Ágreda. Nela vaise mostrando unha curiosa vida da Virxe, dende o momento en que se inicia a idea na mente divina. Oito libros redactados no convento, dos que se sabe que houbo dúas edicións, a primeira eliminada pola mesma autora. Nun terceiro momento fomos a polo orixinal, descubrindo que o Benedictus formaba parte do evanxeo segundo Lucas, dentro do díptico introductorio, no que se realiza un paralelo entre Xoán e Xesús.

Con estas referencias ben podiamos seguir ocupándonos del, centrándonos xa no seu contido. Escollo a tradución e varias liñas de comentarios de Joseph A. Fitzmeyer, ‘El evangelio según Lucas II’, ediciones Cristiandad, Madrid (lectura en liña)

 


 

El contexto actual en el que aparece el Benedictus lo relaciona estrechamente con el nacimiento, circuncisión, imposición del nombre y manifestación pública de Juan. En ese marco, cuyos elementos se aunan para describir la incorporación del Bautista al pueblo de Israel, el Benedictus da un relieve particular a esa vinculación de Juan con los orígenes del pueblo elegido. Ese niño, que nace en el ámbito del más puro judaísmo, va a desempeñar una función decisiva en el destino de Israel. Eso es lo que proclama solemnemente el Benedictus.

 

Sin embargo, la afirmación más importante de todo el himno se centra en la proclamación del carácter mesiánico de Jesús. Ése es precisamente el sentido de la inserción lucana (vv. 76-77): establecer la conexión entre las dos figuras. De modo que el cántico de Zacarías, herencia de la tradición judeocristiana, y adaptado por Lucas mediante la adición del v. 70, que introduce un matiz de promesa y cumplimiento, lo que celebra, en realidad, es un tema cristológico. En labios de la comunidad cristiana, no era más que una alabanza genérica; ahora, en su contexto lucano, despliega toda su relevancia, al centrarse de manera específica en la figura mesiánica de Jesús.

 

 

 

 

Por que collín este autor? Porque vai ser o que ilustre a figura de Xoán bautista nas entradas que lle dedicarei á novena de agosto, que precede a festa do martirio. É unha forma de ir coñecendo xa o que propón e dar a oportunidade de ler unha investigación sobre o patrono parroquial.


 

 

 

 

 

Para finalizar, un detalle litúrxico. En moitos pobos pode ser un himno pouco coñecido, pero para moitos católicos forma parte cotiá da súa rutina oracional. O Benedictus atópano nos Laudes, oración común e universal da Igrexa Católica, sostido nas primeiras horas do día. Di así a Ordenación General de la Liturgia de las Horas:

37. "Los Laudes, como oración matutina, y las Vísperas, como oración vespertina, que, según la venerable tradición de toda la Iglesia, son el doble quicio sobre el que gira el Oficio cotidiano, se deben considerar y celebrar como las Horas principales.

38. Los Laudes matutinos están dirigidos y ordenados a santificar la mañana, como salta a la vista en muchos de sus elementos. San Basilio expresa muy bien este carácter matinal con las siguientes palabras: "Al comenzar el día oramos para que los primeros impulsos de la mente y del corazón sean para Dios, y no nos preocupemos de cosa alguna antes de habernos llenado de gozo con el pensamiento en Dios, según está escrito: "Me acordé del Señor y me llené de gozo" (Ps 76,4), ni empleemos nuestro cuerpo en el trabajo antes de poner por obra lo que fue dicho: "por la mañana escucharás mi voz, por la mañana te expongo mi causa, me acerco y te miro" (Ps 5,4-5)".

Esta Hora, que se tiene con la primera luz del día, trae, además, a la memoria el recuerdo de la resurrección del Señor Jesús que es la luz verdadera que ilumina a todos los hombres (cf. Jn 1,9) y "el sol de justicia" (Mt 4,2), "que nace de lo alto" (Lc 1,78). Así se comprende bien la advertencia de San Cipriano: "Se hará oración a la mañana para celebrar la Resurrección del Señor con la oración matutina.

Recupero da miña biblioteca un libro de rezos para ver o Benedictus que moitas mañás recei. Deixo o texto tal cual, cas súas rúbricas, que son esas liñas vermellas, onde se dan varias explicacións e marcan a estructura do rezo.

 



Benedictus na novena a san Xoán de Louredo II

Na entrada anterior pasamos da sorpresa por descubrir un novo rezo na novena a san Xoán de Louredo a coñecer a fonte de onde o sacaron. Sen embargo, o orixinal non estaba nesa escritura devota, senón no evanxeo segundo Lucas. Por iso, imos ver de coñecer un tanto tal evanxeo, sabendo así o contexto do Benedictus.

Vou recuperar un dos libros que tiña como referencia nos tempos de estudante. Trátase dunha introdución ó estudio da Biblia e contén unha serie de elementos que nos axudan a situarnos ante a lectura do evanxeo de Lucas e, así, poder entender un pouco mellor o texto que contén o cántico. Se a queres consultar na súa extensión, busca Rafael Aguirre Monasterio - Antonio Rodríguez Carmona, ‘Evangelios sinópticos y Hechos de los Apóstoles’ (Estella 1992). Editorial Verbo Divino. Colección ”Introducción al estudio de la Biblia”, n° 6 (lectura en liña). Antonio Rodríguez Carmona ocúpase do bimonio Lc-Feitos, pero aquí só recollo algunhas liñas do estudo sobre o evanxeo. 

El contenido del evangelio es similar a Mc y Mt, a los que se parece en general tanto en los hechos que narra como en el orden de presentarlos. Después de un prólogo literario, comienza, como Mt, con unos relatos sobre la infancia de Jesús. Después se centra en el ministerio público, que comienza con Juan Bautista y su bautismo y es seguido por el bautismo de Jesús, su genealogía y las tentaciones. El ministerio se desarrolla en tres grandes escenarios, Galilea, el camino hacia Jerusalén y Jerusalén, donde muere, resucita, crea y envía testigos a la misión y es subido al cielo.

La narración consta aproximadamente de 19.404 palabras, que forman 146 unidades narrativas, según los diferentes contenidos y divisiones de las ediciones críticas. Es así la obra más extensa de todo el NT y, consiguientemente, el más largo de los cuatro evangelios. 

El análisis de la geografía permite constatar que Lc narra agrupando una serie de hechos en una misma situación geográfica. En el evangelio se puede distinguir región del Jordán, donde se sitúa el ministerio de Juan, Galilea donde comienza el ministerio de Jesús, camino hacia Jerusalén, en que continúa dicho ministerio, y Jerusalén, donde se consuma. 

Muestra la existencia de varios temas estructurantes, que determinan parcial o totalmente la obra. Están presentes en Lc-Hch los temas del camino, del protagonismo del Padre, del Espíritu Santo, de Jesús-Reino de Dios, del apostolado y del profetismo in genere, de la palabra, de la importancia del presente, de la salvación universal destinada a judíos y gentiles, de la incredulidad judía, de la persecución y dificultades. 

La obra comienza propiamente con el díptico introductorio a la actividad de Jesús en Galilea (3,1-4,13). En él se presenta la unción profética y el ministerio de dos profetas: el primer cuadro se centra en el profetismo de Juan Bautista, prototipo del tiempo de la promesa, el segundo en Jesús de Nazaret, profeta solidario y probado, comienzo del tiempo del cumplimiento. Recorrerá un largo camino profético, primero en Galilea, después hacia Jerusalén, finalmente desde Jerusalén hasta Dios, tres fases en las que se va revelando el misterio pascual, que primero se anuncia, después comienza a realizarse y finalmente se consuma. Después la Iglesia deberá ser testigo y proclamarlo.

Espero que con estes parágrafos vaiamos facéndonos unha idea de onde sae o Benedictus, aprendendo algo de paso, meténdonos en mundos e épocas que xa non son as nosas, pero onde escribiron persoas coma nós. O texto seguiu recibindo atención ó longo destes últimos anos e podemos velo na cantidade de notas e referencias que lemos, por exemplo, na tradución da versión Cantera-Iglesias. Esta edición compreina hai xa un tempo, en librería Betel, cando só quedaban dúas ó público. Unha pa min e outra para un compañeiro de curso. Interesábanos pola literalidade ca que traducían os autores. Ollo á cantidade de citas a pé de páxina, con paralelos, explicacións de significados e de pasaxes, ademais dalgunhas referencias ó xeral dos parágrafos.

 




 

 

Outro clásico é a tradución Nácar-Colunga, que tivo moito predicamento popular e foi moi publicitada e usada, máis ca anterior, de lectura máis “dura” e cun corpo de notas amplo e culto. Esta segunda vai máis cara o público que quere ler o texto e ter algunhas notas explicativas xerais, como teremos oportunidade de ver a continuación.

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Finalmente, neste apartado de recoller diferentes traducións do cántico de Zacarías, pai de Xoán bautista, por que non dar a coñecer a galega?  

Por desgraza, os textos na lingua nai non abundan e non sempre son actuais. Só hai que botar un ollo a publicacións como a do misal ou os leccionarios en galego, detidas dende hai anos e froito dunha época na cal as subvencións nacionais daban un pulo ó idioma. Pois ben, un grupo de estudiosos colleron os orixinais gregos no novo testamento e puxeron mans á obra, deixando unha preciosa edición manual, de tapa dura, moi manexable e interesante. Deixo aquí recorte do texto protagonista.


miércoles, 5 de julio de 2023

Benedictus na novena a san Xoán de Louredo

Na pasada novena de san Xoán, que precedeu á festa da súa natividade, tivemos ocasión de que o sacerdote rezase algo que non soe presenciarse. Non vos chamou a atención que despois da oración final seguise cun rezo e outra oración? Pois non inventou nada, senón que colleu unha parte da novena que non soe aproveitarse e enriqueceu o momento con ela. 

Trátase do Benedictus, tamén chamado cántico de Zacarías. Trátase dun dos tres himnos que Lucas recolle no seu evanxeo, inda que na novena utilizada en Louredo (Valladolid, 1889) é unha versión sacada dun libro devoto: Mística Ciudad de Dios, da relixiosa María de Jesús de Ágreda. No rezo cotiá da nosa novena a san Xoán non solemos tirar del, pero aí está, formando parte do formulario completo. Outros textos hai que tampouco se publicitan, pero este ben paga a pena saber del. Por que? Pola relación con san Xoán bautista, pois serían verbas de seu pai, unha vez recupera a fala. Inda que sexa dun modo rápido, imos ver de coñecer un pouco máis este cántico, así, se volve rezarse, poderemos prestarlle mellor atención e informar a quen nos pregunte, se lle chama a atención como nos pasou a nós. Alomenos, imos ver onde apareceu, de onde vén.

Rezou estes días don José Ramón Villar:

 



No libro da novena lemos que veu dunha obra devota, Mística Ciudad de Dios. Ben puido ser que, no seu momento, o redactor collese o cántico daquí e non da Biblia porque aquel estaba en castelán e esta en latín. O cal non evita que deixe constancia duns latíns cando se remata o Benedictus: a denominada antífona, de corte responsorial, e o rezo final. En canto remata o cántico, vedes na páxina 11 (foto darriba) a versión en latín. Na 12 temos a versión en castelán. Que recorde agora, esta páxina 11 é a única da novena que contén texto latino. 

 


Tería grande difusión a obra da monxa de Ágreda? Que trataba tal obra da que sacaron o cántico de Zacarías? Pois inda que só sexa por saber uns datos xerais, vexamos que escribiron no ano 1970 un grupo de entusiastas franciscanos sobre a venerable relixiosa e a súa obra. Foi con ocasión da publicación dunha edición crítica, ós 300 anos da súa publicación orixinal. Entresaco varias liñas da súa longa Introdución.

SOR MARIA DE JESUS DE AGREDA (1602-1665) Agreda es una vieja villa castellana, perteneciente a la provincia de Soria, que confina con Aragón y se halla asimismo muy cerca del límite de Navarra. Se encuentra, por tanto, enclavada en el confín de tres reinos históricos de España, en las estribaciones del Moncayo.La Venerable Sor María de Jesús, llamada muy comúnmente la Madre Agreda, ha hecho célebre en el mundo el nombre de Agreda. Aquí, en efecto, nació, vivió y murió, sin que jamás hubiera salido de los términos de la villa. 

Sor María de Jesús murió el año 1665. La edición príncipe de la obra apareció en Madrid cinco años después, o sea en 1670. Durante los cinco años que median entre la muerte de Sor María y la aparición del libro, éste fue examinado por una junta de teólogos de la orden franciscana, que, respetando escrupulosamente el texto de la obra, lo hicieron acompañar de notas explicativas e hicieron preceder la edición de un extenso Prólogo Galeato y de una biografía de Sor María, escritos ambos por el Padre José Ximénez Samaniego, General de la orden franciscana. 

Se ha calificado el siglo XVll como el "siglo de oro" de la mariología, a cuyo embellecimiento España contribuyó en medida única. Sin embargo, en los últimos decenios se empezaba ya a sentir la fatiga de la decadencia. La devoción mariana, a fuerza de rehuir los aspectos fundamentales, se desarticulaba prodigándose en cuestiones tales, que hoy las calificaríamos de ociosas y algunas hasta de inconvenientes. Pensemos, por ejemplo, en la reacción de Baillet contra "los devotos indiscretos de la Virgen". Esto, junto con la intransigencia de las escuelas y el invertebrado espíritu de la España del siglo XVII, fueron los determinantes principales que marchitaron el ideal de la reforma teológica. En este ambiente salió a luz la Mística Ciudad de Dios. 

Presentada por su autora como divinamente revelada, y tomada por la escuela franciscana como estandarte de las ideas que entonces defendía (predestinación absoluta de la Virgen y sus consecuencias: inmaculada, etc.), la luz que pretendió irradiar en el mundo quedó oscurecida por la crítica de quienes o eran contrarios a dicha escuela, o militaban en las filas de la avanzadilla del "espíritu geométrico" y jansenista del tiempo. La obra quedó a merced de una de las más reñidas controversias que se registran en la historia de la mariología. 

La Mística Ciudad de Dios se divide en tres Partes. La primera comprende desde la predestinación de María hasta la encarnación del Verbo; la segunda, desde la encarnación hasta la ascensión de Cristo; y la tercera, desde la ascensión hasta la coronación de María en los cielos. Cada una de estas tres Partes va precedida de una introducción propia; la introducción a la primera Parte es de hecho una introducción a toda la obra. En el capítulo final de la obra se añade, a modo de apéndice, una carta de la autora a sus religiosas del convento de Agreda. Las Partes están divididas en Libros: la primera Parte comprende dos Libros (I y II), la segunda, cuatro Libros (III, IV, V y VI), y la tercera, dos Libros (VII y VIII). La división en Libros tiene por objeto, según su propia autora, hacer más fácil y "manual" el manejo de una obra tan extensa. El autógrafo original, en efecto, cuidadosamente preparado por su autora, está distribuido y encuadernado en ocho volúmenes correspondientes a los ocho Libros. Todas estas divisiones, distribuciones y numeraciones están puestas por la misma autora, que ha cuidado al detalle de las mismas. 

La narración abarca toda la trayectoria que va desde que María es predestinada en la mente divina para ser Madre de Dios hasta que es asunta definitivamente al cielo, donde sigue intercediendo por nosotros. En esta perspectiva entra toda la historia humano-divina de María. Para elaborar esta narración Sor María ha hecho acopio de los datos que le proporcionan los evangelios y la Sagrada Escritura en general; las tradiciones históricas transmitidas en la Iglesia a través de la liturgia y del arte sagrado, más o menos influenciadas por los evangelios apócrifos; las reconstrucciones literarias de los misterios sagrados hechas por los autores de libros de piedad y meditación, y los datos proporcionados por el conocimiento de la teología, especialmente mariológica. 

La Mística Ciudad de Dios es una obra moralizadora y edificante. Lo que en definitiva busca e intenta Sor María con sus narraciones, relatadas en actitud profética, es dar a conocer mejor a María santísima, para que ello redunde en la mejora de las costumbres y en la edificación de los fieles. Su carisma profético lo ha recibido ella "para nueva luz del mundo, alegría de la Iglesia católica y confianza de los mortales"; y esta luz, esta alegría y esta confianza serán efectivas en tanto se llevan a la práctica los deseos de la Señora y Reina del cielo, que son la mejora de las costumbres y el aprovechamiento espiritual. La Mística Ciudad de Dios es un libro de ilustración y exhortación; a eso va dirigida cada una de sus líneas.

(Lectura completa do artigo e edición crítica da obra relixiosa: AQUÍ)

Desta Mística Ciudad de Dios saíu o Benedictus que o párroco nos leu nos días de novena en honor a san Xoán. Seguindo ca edición crítica de 1970, podemos ler o revelado á relixiosa de Ágreda.

 


 

 Continuará...

jueves, 25 de mayo de 2023

VRK e Fata Inferna no Bonus Track, Ourense, 20/05/23

Que ledicia poder desfrutar do directo de VRK e Fata Inferna o pasado sábado 20! Convocados no Bonus Track, nunha solleira tarde de maio de vento frío, o recuncho da tenda onde esta xente descargou o seu potente son converteurse nun espazo de catarse, introversión e despregue máxicos. Unha adecuada iluminación vermella e un coidado son foron as ferramentas cas que os músicos nos deleitaron e fixeron voar dende o seu sentir e saber.

Acompañados dun escollido público, abriron sesión, pouco despois das 19 h, VRK (Black Crust Noise). Banda composta por: Analitika Sordida Pestilentia na voz e Nocturno no baixo, cun acompañamento gravado onde se desenvolven ritmos, un acompasado canto relixioso e se introducen anacos de audios (aposto por algunha película no seu idioma orixinal). 


Cheguei para poder escoitar a segunda parte de "Sexta revelaçom", que o seu baixista me comentou: pertencente ao primeiro trabalho de VRK "No valeiro que me consome"... Um tema de corte ritualístico e contemplativo

Deixo unha breve mostra do que foi.


 

Pouco despois das 19:30 saíu a escea Fata Inferna (Metal Negro), que encheu o local de poderosas vibracións durante a seguinte media hora. Repetía no baixo Juan (Nocturno en Xerión) e presentábanse na voz Antífonas, con guitarra, e Eremita, guitarra. A sección percusiva emerxía dende o mundo dixital, acompasando un trío que nos fixo mover a cabeza e remexeu nos nosos escuros pensamentos e sentires.


O fragmento que captei é do seu tema 'Angustia', baseado no poema homónimo de Florbela Espanca, e que conta con vídeo.


 

Rematarían con "Terra Nai", da que se me pegou parte da melodía e funa recordando mentres regresaba á luz do sol e atravesaba a ponte romana... En breve conto escoitar o seu CD con tempo e calma.

De VRK xa coñezo anteriores traballos. Así, como mostra, deixo estas liñas sobre impresións de pasados anos

1. VRK pertence ó Negro Círculo Minhoto e propón un escenario post catastrófico de corte nuclear no seu disco 'Filhos da Ira'.

Unha vez máis, a presentación do disco é sinxela, mais marabillosa: un grande folio, dobrado en catro partes, acubilla un escuro disco. Dúas fotos grises no libreto, cadansúa cubrindo toda unha cara do mesmo. Instantáneas das desfeita nuclear en Nagasaki: o impresionante fungo nebuloso que marca o lugar onde a bomba estourou e unha ladeira arrasada e abandonada.

As composicións apoian estas imaxes, pois falan da vida nun entrópico mundo trala explosión nuclear, onde a mutación é regra, os depredadores unha norma, a contaminación alimento e a cor verde fosforescente un continuo das noites.
Neste 'Filhos da Ira' hai distorsión, moita, afondando no que as letras e as imaxes transmiten. A guitarra distorsionada, a voz reverberante, o ritmo acelerado e a melodía oculta fanme imaxinar unha vella radio que inda funciona entre cascallos e pó. Sons que semellan estourar dende profundidades insondables onde algúns supervivientes crean disharmónicas composicións que berran a morte que todo o calou na superficie.

2. VRK, 'Palimpsesto retrospectivo da memória', NM 69 

Mentres Nocturno escribiu e compuxo letras e música, Analitika Sordida Pestilentia ponlle voz a esta nova entrega de VRK. Un traballo que sae á luz en formato mini CD, con libreto que contén as letras, datos de composición e unha foto que nos retrotrae a tempos de fotocopias de escasa calidade, tras pasar o material por moitas mans. O CD numerado e debuxado a man. Un traballo que supón un trallazo ós sentidos e que, precisamente por iso, sorprenderá a máis dun e quizás anime a algúns a dar o paso e poñer en circulación a súa arte.

O primeiro impacto é visual, co CD manufacturado, co libreto sinxelo e directo e ca chapa negra onde lemos as letras do nome da banda. Que pasou aquí? Pareceume volver atrás no tempo!! O segundo impacto é sonoro. VRK non é nin para todos os públicos nin para calquera momento. A crudeza da gravación, a aparente sinxeleza de medios e a curta duración dos temas déixate nun estado de desequilibrio marabilloso. Bo intre para decidir se lle dás outro pase ou agardas un pouco para unha seguinte audición. Para min, parte do atractivo da proposta é a inquedanza que vibra con cada escoita, a posibilidade de sintonizar cunha sensibilidade que mostra o mundo noutra onda, o descoloque que supón o estilo e letras de VRK.

 A caixa de ritmos machacante sostén un baixo distorsionado e unha voz declamadora de monótona frecuencia. Murmurio que retrata un mundo violento, onde arde a utopía, pero agroma a esperanza, onde se loita porque a dor afecta a outros ou porque se está a alumbrar algo novo de beleza cativa; un mundo que ben podiamos recoñecer no post catastrofismo da ciencia fición ou en videoxogos como os da saga Fallout, mais que tamén é o noso, en pasados anos de uso táctico de armas atómicas e un presente no que a guerra peta preto de nós.

miércoles, 14 de diciembre de 2022

Primeira escoita de 'Drou', Xerión

Cae a mesta chuvia ca noite que remata e os sons de 'Drou' animan a mañá recén nacida. Xerión é unha experiencia, unha expresión que sempre me atraeu e na que atopei momentos de calma, carraxe, catarse e chamada á interiorización. Visto en amplitude, unha banda que fixo de cada entrega a oportunidade da alquímica fusión de contrarios, a oportunidade de deixarse levar polo Metal Escuro manifestado en armonías, distorsión, acelerados ritmos na percusión e calmas declamacións na liña do cantor. Hoxe chove e a cincenta hora do amencer semella perfecta para unha primeira escoita de 'Drou', a entrega outonal de Xerión, que tanto levamos esperando: NM82 XERIÓN 'Drou' (Demo do Kaos III).


Catro temas, dous cantados e dous instrumentais. Estes arrodean a aqueles e marcan ritmos e melodías diferentes. As letras xa as coñecemos dende hai meses, gracias a que Nocturno tivo a ben compartilas na súa particular bitácora poética. Hoxe tamén son acesibles no bandcamp da banda. Precisamente dalí saco estes datos:

"Drou” é a terceira das três Demos do Kaos que verám a Negra Luz pra comemorar os já vinte anos de andaina do XERIÓN.

Ediçóns em cinta e digiCD (num compartido com FATA INFERNA) através de Nigra Mors em breve...released December 1, 2022

Composto e gravado por Daga, Nocturno e O Rei Celta No Exílio entre os outonos de 2020 e 2022 nos Estúdios Breogám (Amh-Ghad-Ari, Ourense).

Baixo magistralmente interpretado por Grob e gravado no estúdio de Zlorog em Belgrado (Sérvia). Imensas grazas irmáns de batalha!!!

Desenho por P. V. R.

Dicir que a segunda entrega, 'Sombras na Pedra do Dragom do Tempo', aínda non ten data de saída, pero xa nos deron a coñecer a dous músicos que colaboraron nela, Tomás G. Ahola e César Valladares. Nesta terceira participou, dende Serbia, Grob.

'Drou' abre esta particular demo. Un instrumental de melodía bela que pronto te atopas repetindo con gozo. Un instante introductorio onde podes deixarte levar pra afondar en ti ou elevarte; afundirte no escuro e profundo eu, ademais de voar contemplando imaxes da natureza darredor; gozar do firme canto que vertebra o tema e as variacións, armonías, os xogos que colorean e matizan de sentimento o camiño musical. A estas alturas non sorprende atopar instrumentais así, onde non se cumpre aquelo de que Xerión só toca Metal Galaico Extremo, pero a quen os descubra de seguro que os deixa un tanto sorprendidos. Nada que non "solucione" as descargas que chegan a continuación.

'Demos do Kaos' é o segundo tema desta demo. Unha descarga que comeza potente, característica marcha de música acelerada e canto lento, voz gutural pausada armonizada ca percusión rápida. Así, ata a metade, cando o terceiro parágrafo nos leva a un instante calmo de melodía e voz, coincidindo co contido da letra. O remate do mesmo sucede igual que os primeiros minutos e quédalle perfecto ó que no conta-canta. O tema rematará cunha pasaxe de transición ó silencio, baixando ritmo, eliminando instrumentos, quedando no aire a mestría de Daga ó teclado. Case sente un que se fai realidade o dito: queda a alma en fío/nun fío... nun fío de música que devala cara as ganas dun novo tema. Tes ganas de máis e máis nos trae Xerión a seguir.

 

'Deusas da Noite' vén a continuación. Un título que me trouxo ó maxín a primeira entrega desta triloxía inda sen rematar. Trátase de 'Morgana', nada hai moitas noites, recordo belo do ano pasado. 

'Deusas' desenrólase cun ritmo pausado, acordando forte música e voz, ca marabilla dos teclados de Daga, melódica corda de salvación e contraste precioso ca voz gutural e as cordas disonantes de Nocturno.



E como vos queda o corpiño despois de 'Aranheira'? Unha nota metálica sostida que nos mantén en tensión mentres vibracións sutís nos elevan e tiran de nós, cun graves puntos de percusión que sentenzan o tema e a demo. Máis que meta soa a final aberto, a que o camiño segue. Quedas en certa calma, si, máis dentro hai un pulo que precisa máis, que quere outra escoita ou un tema novo. Xorde a imaxe do horizonte. Inda que a senda deste 'Drou' rematase, inda hai máis por escoitar e sentir.

miércoles, 24 de agosto de 2022

Lecturas complementarias sobre los petos de ánimas

Lecturas complementarias sobre los petos de ánimas: 

‘Arte popular. Los petos de ánimas’ y ‘Os petos de ánimas en Ourense’

Dos libros sobre un mismo tema y territorio: los petos de ánimas en la provincia de Ourense. Ambas lecturas se complementan, rellenando datos o mejorándolos, según se consulten en uno u otro. La diferencia de perspectiva y estilo procura una visión amplia al lector y una aproximación a una arquitectura popular con la que se dará de bruces en casi cualquier población gallega. Ambos libros los encontré en la Biblioteca Pública Municipal de A Ponte, Ourense.


Antes de nada, un vistazo a cada uno. El primero, ‘Arte popular. Los petos de ánimas’, escrito por Yolanda Barriocanal López y publicado en Ourense, 1985, es un riguroso estudio acerca de los petos de ánimas, especialmente los aurienses. 

Repasando lo dicho anteriormente por otros autores, comparte las nuevas investigaciones y desarrolla la contraposición de hipótesis, referidas a la génesis, su desarrollo histórico y la expansión. También adelanta un punto inédito, como es el de la confección de una tipología, un intento de estructuración a partir de las formas usadas en la construcción de los petos. Completa su estudio con fichas donde una fotografía del peto se acompaña de datos geográficos, históricos y artísticos.


El segundo libro, publicado en A Coruña, 1985, está conformado con material que iba a formar parte de una exposición. 

Con esta premisa se comprende la composición y el estilo de la obra: textos breves al inicio, de varios autores implicados, ocupando pocas páginas el total; un amplio despliegue fotográfico de calidad, donde varias obras conocen hasta tres instantáneas distintas y el papel cambia de material; una selección de textos diversos. Un conjunto que busca impactar e informar, con fotografías claras y narrativa breve. De interés es su despliegue gráfico a la hora de documentar una manifestación que apenas se tiene en cuenta en el primero: los retablos y los petos manuales, de madera.

El somero repaso nos lleva al deseo de complementar: el texto erudito del primero, el repaso de autores del segundo y sus magníficas fotografías. Con ellas se soluciona la baja calidad del primero, aunque tengamos que llevar el trabajo de ir buscando en el desorden del segundo. 


El peto de ánimas de Louredo no se ha incluido en el segundo, pero sí se ha reseñado debidamente en el primero.

Hasta 3 veces se menta: dos para describirlo y una para dar noticia, en una nota a pie de página, de su desaparición. Esto no ha sucedido, pues se encuentra en el mismo lugar, pero llama la atención y te hace pensar si hubo un segundo peto, lo cual no se deduce del contenido del libro, pero sí de alguna conversación con algún vecino del pueblo. Siendo así, estaríamos ante un cambio de ubicación (desde O Cazapedo a Louredo) o una desaparición.

viernes, 12 de agosto de 2022

'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez

En 121 páxinas, o 'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez recolle o paso dun ano entre ditos, traballos e festas da nosa terra. Tras unha dinámica introdución á cuestión do tempo e os calendarios, cada mes reséñase sinalando a orixe etimolóxica e histórica do seu nome, recóllense ditos relacionados con el e móstranse que traballos se realizan nel e que festas ou costumes eran propios.

Libro que atopei curioseando polas estanterías da Biblioteca Pública Municipal da Ponte, Ourense, e que supón unha mirada rápida, mais estruturada, ó sentir dunha terra ó longo dun ano. Parte do contido pode sernos cercano ou terllo escoitado ós nosos maiores. É atractivo que se condesase en poucas páxinas e se acompañase dos debuxos de Xosé Conde Corbal. Tamén representa un ánimo e testemuño que calquera podería coller: resumir e poñer por escrito o que coñecemos sobre o noso pobo. Tampouco vai ser cousa de volverse etnógrafo, pero ben que podiamos deixar documentación que os expertos poidan consultar desde xa.

O limiar leva o título de "A medida do tempo" e introdúcenos nos inicios e formación dos calendarios, da necesidade humana de dividir e nomear ciclos temporais, para así coñecer mellor e controlar o medio. Recollo curiosidades como que foi a Lúa quen mereceu máis atención primeira, inda que o Sol resultou de máis interese; que os calendarios non son só froito da metódica e paciente observación e estudio humano, senón que vive tamén de crenzas e costumes; e, por rematar, diferentes datas que son fitos na formación do actual calendario: tralo do rei Numa, as reformas do s. II, de Xulio César (46 a.C.), de Octavio Augusto, de Gregorio XIII (1582),...

Na "Razón e límites do noso ANUARIO" pásase a constatar que o multiforme mundo galego, ca súa paisaxe e cas persoas que o conforman, pode perder en breve parte da súa historia e cultura. Así, o Anuario ven a recoller unha parte delas, mostrándoas nun devir cronolóxico cíclico. Incluso se di que se esmorece parte dese mundo, o mellor que podemos facer é acompañalo e non deixar de visitar os seus restos. Mentres dure a agonía, recolle o autor ditos, traballos e crenzas, festexos e ritos, sendo consciente que o espíritu galego non os fixou nun determinado mes, senón que os vivíu intensamente, por riba de estruturas cronolóxicas e que esas vivencias foron as que deron intensidade e interés a certos tempos.

A seguir van os meses, cos seus refráns, traballos senlleiros e crenzas relacionadas, xunto cas festas, moitas delas cristiás ou cristianizadas. Imos ver un par de exemplos. 

Tras ocuparse dos Maios e as Festas do Ramo, na páxina 51 comeza o espazo adicado a xuño, O Corpus e san Xoán. Xuño ven de Iunius, da deusa romana Iuno, irmá e cónxuxe de Xúpiter. As festas sinaladas son as do Corpus e a de san Xoán. Tempo de verán e de recollida dalgúns vexetais e froitas, co que se sinala o seguinte dito: O que xexúa no san Xoán ou é parvo ou non ten pan. O cuco, paxaro relacionado ca deusa Iuno, ten neste tempo certo protagonismo, inda que maior importancia garda nos meses anteriores. Pasa o señor Quintás a debullar doutrina e ritos relacionados co Corpus e san Xoán bautista. Deste último sinala as Cacharelas, a recollida da Flor da auga e o orballo no amencer do día de festa, así como o baño das nove ondas ou o paseo por nove fontes. Unha sorpresa é a do ovo de san Xoán, práctica máxica ca que se busca entrever o futuro persoal nun ovo que se deixa ó relente da noite de san Xoán.

Sobre o mes de agosto, momento no que escribo estas liñas, di que ven o seu nome do romano Augustus, tendo antes o nome de Sextilis. Recolle un dito que ben sentimos hoxe en día, tras destes incendios e calores: A choiva do mes de Agosto non é choiva: é mel e mosto. Trala mirada rápida ós poucos traballos do mes, pasa a unha longa lista de festas e romarías, nas que destaca a presenza mariana. Só de Ourense menciona a festa de santa María do Mundil, nosa señora de Reza, a Guía, a festa da Encarnación de Celanova e Vilar de flores. 

Unha lectura interesante e breve, que remata ca bibliografía e que ben pode levarnos a valorar e recoller as tradicións, ditos e festas propias do lugar no que nacemos.