'Quen foi María Magdalena?' de Carmen Bernabé Ubieta
Breve artigo publicado en galego, na revista 'Encrucillada', número 143, no ano 2005, pola doutora en Teoloxía Bíblica Carmen Bernabé Ubieta.
Recolle breves referencias a María Magdalena, mostrando tres fontes informativas: evanxeos canónicos, escritos apócrifos e eclesiásticos. A súa figura pasou de importante, chegando a ser denominada apóstol dos apóstoles, a ser menospreciada ou reducida a unha imaxe falsa de prostituta arrepentida. actualmente, dende hai anos, vive unha etapa de redescubrimento e valoración positiva.
María, nome común na época, popular entre as princesas asmodeas, "Miryam", en orixe; Magdalena, referencia xeográfica (de nacemento, seguramente) a Magdala, a Tariquea de Flavio Josefo, cida relacionada ca pesca e conseva peixeira en salgadura, ademais de resistente ante os embites romanos.
1. Nos escritos canónicos
Sacando Lucas, os evanxeos presentan a María no momento da crucifixión, sepultura e resurreción de Xesús, como discípula e destinataria dunha revelación que debía comunicar. Fan referencia a que era discípula xa anteriormente. Usando termos similares, cada evanxelista dá unha versión sutilmente diferente dela, conforme ó seu plan teolóxico e destinatarios. É curioso ver a cantidade de mulleres durante a paixón e a práctica desaparición dos discípulos homes nese momento. Sobre todo, pensando que a muller non tiña peso como testemuña daquelas. No grupo delas, soe ser a primeira en ser nomeada (agás en Xoán), o que se traduce como unha figura importante.
2. Nos escritos extracanónicos ou apócrifos
Textos posteriores ós evanxeos canónicos, non se consideran como fonte histórica directa, senón como reflexos de doutrinas e confrontacións da época. A de Magdala aparece en máis ocasións, desde diferentes perspectivas, co cal temos unha imaxe das preocupacións e discusións de entón arredor da autoridade, as revelacións e o papel da muller naquelas comunidades. Mantense a imaxe de discípula, apóstol e compañeira sinalada de Xesús para revelacións importantes. Esto leva á envexa de Pedro, que non a soporta como unha igual (ou superior). De diferentes formas, en consonancia ca doutrina que se expoña no texto, Xesús segue dándolle importancia, cando non preeminencia, á Magdalena. De fondo, a cuestión da autoridade e a visibilidade da muller na comunidade.
3. Nos escritos eclesiásticos
Na corrente que se foi facendo máis visible e que constituiría a igrexa oficial, María aparece con diferentes rostros, que se irán perfilando para adaptalos á predicación e costumes de cada época. Queda claro que foi unha muller de referencia, inda que a súa memoria foi mudada e usouse para impoñer novos roles ó resto de mulleres, promovendo un papel secundario.
4. Prostituta?
![]() |
Magdalena penitente, Luis de Carvajal |
No hay comentarios:
Publicar un comentario