jueves, 25 de mayo de 2023

VRK e Fata Inferna no Bonus Track, Ourense, 20/05/23

Que ledicia poder desfrutar do directo de VRK e Fata Inferna o pasado sábado 20! Convocados no Bonus Track, nunha solleira tarde de maio de vento frío, o recuncho da tenda onde esta xente descargou o seu potente son converteurse nun espazo de catarse, introversión e despregue máxicos. Unha adecuada iluminación vermella e un coidado son foron as ferramentas cas que os músicos nos deleitaron e fixeron voar dende o seu sentir e saber.

Acompañados dun escollido público, abriron sesión, pouco despois das 19 h, VRK (Black Crust Noise). Banda composta por: Analitika Sordida Pestilentia na voz e Nocturno no baixo, cun acompañamento gravado onde se desenvolven ritmos, un acompasado canto relixioso e se introducen anacos de audios (aposto por algunha película no seu idioma orixinal). 


Cheguei para poder escoitar a segunda parte de "Sexta revelaçom", que o seu baixista me comentou: pertencente ao primeiro trabalho de VRK "No valeiro que me consome"... Um tema de corte ritualístico e contemplativo

Deixo unha breve mostra do que foi.


 

Pouco despois das 19:30 saíu a escea Fata Inferna (Metal Negro), que encheu o local de poderosas vibracións durante a seguinte media hora. Repetía no baixo Juan (Nocturno en Xerión) e presentábanse na voz Antífonas, con guitarra, e Eremita, guitarra. A sección percusiva emerxía dende o mundo dixital, acompasando un trío que nos fixo mover a cabeza e remexeu nos nosos escuros pensamentos e sentires.


O fragmento que captei é do seu tema 'Angustia', baseado no poema homónimo de Florbela Espanca, e que conta con vídeo.


 

Rematarían con "Terra Nai", da que se me pegou parte da melodía e funa recordando mentres regresaba á luz do sol e atravesaba a ponte romana... En breve conto escoitar o seu CD con tempo e calma.

De VRK xa coñezo anteriores traballos. Así, como mostra, deixo estas liñas sobre impresións de pasados anos

1. VRK pertence ó Negro Círculo Minhoto e propón un escenario post catastrófico de corte nuclear no seu disco 'Filhos da Ira'.

Unha vez máis, a presentación do disco é sinxela, mais marabillosa: un grande folio, dobrado en catro partes, acubilla un escuro disco. Dúas fotos grises no libreto, cadansúa cubrindo toda unha cara do mesmo. Instantáneas das desfeita nuclear en Nagasaki: o impresionante fungo nebuloso que marca o lugar onde a bomba estourou e unha ladeira arrasada e abandonada.

As composicións apoian estas imaxes, pois falan da vida nun entrópico mundo trala explosión nuclear, onde a mutación é regra, os depredadores unha norma, a contaminación alimento e a cor verde fosforescente un continuo das noites.
Neste 'Filhos da Ira' hai distorsión, moita, afondando no que as letras e as imaxes transmiten. A guitarra distorsionada, a voz reverberante, o ritmo acelerado e a melodía oculta fanme imaxinar unha vella radio que inda funciona entre cascallos e pó. Sons que semellan estourar dende profundidades insondables onde algúns supervivientes crean disharmónicas composicións que berran a morte que todo o calou na superficie.

2. VRK, 'Palimpsesto retrospectivo da memória', NM 69 

Mentres Nocturno escribiu e compuxo letras e música, Analitika Sordida Pestilentia ponlle voz a esta nova entrega de VRK. Un traballo que sae á luz en formato mini CD, con libreto que contén as letras, datos de composición e unha foto que nos retrotrae a tempos de fotocopias de escasa calidade, tras pasar o material por moitas mans. O CD numerado e debuxado a man. Un traballo que supón un trallazo ós sentidos e que, precisamente por iso, sorprenderá a máis dun e quizás anime a algúns a dar o paso e poñer en circulación a súa arte.

O primeiro impacto é visual, co CD manufacturado, co libreto sinxelo e directo e ca chapa negra onde lemos as letras do nome da banda. Que pasou aquí? Pareceume volver atrás no tempo!! O segundo impacto é sonoro. VRK non é nin para todos os públicos nin para calquera momento. A crudeza da gravación, a aparente sinxeleza de medios e a curta duración dos temas déixate nun estado de desequilibrio marabilloso. Bo intre para decidir se lle dás outro pase ou agardas un pouco para unha seguinte audición. Para min, parte do atractivo da proposta é a inquedanza que vibra con cada escoita, a posibilidade de sintonizar cunha sensibilidade que mostra o mundo noutra onda, o descoloque que supón o estilo e letras de VRK.

 A caixa de ritmos machacante sostén un baixo distorsionado e unha voz declamadora de monótona frecuencia. Murmurio que retrata un mundo violento, onde arde a utopía, pero agroma a esperanza, onde se loita porque a dor afecta a outros ou porque se está a alumbrar algo novo de beleza cativa; un mundo que ben podiamos recoñecer no post catastrofismo da ciencia fición ou en videoxogos como os da saga Fallout, mais que tamén é o noso, en pasados anos de uso táctico de armas atómicas e un presente no que a guerra peta preto de nós.

miércoles, 14 de diciembre de 2022

Primeira escoita de 'Drou', Xerión

Cae a mesta chuvia ca noite que remata e os sons de 'Drou' animan a mañá recén nacida. Xerión é unha experiencia, unha expresión que sempre me atraeu e na que atopei momentos de calma, carraxe, catarse e chamada á interiorización. Visto en amplitude, unha banda que fixo de cada entrega a oportunidade da alquímica fusión de contrarios, a oportunidade de deixarse levar polo Metal Escuro manifestado en armonías, distorsión, acelerados ritmos na percusión e calmas declamacións na liña do cantor. Hoxe chove e a cincenta hora do amencer semella perfecta para unha primeira escoita de 'Drou', a entrega outonal de Xerión, que tanto levamos esperando: NM82 XERIÓN 'Drou' (Demo do Kaos III).


Catro temas, dous cantados e dous instrumentais. Estes arrodean a aqueles e marcan ritmos e melodías diferentes. As letras xa as coñecemos dende hai meses, gracias a que Nocturno tivo a ben compartilas na súa particular bitácora poética. Hoxe tamén son acesibles no bandcamp da banda. Precisamente dalí saco estes datos:

"Drou” é a terceira das três Demos do Kaos que verám a Negra Luz pra comemorar os já vinte anos de andaina do XERIÓN.

Ediçóns em cinta e digiCD (num compartido com FATA INFERNA) através de Nigra Mors em breve...released December 1, 2022

Composto e gravado por Daga, Nocturno e O Rei Celta No Exílio entre os outonos de 2020 e 2022 nos Estúdios Breogám (Amh-Ghad-Ari, Ourense).

Baixo magistralmente interpretado por Grob e gravado no estúdio de Zlorog em Belgrado (Sérvia). Imensas grazas irmáns de batalha!!!

Desenho por P. V. R.

Dicir que a segunda entrega, 'Sombras na Pedra do Dragom do Tempo', aínda non ten data de saída, pero xa nos deron a coñecer a dous músicos que colaboraron nela, Tomás G. Ahola e César Valladares. Nesta terceira participou, dende Serbia, Grob.

'Drou' abre esta particular demo. Un instrumental de melodía bela que pronto te atopas repetindo con gozo. Un instante introductorio onde podes deixarte levar pra afondar en ti ou elevarte; afundirte no escuro e profundo eu, ademais de voar contemplando imaxes da natureza darredor; gozar do firme canto que vertebra o tema e as variacións, armonías, os xogos que colorean e matizan de sentimento o camiño musical. A estas alturas non sorprende atopar instrumentais así, onde non se cumpre aquelo de que Xerión só toca Metal Galaico Extremo, pero a quen os descubra de seguro que os deixa un tanto sorprendidos. Nada que non "solucione" as descargas que chegan a continuación.

'Demos do Kaos' é o segundo tema desta demo. Unha descarga que comeza potente, característica marcha de música acelerada e canto lento, voz gutural pausada armonizada ca percusión rápida. Así, ata a metade, cando o terceiro parágrafo nos leva a un instante calmo de melodía e voz, coincidindo co contido da letra. O remate do mesmo sucede igual que os primeiros minutos e quédalle perfecto ó que no conta-canta. O tema rematará cunha pasaxe de transición ó silencio, baixando ritmo, eliminando instrumentos, quedando no aire a mestría de Daga ó teclado. Case sente un que se fai realidade o dito: queda a alma en fío/nun fío... nun fío de música que devala cara as ganas dun novo tema. Tes ganas de máis e máis nos trae Xerión a seguir.

 

'Deusas da Noite' vén a continuación. Un título que me trouxo ó maxín a primeira entrega desta triloxía inda sen rematar. Trátase de 'Morgana', nada hai moitas noites, recordo belo do ano pasado. 

'Deusas' desenrólase cun ritmo pausado, acordando forte música e voz, ca marabilla dos teclados de Daga, melódica corda de salvación e contraste precioso ca voz gutural e as cordas disonantes de Nocturno.



E como vos queda o corpiño despois de 'Aranheira'? Unha nota metálica sostida que nos mantén en tensión mentres vibracións sutís nos elevan e tiran de nós, cun graves puntos de percusión que sentenzan o tema e a demo. Máis que meta soa a final aberto, a que o camiño segue. Quedas en certa calma, si, máis dentro hai un pulo que precisa máis, que quere outra escoita ou un tema novo. Xorde a imaxe do horizonte. Inda que a senda deste 'Drou' rematase, inda hai máis por escoitar e sentir.

miércoles, 24 de agosto de 2022

Lecturas complementarias sobre los petos de ánimas

Lecturas complementarias sobre los petos de ánimas: 

‘Arte popular. Los petos de ánimas’ y ‘Os petos de ánimas en Ourense’

Dos libros sobre un mismo tema y territorio: los petos de ánimas en la provincia de Ourense. Ambas lecturas se complementan, rellenando datos o mejorándolos, según se consulten en uno u otro. La diferencia de perspectiva y estilo procura una visión amplia al lector y una aproximación a una arquitectura popular con la que se dará de bruces en casi cualquier población gallega. Ambos libros los encontré en la Biblioteca Pública Municipal de A Ponte, Ourense.


Antes de nada, un vistazo a cada uno. El primero, ‘Arte popular. Los petos de ánimas’, escrito por Yolanda Barriocanal López y publicado en Ourense, 1985, es un riguroso estudio acerca de los petos de ánimas, especialmente los aurienses. 

Repasando lo dicho anteriormente por otros autores, comparte las nuevas investigaciones y desarrolla la contraposición de hipótesis, referidas a la génesis, su desarrollo histórico y la expansión. También adelanta un punto inédito, como es el de la confección de una tipología, un intento de estructuración a partir de las formas usadas en la construcción de los petos. Completa su estudio con fichas donde una fotografía del peto se acompaña de datos geográficos, históricos y artísticos.


El segundo libro, publicado en A Coruña, 1985, está conformado con material que iba a formar parte de una exposición. 

Con esta premisa se comprende la composición y el estilo de la obra: textos breves al inicio, de varios autores implicados, ocupando pocas páginas el total; un amplio despliegue fotográfico de calidad, donde varias obras conocen hasta tres instantáneas distintas y el papel cambia de material; una selección de textos diversos. Un conjunto que busca impactar e informar, con fotografías claras y narrativa breve. De interés es su despliegue gráfico a la hora de documentar una manifestación que apenas se tiene en cuenta en el primero: los retablos y los petos manuales, de madera.

El somero repaso nos lleva al deseo de complementar: el texto erudito del primero, el repaso de autores del segundo y sus magníficas fotografías. Con ellas se soluciona la baja calidad del primero, aunque tengamos que llevar el trabajo de ir buscando en el desorden del segundo. 


El peto de ánimas de Louredo no se ha incluido en el segundo, pero sí se ha reseñado debidamente en el primero.

Hasta 3 veces se menta: dos para describirlo y una para dar noticia, en una nota a pie de página, de su desaparición. Esto no ha sucedido, pues se encuentra en el mismo lugar, pero llama la atención y te hace pensar si hubo un segundo peto, lo cual no se deduce del contenido del libro, pero sí de alguna conversación con algún vecino del pueblo. Siendo así, estaríamos ante un cambio de ubicación (desde O Cazapedo a Louredo) o una desaparición.

viernes, 12 de agosto de 2022

'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez

En 121 páxinas, o 'Anuario de tradicións galegas', de Manuel Quintáns Suárez recolle o paso dun ano entre ditos, traballos e festas da nosa terra. Tras unha dinámica introdución á cuestión do tempo e os calendarios, cada mes reséñase sinalando a orixe etimolóxica e histórica do seu nome, recóllense ditos relacionados con el e móstranse que traballos se realizan nel e que festas ou costumes eran propios.

Libro que atopei curioseando polas estanterías da Biblioteca Pública Municipal da Ponte, Ourense, e que supón unha mirada rápida, mais estruturada, ó sentir dunha terra ó longo dun ano. Parte do contido pode sernos cercano ou terllo escoitado ós nosos maiores. É atractivo que se condesase en poucas páxinas e se acompañase dos debuxos de Xosé Conde Corbal. Tamén representa un ánimo e testemuño que calquera podería coller: resumir e poñer por escrito o que coñecemos sobre o noso pobo. Tampouco vai ser cousa de volverse etnógrafo, pero ben que podiamos deixar documentación que os expertos poidan consultar desde xa.

O limiar leva o título de "A medida do tempo" e introdúcenos nos inicios e formación dos calendarios, da necesidade humana de dividir e nomear ciclos temporais, para así coñecer mellor e controlar o medio. Recollo curiosidades como que foi a Lúa quen mereceu máis atención primeira, inda que o Sol resultou de máis interese; que os calendarios non son só froito da metódica e paciente observación e estudio humano, senón que vive tamén de crenzas e costumes; e, por rematar, diferentes datas que son fitos na formación do actual calendario: tralo do rei Numa, as reformas do s. II, de Xulio César (46 a.C.), de Octavio Augusto, de Gregorio XIII (1582),...

Na "Razón e límites do noso ANUARIO" pásase a constatar que o multiforme mundo galego, ca súa paisaxe e cas persoas que o conforman, pode perder en breve parte da súa historia e cultura. Así, o Anuario ven a recoller unha parte delas, mostrándoas nun devir cronolóxico cíclico. Incluso se di que se esmorece parte dese mundo, o mellor que podemos facer é acompañalo e non deixar de visitar os seus restos. Mentres dure a agonía, recolle o autor ditos, traballos e crenzas, festexos e ritos, sendo consciente que o espíritu galego non os fixou nun determinado mes, senón que os vivíu intensamente, por riba de estruturas cronolóxicas e que esas vivencias foron as que deron intensidade e interés a certos tempos.

A seguir van os meses, cos seus refráns, traballos senlleiros e crenzas relacionadas, xunto cas festas, moitas delas cristiás ou cristianizadas. Imos ver un par de exemplos. 

Tras ocuparse dos Maios e as Festas do Ramo, na páxina 51 comeza o espazo adicado a xuño, O Corpus e san Xoán. Xuño ven de Iunius, da deusa romana Iuno, irmá e cónxuxe de Xúpiter. As festas sinaladas son as do Corpus e a de san Xoán. Tempo de verán e de recollida dalgúns vexetais e froitas, co que se sinala o seguinte dito: O que xexúa no san Xoán ou é parvo ou non ten pan. O cuco, paxaro relacionado ca deusa Iuno, ten neste tempo certo protagonismo, inda que maior importancia garda nos meses anteriores. Pasa o señor Quintás a debullar doutrina e ritos relacionados co Corpus e san Xoán bautista. Deste último sinala as Cacharelas, a recollida da Flor da auga e o orballo no amencer do día de festa, así como o baño das nove ondas ou o paseo por nove fontes. Unha sorpresa é a do ovo de san Xoán, práctica máxica ca que se busca entrever o futuro persoal nun ovo que se deixa ó relente da noite de san Xoán.

Sobre o mes de agosto, momento no que escribo estas liñas, di que ven o seu nome do romano Augustus, tendo antes o nome de Sextilis. Recolle un dito que ben sentimos hoxe en día, tras destes incendios e calores: A choiva do mes de Agosto non é choiva: é mel e mosto. Trala mirada rápida ós poucos traballos do mes, pasa a unha longa lista de festas e romarías, nas que destaca a presenza mariana. Só de Ourense menciona a festa de santa María do Mundil, nosa señora de Reza, a Guía, a festa da Encarnación de Celanova e Vilar de flores. 

Unha lectura interesante e breve, que remata ca bibliografía e que ben pode levarnos a valorar e recoller as tradicións, ditos e festas propias do lugar no que nacemos.

viernes, 27 de mayo de 2022

'Pálida morte, negra sombra', marabilloso disco de Xerión

Sempre é un pracer regresar á discografía de Xerión para poder gozar dunha sonoridade diferente e creativa. Esta banda ourensá é capaz de reinventarse, acoller influenzas que van da actualidade ata pasados séculos, adaptarse ó número de membros e posibilidades, sen por iso deixar de plasmar unha poderosa catarse emocional no seu Metal Galaico Extremo!!!

'Pálida morte, negra sombra' é un tesouriño gravado do 6 ó 9 de decembro de 2008, cando Xerión eran Nocturno, Daga e Iron. No mesmo inverno dese ano concebiuse o magnífico deseño gráfico do disco, da man do Deus Preguiceiro. Composicións onde se xuntan alomenos dúas fotos por imaxe, con ampla presenza do monte e o lume, ademais dos tres músicos. O filtro "sepia" debuxa un mundo onírico que semella en permanente solpor, o cal leva á noite na que semellan estar os tres e ó lume que os ilumina. Impactante e bela a de Daga, mirándonos fixamente. Ademais das fotos, Xerión ofrécenos as letras, detalle que sempre agradecín sobremaneira. Un detalle das mesmas é que todas comenzan igual: "Na noite"...

Cinco son os temas, cada un cunha personalidade e detalles que os distinguen uns doutros. Algo que me leva a recomendar este disco a quen se inicie polas sendas desta banda ourensá. Aquí terá unha boa mostra do que fan e de como se expresan, facendo da súa música un camiño de expresividade e creatividade ben chamativo.


"Choeur de Nuit", un inicio para nada esperado se liches no libriño interior que XERIÓN FAI METAL GALAICO EXTREMO EXCLUSIVAMENTE. Un precioso e inquedante tema que conta con canto de voz limpa de Nocturno e vai pasando do expectante a un intre de alegría, como unha transición da tebra á luz, da noite ó amencer. Son as imaxes que me suxire ese cambio melódico na metade do tema. Unha transición que me recordou á melodía do inicio de 'Historias', o mítico programa de radio, onde Juan José Plans nos fixo pasar máis dunha noite "de medo, con medo". O que pasa é que Xerión pasa do tenso ó relaxante e na de Plans o paso era ó contrario.

"No funeral dos antergos" xa saboreamos o aceiro das guitarras e a aceleración da percusión. Ah! e que gusto as melodías dos teclados. Catro párrafos para descargar a visión tristeira do fin dunha era, dunha cultura, duns heroes... mentres os que esquecen o pasado aposta sobreviven. Todos? Non, o cantor sabe do que foi e é, deixando rastro silandeiro, mais duradeiro, nas antigas pedras.

Nova metálica distorsión e "zapatilla" no inicio de "A noite das meigas". O mesmo estilo de voz rachada que o anterior tema, con referencias literarias que me fan pensar que o cantor segue no mesmo espazo que antes, mais noutro tempo. A noite, igual, nun monte onde volve alumear un lume, considerado antes sagrado e agora máxico; nesta son as bruxas quen o coidan, mentres que foron anteriormente os druidas. Encantáronme as disharmonías de Daga, un precioso contrapunto musical que fai vibrar algo dentro de min.

"Profecía segunda" supón un alto no camiño, cunha proposta nada extrema, metaleiramente falando, pois é a voz (pasadas as súas frases ó revés) xunto cas sentidas melodías do teclado quen, lenemente, nos evocan un ambiente de calma e evocación. A percusión, baixiña, de fondo, levándonos cara o tono épico da última parte da composición. Non se asustar!! Se queredes saber que di Nocturno non hai máis que botar un ollo ó libriño das letras: recolle os primeiros versiños dos temas 2, 3 e 5, conxugándoos cunha frase que os reúne e semella anular Todo na Nada. Ben sabemos os seguidores de Xerión que iso non significa o fin, senón que hai en marcha unha transmutación, un ciclo, un algo novo que xorde do vello, ou unha dimensión que estaba velada e agora se manifesta, quedando a outra como agachada, máis non desfeita. Os extremos tócanse, Todo e Nada, realmente se diferencian tanto?

Remata o disco con "Pálida morte, negra sombra", un longo tema que recolle todo o anterior e nolo sintetiza e mellora. Un tema que me encanta e hipnotiza, con ese inicio onde a voz de Nocturno vaise volvendo máis e máis gutural; onde a feroz descarga de Iron deixa paso a atmosfera soñadora de Daga e se camiña cara unha apoteose de tódolos instrumentos cabalgando nunha pasaxe épica que progresa dende a contención ata a imponencia conxugada dos artistas. Marabilloso clímax que se alonga ata o remate!!

martes, 10 de mayo de 2022

“Pascua y Tiempo Pascual” en ‘Vivir el año litúrgico’, de Ramiro González Cougil

“Pascua y Tiempo Pascual” en ‘Vivir el año litúrgico’, de Ramiro González Cougil, dossiers CPL, 1º ed, 2011.

Don Ramiro González fue profesor mío y una de las cosas que recuerdo de sus clases es que era capaz de escribir un libro a partir de un párrafo del texto que estuviésemos usando. Su manejo de la materia le permitía enlazar diferentes aspectos y temas desde la lectura que realizábamos en el aula. A partir de la síntesis histórica que nos acercaba a la renovación litúrgica pre concilio Vaticano, el buen hombre asaltaba cuestiones como el desarrollo del culto cristiano, los cambios en la rúbricas del misal o la publicación de un nuevo documento pontificio. Anteriormente, en este mismo blog, os traje un escrito suyo sobre el nuevo Ritual de Exorcismos.

Esta vez ha jugado al revés, a realizar una síntesis ágil de textos variados, de modo que no solo explica símbolos y actos de los diferentes Tiempos del calendario litúrgico católico, sino que te invita a la realización, personal y comunitaria, de los mismos, para llegar a lo invisible desde lo visible: colores, vestiduras, palabras, acciones… En su momento consulté otras partes del libro y hoy os comparto mis impresiones y resumen del capítulo dedicado a la Pascua, Tiempo central de la liturgia y el calendario católico.

46 páginas dedica el viejo profesor a introducirnos en la espiritualidad, los ritos y devociones, el significado y las acciones litúrgicas del Tiempo de la Pascua. Es el central del año litúrgico católico, la celebración centrada en el mensaje de la resurrección de Cristo. Mediante párrafos generales ofrece perspectivas amplias, pasando luego a días concretos, celebraciones especiales y símbolos característicos. El texto se nota transido de contenida emoción, fruto del trato cotidiano con la materia y por la dedicación existencial a la misma. Las invitaciones continuas a ciertas prácticas y a la participación consciente en las celebraciones pascuales es una continua llamada a descubrir el Misterio tras el ropaje de tangible.

Los textos y las citas se suceden. Los documentos iluminan la práctica actual, mientras que los textos bíblicos siguen el pulso de la liturgia. Esto ayuda a que el fiel o el curioso descubran la unión entre este libro y la vida pascual eclesial. No solo aprendes qué es la Pascua y cómo la celebra la Iglesia, sino que puedes seguir los textos litúrgicos de cada etapa. Vamos, es como si te llevases este libro a Misa y pudieses ir de él a ella y viceversa. No es una teología árida o de tendencia racionalista, sino una vivencia que se filtra en palabras que la Iglesia usa en diferentes ámbitos: desde el celebrativo al académico. Y la síntesis de don Ramiro se desarrolla de tal modo que la entiendes solo leyéndola, pero la enriqueces si luego ves cómo palpita en los ritos. Igual que hace años había quien llevaba su misalito a Misa para poder seguirla y comprenderla, ahora te puedes ir con esto al templo y entrar en una viva dinámica de fe y celebración, de curiosidad e investigación. ¡Es que hasta te resume lecturas por domingos y ciclos! Hasta tal punto ha bajado la concreción de un trabajo titánico presentado en formato asumible.

Los datos históricos son sucintos, pero enjundiosos. Por la forma en que se presentan, ayuda mucho a sentirlos como parte de un camino que llega hasta hoy, más que como un añadido de más o menos interés dentro del conjunto. Y las referencias a ciertas devociones modernas puede que inspire a más de uno, ya que las presenta de un modo atractivo y dentro de las posibilidades de vivencia personal en el rico mundo de las expresiones populares católicas.

Igual que con la Pascua, presenta el resto del año litúrgico con igual riqueza. Tanto el fiel como el curioso pueden disfrutar de esta lectura, enriquecerse cultural y espiritualmente, y comprender mejor este curioso calendario que palpita existencialmente con tiempos amplios que permitan conocer y viajar cara su centro divino: Cristo.


 

domingo, 24 de abril de 2022

Tarde de arada abril 2022 en Louredo

As terras de Louredo están a mudar estes días de abril, trala primeira lúa chea de primavera. Os sucesos celestiais marcan un ritmo ós esforzados louredeses, que miran ó ceo ou consultan os calendarios para preparar as sementeiras. Os riscos que abren os terreos precisan dun permiso celestial, xeralmente relacionado ca lúa minguante, ademais do propio "bo tempo" atmosférico. Tamén se procura a presencia de varios traballadores, por aquelo de alixeirar os traballos e para alegrar o corazón cunha sentida parola, xa sexan veciños, xa familiares. 

En Louredo vemos a lúa minguante como propiciadora das forzas contidas no profundo da terra, relacionando o descenso da súa pratexada luz cas sementeiras dos vexetais que medran subterraneamente, ca recollida dos mesmos, cos froitos que brotan de ramas aéreas e a forza que se vai concentrando neles, e non nas ramas, ca limpeza dos ollos das patacas recollidas e almacenadas,... O crecente relacionámolo co aumento de rama e folla, co descenso na produción de froito, ca potencia da savia e o coidado que hai que poñer na poda, inda que tamén se pode usar ese impulso invisible para facer secar plantas malas, sobre todo se medran moito e un quere podalas ou cortalas para que sangren abondosamente. 

Dunha entrada anterior, o influxo lunar nas crenzas populares

O día de arada era día de alegría na casa, pois compartíase conversa, traballo e comida. Queda recordo desto, inda que xa non se invirte tanto tempo nin as forzas son tantas coma antes, mais inda se respira un clima alegre. A arada deste 2022 veu precedida dun inverno seco, con temperturas propias de primavera. A terra, insospeitadamente, gardaba suficiente humidade, mais os veciños comentaban o mal que sería seguir con esta seca, seguir cunha primavera de escasas choivas. E que non veñan xeadas ou pedra (granizo)!


Recordan os maiores como en san Xoán de Louredo se tocaban as campás durante todo o mes de maio, para evitar esas treboadas funestas. Aquí, a diferencia doutros pobos, non se esperaba a chegada de tenebrosos nubeiros, xa se tocaba por tradición, como profiláctica costume en pro do sementado, nunha época especialmente sensible no desenrolo das plantas. 


O proceso ven sendo o de sempre: limpar o terreo a arar, eliminando herba e vexetais, queimando os píos do ano pasado, repartindo esterco sobre a superficie. Unha vez comeza a tarefa do arado, os de a pé encárganse de achairar o terreo arado e tirar do esterco da superficie ós riscos abertos, sobre os que pasará a roda do tractor a continuación. Se o labor se alonga, gústase de facer unha paradiña, compartindo impresións sobre o tempo e o terreo, ademais dun refrixerio. Rematada a arada, os da casa dispóñense a dividir o terreo, pensando na sementeira. Cada vexetal ten o seu tempo, xa botando semente, xa trasplantando. 


A zona destinada a millo é a que merece a primeira atención: ou a ollo ou cun cordel tenso, demárcanse os regos polos que fluirá a auga e tamén se poden marcar os camiños de paso. A seguir, co sacho, quedan fixados na terra. Importa moito a atención e a experiencia, de modo que se sitúen estes e a futura sementeira en certa pendente, facilitando o paso da auga a todo o terreo. Feitos os regos pásanse ós riscos de sementeira: fanse cun angazo de madeira de catro dentes. O dente dun extremo vai polo rego, sendo este a clave, tírase ata o seguinte rego; logo, de volta, fincando o dente dun extremo no último risco feito, o que limita co terreo sen marcar. Seguíndoos, os sementadores irán pousando un grau de millo a cada paso que dan, co espichón na man (tarefa denominada "espichar").

As fotos anteriores corresponden á tarde de arada do pasado 20 de abril. Solleira, mais cun vento norte frío que cortaba e secaba a terra. Recupero agora algunhas fotos doutros anos, acompañadas de notas que lles dan un contexto. Penso que serán un precioso complemento e motivo de recordo ou curiosidade.


San Xoán de Louredo, 6 de maio de 2017.

Terreos arados hai pouco, onde vemos o camiño (a liña recta máis grosa) que os atravesa e conecta, os regos para a auga (máis finos, pero aínda grosos) e as liñas de plantación, algunhas xa ocupadas por plantas crecidas.

Unha vez arada a terra, ademais de sinalizar o camiño que a cruza dun extremo ó outro (ó ancho), o importante é marcar por onde irá a auga da poza. Aquí temos dous regos, que parten da dereita da foto cara a esquerda. Xunto ó muro hai zonas polas que discorre o caudal e conectan con este campo.

A segunda demarcación é a das liñas de sementeira. Estas defínense por ir desde un rego ó límite da leira ou entre dous surcos de rega. Realízanse cunha especie de angazo longo, con poucos dentes, realizado todo en madeira. Así se consegue, nunha sola pasada, varias liñas paralelas (unha liña por dente). Se se trata de millo, a semente introdúcese na terra cun "espichón", que realiza un buraco de varios centímetros de profundidade. Coa mesma ferramenta péchase o buraco, removendo a terra circundante. A esta forma de sementa denominámola "espichar". Tamén cabe realizar trasplante de vexetais xa crecidos, como pode ser ó colocar as plantas de tomates e pementos.

De ano en ano rótanse ou innovan os cultivos, de modo que a terra "non se canse".

Foto do 20 de abril de 2018, en san Xoán de Louredo. Todo estaba listo para unha próxima mañá de arada.

O campo ségase e os "píos" quéimanse, deixando os restos da palla seca e as cinzas no mesmo sitio, colócanse " medas" de esterco e dispóñense os apeiros. Dependendo da leira e da xente que veña botar unha man, o tempo da arada, amén da arte do arador e o seu arado. É unha mañá alegre, tinguida polo esforzo, onde non só se lle dá caña ó sacho, senón que se comparten as novidades do pobo, pregúntase pola familia e lémbranse tempos pasados, con máis veciños traballando estas mesmas terras.

Se a cousa se alonga hai que realizar unha parada. Sérvense cervezas ou refrescos, cando non se vai á próxima fonte de Pedradas (auga sempre fresca e saborosa). Non faltaba antes a gasosa. Non era momento para o viño nin para comer, sacando algunha froita ou un lixeiro bocadillo. E regresábase á faena: o tractor abre a gabia, tírase de "sacho" e arrástrase a ela esterco, raspando un tanto o terreo máis próximo ó rego recentemente aberto.

Este terreo adoitaba terminarse antes de mediodía e había que tirar de cordel para sinalizar por onde irían os regos da auga e por onde os destinados á sementeira: millo, tomates, pementos, remolacha, xudías, cabazas... E, se o tempo o permitía, antes de comer, comezar a espichar, sementando o millo.

San Xoán de Louredo, 21 de abril de 2018. Día de arada.

Os asistentes repártense ó longo dos surcos do arado. O tractor pasa, abrindo a terra e cada quen se mete no rego, arrastra esterco cara si e raspa o terreo. Se se dá a volta, procura achairar un tanto a terra arada coa súa aixada. E, sempre, sempre, tendo coidado de manter a conversación cos próximos e a vista posta nas distancias co tractorista.

Nesta foto, nos terreos entre O Outeiro e Pedradas, vemos os primeiros regos arados (á dereita) e o terreo que falta (á esquerda). Sobre este, unha zona próxima co esterco esparexido sobre a terra. A zona máis afastada non o ten, quizais porque non se puido repartir alí ou porque a meda situouse máis cara á esquerda. Os labradores arrastran esterco ou raspan a terra agreste. Así, introducen no terreo a capa verde, conformada por restos de millo, grelos e herba. Tamén, cinzas dos píos (queimados nalgunha mañá de néboa pechada).