jueves, 18 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VIII

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VIII

Imos chegando ó fin deste particular novenario de lembranzas, fotos, escolmas de estudios e vellos documentos que, dalgunha maneira, poden irnos debuxando a importancia e influencia do san Benito do Rabiño. Mais queda moito por escribir, que por dicir, xa moito dicimos e falamos. Penso que, se toda esa tradición, ou tradicións, oral dos nosos maiores se puxera por escrito, había quedar un precioso documento que se xuntaría cas referencias históricas que coñecemos estes días. 

San Benito do Rabiño, 11 de xullo de 2006
 

Non sei que se recollese en algún medio audiovisual o falar dos que se achegan a san Benito. Curiosamente, si hai uns minutos dos fieis que foron ata Los Molinos, Madrid, a levar a imaxe do santo, tal como vos contaba onte. No vídeo de Youtube que sintetiza a chegada da imaxe e os veciños do concello de Cortegada alá, quedan os tramos finais para entrevistar ós presentes, converténdose eses intres nun precioso documento único. Por non recoller, penso que nin hai constancia de persoeiros que visitasen o templo nin das súas verbas. 

 

 

No 2017 acertei a ter tempo para achegarme e levar parte da prédica de don José López Gil. E se buscase con calma, ata pode que atopase as liñas que lle dediquei a un bispo de Ourense cando veu pola festa (creo que fora don Carlos Osoro). E máis aló? A memoria efímera. Ou non? Imos ver. 


 

 

 

 

Fóra da Rede pode que moito material esté agardando para darnos unha sorpresa. Dentro dela, podemos recoller, por exemplo, o dato deste relixioso que naceu no Rabiño. Ollo, que, tal como levamos advertido, a referencia cambia, sendo aquí san Benito da Arnoia. Vexamos o resumo biográfico de fray Santiago Álvarez, relixioso agustino bautizado no Rabiño.


 

 

 

A mesma denominación que lle cae a estoutro recorte dun libro dixitalizado, onde se dá conta do paso dun relixioso pola parroquia, por mor dunha misión. Tamén sobre unhas misións parroquiais fálannos as cruces brancas do exterior da igrexa. Recollo o inicio da misión predicadora do pai José de Carabantes no bispado de Ourense en 1669, onde comezou pola parroquia da Santísima Trindade e pasou polo Rabiño, aquí sinalado como "San Benito de la Arnoya".


 

 

 

E esta carta de agradecemento que o párroco daquelas, don Emilio Viéitez, escribe ó seu bispo, e que quedou impresa no boletín do bispado. 


 

 

 

Este nome danos para colar un estudio na revista ourensá 'Diversarum Rerum', onde o Rabiño é citado como lugar onde existía unha pasantía, un estudio dirixido polo párroco para aprender latín e outros saberes a futuros seminaristas, sen estudios inda. Este recorte pertence ó dito artigo, publicado no número 12 da revista.


 

Ó final, algo hai, pouquiño, pero algo hai. E quédame a alegría de poder contribuír un nadiña con estas entradas sinxelas, que seguiron un particular novenario de historias sen moita planificación. Agardemos que quen administre o Facebook parroquial poida ilustrarnos máis no tempo que irá dende esta festa do san Benito do inverno ata a do verán.


 Festa do san Benito do verán, o 11 de xullo de 2006. Actualmente, é a festa recoñecida para toda a Igrexa, pois a do 21 de marzo quedou para a Orde Benedictina e as parroquias que inda a festexan, por aquelo de que teñen ó abade como patrono. Se non, a festa do san Benito do inverno desapareceu a inicios dos anos 70 da epacta, cando se reformou o calendario litúrxico da Igrexa Católica. Na imaxe temos, dende a esquerda, a don Rafael, o sacristán, ó falecido párroco don Delmiro González Carpintero (+11-06-2011) , don Benito de Padrenda (sentado). O santo que mostra o libro aberto é san Pedro e leva as chaves na súa man esquerda. O báculo que asoma á dereita da foto é o de san Benito, que tamén leva un libro aberto nas súas mans, o libro da súa Regla (o de san Pedro aberto cara a concurrencia, o de san Benito aberto cara el). Sobre o altar atópase o relicario de san Benito, que se expón durante as misas das súas festas.

 

miércoles, 17 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VII

 San Benito do inverno 2021, O Rabiño VII

Hace ya muchos años, cuentan, el "tío Celestino" mandó hacer unas estampas de san Benito de O Rabiño en Barcelona. Quizás, las primeras estampas. El caso es que le comentaron: hombre, el santo será milagrero, pero es feíllo. Imagino que hablaban de la imagen procesional, que llama la atención por su vestido negro bordado, que cubre la imagen completamente, incluso rodeando la cabeza. Solo se ve cabeza y manos, aunque hay que decir que tampoco hay nada más que ver, pues el resto es un armazón de madera. 

 El otro san Benito del templo se encuentra en el retablo mayor y tiene porte y expresividad. Hay contraste entre ambas imágenes: el rostro moreno del altar, contra el claro de la imagen procesional; la concentración y el rictus adusto de aquel, contra cierta dulzura de este; el dinamismo del primero, al que se contrapone la quietud del segundo... Hasta podríamos leer esto en cierta clave místico existencial, dando a la potente imagen del altar el vistazo del Benito terrenal, con el que puede identificarse el fiel, mientras que la otra imagen, hierática pero trasluciendo paz y disfrute, la promesa del Cielo, donde el dinamismo y la pasión no conocen limitaciones ni contratiempos. Una referencia a las postrimerías nos pondría en la tesitura del hacer y decir bien en esta vida, para poder quedar en sintonía eterna con la bondad divina y de sus santos.

Imagen del santo abad en el retablo mayor

Tres imágenes que obtuve en años diferentes, donde se ve cómo la original, en el centro, ha sido trasladada a otros formatos, como el papel de la novena, a la izquierda, y a un cuadro, a la derecha, colgado en el comedor de la antigua rectoral.
 
No sé si existen estampas de ambas imágenes, ya que todas las que pude ver son siempre de la imagen procesional, que se venera en la capilla lateral de la iglesia y que suele visitarse para rezar ante ella, pasarle un pañuelo por el manto (y luego por el propio rostro o una zona enferma del cuerpo) u ofrecerle un exvoto de cera, de los que hay varias formas, ya sean de cuerpo entero, de un brazo, una pierna... También es la imagen que aparece en la segunda edición de su novena (de 1916 o posterior). 

Imagen pétrea de san Benito sobre la puerta mayor de su iglesia en O Rabiño, Cortegada, hoy arciprestazgo de Ribadavia. Hábito negro, señal de humildad, báculo, símbolo de pastor y padre, el libro de su Regla y el cuervo que se llevó lejos un pan envenenado.
 

Las mismas fotos que se suelen compartir en redes suelen ponerle a él en el máximo interés, olvidando muchas veces al del altar y ya no digamos la imagen de piedra, que está situada sobre la puerta mayor. La imagen, pues, es de sobra conocida y sabe, al menos, de una copia. 

Desde 1997 existe una imagen similar a la del Rabiño, Ourense, en Los Molinos, Madrid. Parece ser que una mujer aquejada de un cáncer en la lengua se ofreció al santo. Al poco, sin mediar aviso, se encuentra con una remisión espontánea y completa de su cáncer, lo que la lleva a una curiosa forma de agradecer la curación: costeará la copia de la imagen para llevarla a su pueblo. aquello tuvo cierta repercusión local aquí, pues se organizó una peculiar peregrinación y salieron dos autobuses para conocer la nueva sede del santo abad. Fue el párroco, don Delmiro, y muchos feligreses, que participaron de la fe y la fiesta en honra a Benito. La fiesta en Los Molinos ha calado hondo, hasta tal punto que mantienen las dos fechas, tal como aquí se hace, en marzo y julio, la novena (imagino que la misma que aquí rezan) y el día festivo, con gaiteiros y pulpeira. Hasta una asociación cultural ha nacido bajo tal devoción. Desconozco si hay relación actual entre las parroquias y si aquella mira a esta a la hora de preparar la novena o los exvotos y recuerdos piadosos.

Tres instantes captados desde el vídeo colgado en Youtube con la llegada del santo a Los Molinos, Madrid.


 

 

 

Recorte de la página web de la parroquia madrileña donde veneran a san Benito de O Rabiño. 

martes, 16 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VI

San Benito do inverno 2021, O Rabiño VI

Hoxe vamos cunha coleción de recortes de documentos, estudios e mapas, para ver diferentes nomes que recibiu o que hoxe coñecemos como San Benito do Rabiño, finalizando cunha mirada cara A Arnoia e unha historia vella que relaciona ambos lugares.

O Rabiño, xunto con parroquias limítrofes, recibiu diferentes nomes e foi desexado por diversos señores, como quedou constancia nalgúns documentos. Así nos presentan parte da situación os autores do artigo publicado en MINIUS X, 2002, pp. 111-134, "A terra de Celanova na Idade Media".

A finais do s. XV non andaba a cousa mellor, como nos mostran ca introdución e transcripción dalgúns documentos no artigo de Rudesindus 5/2009. Páxinas 217-228, "Seis autos de recebemento de bens do mosteiro de Celanova de 1493".



Un vello mapa de 1603 recolle unha curiosa denominación, que despois veremos nun seguinte igual: S. Benito del R. (río) Arnoyo. O Instituto Geográfico Nacional danos varios datos, dos que escolmo estes:

Fecha: 1603 (1988)
Autor(es): Ioannes Baptista Vrints, aemulus studii geographiae ; D. Abrahami Ortelli, P.M. Cosmog. Regii, Excudit.
Lugar de publicación: Países Bajos 

Comprende el antiguo reino de Galicia. Aparece por primera vez en la segunda edición en español del "Theatrum Orbis Terrarum" de Abraham Ortelius, publicada en 1603 y cuya primera edición data de 1570. Esta edición fascsímil fue publicada por el Instituto Geográfico Nacional en 1988. Toponimia en castellano. Rotulación en letra romanilla e itálica. El original datado durante el reinado de Felipe II (1598-1621).


Tal curiosa denominación volverá repetirse noutro mapa, esta vez de 1696. Extracto os datos, que na páxina do IGN poderedes ver en completa edición. 

Fecha: 1696 
Autor(es): descritto da Giacomo Cantelli da Vignola, Geógrafo ; A. Barbey sc.
Lugar de publicación: España
 

Comprende el reino de Galicia. Pertenece a una de las ediciones del atlas "Mercurio Geográfico". El mapa se incluye en la cuarta edición, la más famosa, producida por Domenico de Rossi, acompañado de Antonio Barbey como grabador en la última década del siglo.En el ángulo superior izquierdo, cartela en cornucopia con el escudo del reino de Galicia que lleva acolada la cruz de la Orden de Santiago, conteniendo el título, autor, editor, lugar, fecha de edición, escalas gráficas y signos convencionales.Abundante toponimia, la local en castellano y el resto en italiano. Rotulación en letra romanilla e itálica. Versión posterior del publicado en Roma, 1696. Datado durante el reinado de Carlos III (1665-1700).

O padre Sarmiento pasou polas nosas terras, pode que dúas veces. Da primeira, en decembro de 1745, deixou constancia nestas liñas, onde nos di que pasou a Arnoia, subiu cara Louredo (por Refexón?) e dende alí cara Refoxos e Celanova. Dos nomes da contorna, atopamos este San Benito da Arnoia.

Sigo buscando mapas e adianto a 1816, onde aparece "Rabiño", sen máis referencia. Outros nomes de poboacións quedan reflexados (Refojos, Valongo, Cortegada), mentres que outros non, como Louredo. Unha cousa curiosa é a disposicións dos lugares, o que nos dá a entender que os diseñadores non pisaron a zona nin tiveron boas fontes que situasen mellor os nomes dos pobos.


Autor/a: López, Tomás e López, Juan
Fecha: 1816
Título: Mapa del Reyno de Galicia dividido en siete provincias [Material cartográfico]: Santiago, La Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy / obra de Don Tomas Lopez Geógrafo que fué de los Dominios de S.M.
 
Consultado no Repositorio Minerva, da USC.

Non me esquezo da importante Carta Geométrica de Galicia, de Fontán. Un traballo magnífico, impreso en 1845, inda que xa fora rematado e presentado uns 11 anos antes. Aparece "Rabiño", sen máis. Do devandito repositorio Minerva, entrecollo estes datos. 

Título: Carta geométrica de Galicia [Material cartográfico] : dividida en sus provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos; presentada en 1834 a SM La Reina Gobernadora Doña Maria Cristina de Borbón por su Secretario de Estado y del despacho de lo Interior / levantada y construida en la escala del cienmilesimo por Domingo Fontan ... ; grabada bajo la dirección del autor en 1845 por L. Bouffard.
 
Data: 1845 
 
Notas: Na port.: "Levantada y construida por el Dr. D. Domingo Fontán: Director del Observatorio Astronómico de Madrid; diputado a Cortés; Individuo de la Academia de la Historia y de la Sociedad de Geografía de París; Ex Profesor de Matematicas sublimea y de Mecánica Industrial en la Ciudad de Santiago"
Na parte inferior esquerda: "No se grabó la división de los partidos y ayuntamientos en razón de su interinidad".

El Correo Gallego, 1903
Finalmente, chegamos á vella historia. Non é esta que recolle a prensa, mais ten moita relación. O caso é que entre as parroquias de san Benito e Louredo non sempre houbo boas relacións. E nun ano, que os maiores sitúan preto da guerra fraticida de finais dos 30 do século pasado, pasou que "o día do Neno Jesús", Nadal ou Reis, seica, os de san Benito e Louredo pelexaron. De noite, uns cantos do Rabiño marcharon correndo e os de Louredo detrás, por se os collían. Cando pensaban que os perderan e que xa correran bastante, deron a volta cara o pobo, pero foron asaltados por un grupo do Rabiño que quedaran agochado nas tebras. A malleira foi xeitosa. Popis ben, cando chegou a novena e festa do san Benito, en vez de seguir a costume de baixar á igrexa do Rabiño, estes mozos foron celebralo ó san Salvador da Arnoia

San Salvador da Arnoia, 15-03-2021




 

domingo, 14 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño V

San Benito do inverno 2021, O Rabiño V

Imagen y novena
de san Benito de O Rabiño
en una casa
Después de un buen rato buscando por título y autor, decidí poner en Google la portada de una vieja versión de la novena a san Benito do Rabiño. ¿Y sabes qué? Que no sale ningún resultado, ni en búsquedas generales ni rebuscando en el catálogo de Galiciana, ni la Biblioteca Nacional de España. ¡Ah, espera! ¿Y en la Biblioteca pública de Ourense? Pues nada, tampoco hay referencias. Así que, si alguien se anima, que se ponga en contacto con ellos y les mande un ejemplar. No hay temor a que esta novena se pierda en el olvido, ya que está muy extendida y muchas casas la tienen. Pero sería interesante que los investigadores la tengan fichada en alguna biblioteca, de modo que se conozca su texto y sirva como complemento a quien investigue la época o al autor de la misma. Y si alguien tiene los boletines del obispado de 1916, que le pegue un ojo, por si sale algo referido a ella.

Como pasa con la de san Xoán de Louredo, no se utilizan todas las partes de la novena. Es más extensa y, básicamente, consiste en un acto de contricción, la lectura de una consideración sobre virtudes o las postrimerías (el día octavo, sobre la muerte, por ejemplo) y la exposición de un capítulo de la vida de san Benito, seguido de una oración final y la recitación conjunta de otra oración. Cómo no, los que estos días estéis con la novena, corregidme y ampliad esta información.

He consultado un viejo ejemplar, de la segunda edición del padre Antonio Alonso, benedictino, impresa en La región, sin año. Reproduce los nihil obstat e imprimatur de sus superiores en la Orden y del Obispo de Ourense. Los permisos, tras la debida revisión y censura, están fechados en 1916. Pero quizás se refieran a la primera edición y aquí simplemente se hayan añadido para tranquilidad del fiel. ¿O entregaría el autor la nueva edición, que está ampliada respecto a la original, para un nuevo vistazo del censor eclesiástico? Habría que investigar si alguien tiene una primera edición (y digitalizarla). La novena que ahora se usa y se vende, ¿es la misma o ha sufrido nuevos cambios? 

Novena a san Benito conservada por una fiel de Louredo
 

Fotografía de una edición renovada de la novena a san Benito abad, venerado en O Rabiño, enviada por el reverendo José Ramón Villar el 09-07-2020. 

Dice el autor que a las consideraciones diarias, de la primera edición, le ha añadido ejemplos sacados de la vida del santo, extraídos del segundo libro de los Diálogos del Papa Gregorio, que vivió pocos años después del santo abad. La idea es muy bella: no solo se predica, sino que se ofrecen detalles concretos del comportamiento de san Benito, de modo que sea más fácil imitarlo y se demuestre que llevó a cabo una vida santa. El libro de los Diálogos dedicado a él, así como su Regla, son libros hoy fácilmente conseguibles. En cualquier librería, en la religiosa diocesana (Betel) o pidiéndolos a editoriales buenas, como la B.A.C., pronto uno los tendrá en sus manos. Como el san Benito del altar central que, con gesto adusto y concentrado, mira el libro que sostiene: su Regla. Alcanzó pronto mucha fama y difusión, llegando a ser aceptada en muchas comunidades, incluso no benedictinas, o ser impuesta por celosos obispos. Hasta el siglo VIII era muy normal que cada abad de un monasterio tomase una regla anterior y, a su vez, redactase una propia. Bajo el reino de Carlomagno, al fin del siglo VIII, la “Regla de los Monjes” de san Benito será la única para todo el Reino franco. Ella gozaba del privilegio de ser de un abad “romano”, calificativo que se le asignaba a san Benito, cuyos monjes, pocos años después de su muerte, tuvieron que refugiarse en Roma ante el asedio de los godos, comenta el padre abad Fernando Rivas, de la abadía de Luján.

BENEDICTO XVI AUDIENCIA GENERAL Miércoles 9 de abril de 2008

Del II Libro de los Diálogos de san Gregorio Magno

Páginas 8 y 9 de la vieja edición de la novena, con un Ejemplo tomado del segundo Libro de Diálogos de san Gregorio Magno, dedicado a la vida de san Benito.





sábado, 13 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño IV

 San Benito do inverno 2021, O Rabiño IV

Investigando nas campás de san Benito
co sr. sacristán e o autor do artigo

atrás escribía que o mundo académico era realidade aparte, e non era por mal, senón porque iba atopando referencias, pero na Rede pouco tiñamos con fundamento e amplitude. Botaba de menos un artigo con calma e monográfico sobre o santuario. Daquela estaba rastrexando que ofrecían as redes, pero aí pouco podíamos recoller. Nalgunhas páxinas web si atopamos datos suficientes para facernos una idea. Así que hoxe dou un pasiño e compártovos una sinxela síntese dun artigo publicado en papel. Por aquello de ampliar miras e comezar a filtrar estudios nas redes sobre O Rabiño. Trátase de 'O humilladoiro de san Bieito do Rabiño (Cortegada-Ourense) e os petos de ánimas que del se benefician', escrito por Xoán Ibáñez Rodríguez.

 

Nada máis comezar vai establecer a diferenza entre milladoiro e humilladoiro, deixando claro que este ten entidade de seu e non precisa ser relacionado con aquel. Por que quere comezar así? Porque na entrada pa igrexa, conforme se sobe desde Cortegada, hai un cartel que di que milladoiro é orixe de humilladoiro. Gracias á definición que descobre o autor, xa podemos decir que non, ou que non necesariamente. Tal como vos adiantaba aí atrás, o do Rabiño tamén foi coñecido como san Benito da Arnoia. Lemos: De vello, o templo coñecíase como san Bieito de Arnoia, por estar inxerido na comarca da Arnoia Baixa, onde o río deste nome se achega ó Miño. Recorda que foi un importante priorado dependente de Celanova e que Cortegada era anexo. Nós podíamos aumentar, dicindo que san Xoán de Louredo tamén o foi. A igrexa é barroca, con nave central e dúas capelas laterais, de cruz latina. Na fachada amosa a data de 1862 (inda que unhas liñas despois di que pon 1861), mais a campá pequeña custodia a de 1612. Rabiño non é diminutivo, senón contración, co significado de "por riba do Miño". 

 

A continuación, comeza a investigación sobre o humilladoiro, do cal non sabemos data, pero atrévese don Xoán a decir que ben pode ser da segunda metade do s.XIX. Situado a uns 50 metros da igrexa, fóra do adro, parece situar o fin do pobo. É de planta cuadrangular, duns 6 metros de lado. As columnas, con arcos de medio punto, deixan ver polos catro lados o cruceiro interior. Está cuberto, cun precioso traballo interior de nervios e medallóns pétreos. Moitos inda lembramos como estaba antes de que restaurasen o monumento e o deixasen tan ben como agora se desfruta. Antes, catro paredes de madeira pechaban o cruceiro e creo que só se abría una os días de festa, dispondo alí dun lugar onde comprar exvotos de cera. O autor continúa ca descrición do cruceiro e as imaxes, aportando varias fotografías ben evocadoras, e preguntándose se terá alguna relación cunha construcción semellante na Cañiza, o santo Cristo de Miranda, en Valeixe

 
 

A continuación, dá conta dos dous petos cos que se atopou, un deles xa debidamente documentado, mentres que do outro non sabía. Remata con varios agradecementos, entre os que e contan a don José Ramón Villar, ó sacristán don Rafael e a min mesmo, que me cadrou estar alí. O tema do humilladoiro xa vedes que ben daba para unha seguinte investigación. Preguntar se os maiores recordan como estaba antes, dende cando estaba tapiado, se se relaciona con alguna práctica piadosa, ver se houbese quen o fotografase con boa calidade e buscar a maneira de revisar o lateral do tellado, pois na pedra que sobresae, baixo as tellas, quedan restos de escritura tallada na pedra (letanías?, pregúntome, pois nunha ocasión pareceume ler "ruega por nos"). 

Como non, á vista desta aportación culta, queda tamén pedirlle ó concello que revise e cambie o texto do cartel; se non é agora, cando lle toque cambialo por un novo. 

 

 

Como complemento, uns recortes de cando fun investigando sobre os humilladoiros e unhas fotos que tirei do de san Benito do Rabiño. Respecto das xa publicadas, a primeira foto e o texto pertencen ó artigo de don Xoán. O resto saqueinas eu.




         

 

viernes, 12 de marzo de 2021

San Benito do inverno 2021, O Rabiño III

San Benito do inverno 2021, O Rabiño III

Si nos vamos a Instagram a buscar algo, los dos mejores caminos son: 

Recortes de Instagram
- con la etiqueta #sanbenitodorabiño (consultada el 11-03-2021, cuenta con 10 fotos y 1 vídeo)

- por la localización (cuya consulta del 11-03-2021 arroja un número en torno a las 40 fotos)

Ni siquiera con todo el material junto tendríamos una imagen de conjunto, aunque sí podremos ver varias caras de gente en la fiesta e instantáneas del exterior y el interior de la iglesia, además de un par de fotos dedicadas al "humilladoiro". Faltan planos más amplios, de modo que nos hiciéramos una mejor imagen de la contorna. Y me surge una idea, que sería la de fotografiar el interior del templo y del humilladoiro, de tal modo que tengamos una imagen de todos los santos y de los nervios y medallones pétreos (¿tendrán relación los de la iglesia y del humilladoiro?). Y que no se nos olvide un vistazo muy de cerca a los laterales de este último: ¿son letanías lo que está grabado en las piedras exteriores del techo?

 

En Twitter hay bastantes referencias y de años distintos, con fotos de personas que recuerdan su paso por la fiesta, comparten su origen o el de sus padres, dan cuenta de algún paseo... pero también encontramos referencias a distintos documentos, como un par de páginas de la novena, un martirologio antiguo o al boletín del obispado de Ourense.

Me ha resultado una buena experiencia ver qué hay en las redes y repasar lo que yo tengo escrito en delouredo.blogspot.com, de modo que ahora puedo valorar la importancia de lo que poco que compartimos por la Red y todo lo que nos falta por documentar. 

Recorte de aportes en Twitter.

Recorte de delouredo.blogspot.com

Ya no digo nada a nivel académico, pues es un mundo "aparte", del que necesitaríamos buenos estudios y variadas publicaciones divulgativas (ojo, que algo hay, aunque ahora mismo no lo reseñe aquí). Yo ahora solo realizo este vuelo superficial sobre las redes y su contenido, mientras imagino qué falta y a quién se podría llamar para rellenar lagunas. De todas, para que veais que cualquiera puede poner un granito de memoria y documentación, dejo constancia de estas pistas, mientras, a nivel personal, sigo con las lecturas personales.

1909. Carta de agradecimiento y crónica de la Santa Misión en O Rabiño, san Benito (matriz). Recogida en el Boletín del Obispado de Ourense

A veces, buscar es un incordio y publicar algo de modo que sea fácil de encontrarlo, otro. Sin embargo, con que le dediquemos a las publicaciones unos segundos, o un minutos más, las enriqueceremos sobremanera. ¿Cómo? Un par de ideas sencillas y rápidas, que suelo usar. La primera es introducir la localización de la foto, cosa que suelen permitir, si no te la dan ya por configuración, las redes consultadas. Eso sí, revisa que el lugar aparezca o que la localización sea lo más cercana posible. Un dato: Twitter no localiza el pueblo de Louredo a fecha de marzo de 2021. La segunda idea es la de etiquetar tu publicación. Personalmente, lo hago al final y uso pocas etiquetas. Por ejemplo, en fotos referidas al santo abad, he usado tanto #sanBenito como #SanBenitoDoRabiño Es fácil, ya ves: pulsar las teclas "AltGr" y "3" al mismo tiempo.

En algunas ocasiones, no solo publico así, sino que tomo el enlace de mi publicación y lo uso para comentar en redes de otras personas. Así, actualizamos datos, damos relevancia a la publicación y quizás consigamos que nos comenten lo nuestro.

San Benito do inverno 2021, O Rabiño II

San Benito do inverno 2021, O Rabiño II

Hai que agradecer a boa idea que tiveron de abrir una páxina de Facebook para a parroquia de san Benito do Rabiño. Centrándose nas festas do patrón e varias celebracións máis, son hoxe en día a mellor referencia para ver o santuario en calquera parte do mundo. Ogallá en breve se animen a un traballo máis paciente, pero tamén necesario, que enriquecerá o seu espazo e convertirao na referencia plena: a inclusión de textos.


 

Agora mesmo, e escribo pensando en alto, o mellor sería recoller breves crónicas da novena e festa de marzo, do san Benito do inverno. A continuación, contando con esta breve experiencia e revisándoa dentro dunhas semanas, pensar como reflexar seguintes celebracións, como pode ser o san Benito do verán, a de outros santos que se vexan nos altares, alguna visita importante ou una síntese dalgunha prédica dominical. Son exemplos concretos e sinxelos de textos que ben poderían acompañar ás fotos que tan xenerosamente nos comparten.

Unha segunda liña sería a de buscar distintos textos sobre o lugar, copialos e compartilos. Textos co peso da autoridade de quen os escribíu ou do tempo pasado. Non teñen por que ser do mesmo estilo, nin da mesma época. Serían mostras de diferentes sentires e estudiares. Porque atoparían fragmentos de poesía, tamén de historia e, quen sabe, recordos de vecinos que marcharon e deixaron aquí o seu corazón e máis dunha lembranza. Penso cando atopei nunha revista dunha casa de Galicia varios escritos sobre Cortegada, por exemplo. A investigación máis bonita e entrañable sería a da revisión das propias casas, entre vellos papeis, postais, cartas,... Pero tamén atoparán en lugares clásicos, como o Madoz

Eu hoxe vouvos compartir textos de dous autores diferentes, separados polos anos, e que nos dan una visión de que en Internet hai moito que inda non coñecemos e,ó tempo, a Rede non o ten todo. Que importante poñer do noso nela, ampliando os documentos a consultar e sacando, seguramente, máis dunha bágoa.

 

Ó que iba: preséntovos unas liñas manuscritas de don Fermín Bouza Brey, que casou en Cortegada, "cunha dos Tortuga", e que recolleu ditos, usos e costumes nun caderno; tamén estes versiños de don Manuel Álvarez Rodríguez, o MAR, sacerdote misioneiro, que lle dedicou ó santo abade este poema, publicado nunha escolma que o autor titulou 'Door de escumas', e da que descoñezo ano de edición (eu tiña un exemplar firmado no 2002, actualmente conservado no arquivo da delegación de misións do bispado de Ourense).

 

Cos breves escritos que me gustaría ir confeccionando estes días, tamén eu quero deixar una escolma de escritos e fotos que enriquezan o traballo de quen leva adiante o Facebook do Rabiño.