miércoles, 14 de agosto de 2019

'K.L.Z.', Xerión, 2019

'A essência do Abismo' é un disco de Xerión que merece unha e outra escoita. Eu non me conformo ca primeira, nin me fío das temperás impresións, senón que prefiro unha inmersión continua, un retorno cíclico ós seus temas, a poder ser cas letras diante, mentres volvo a escoitar as composicións escuras, tan plenas de evocadoras imaxes.

Unha constante é a da fraga, outra é do ceo nocturno. Ás veces o fío conductor é un paseo, unha marcha cara o acubillo da natureza, que non deixa de ter os seus perigos. Outras, como sucede neste primeiro tema do álbum, é unha contemplación extática que parte do chan cara as alturas.

As referencias visuais situarante á ras do chan, mais os sons envolventes farante xirar en torno ó trovador deitado, partindo do teu mirar cara o seu. A música aporta un elemento dinámico que se complementa ca letra, onde a pasividade axuda á contemplación. O ollar calmo do bardo vai da terra cara as estrelas hiperunánicas e, delas, somos empurrados cara o interior do poeta e, de novo, cara o mundo que circunda.

Porque este toma conciencia da natureza que o rodea, voa nos pratexados raios selénicos e fainos partícipes do seu sentir, que empata cas historias antigas do seu pobo.

A mesma música nos introduce neste dinámico ciclo con momentos intensos, pesados, seguidos doutros calmos, ata chegar á integración de tódolos intrumentos e a voz, que modo que os ouvintes tamén fusionemos ver-contemplar, sentir-recordar, microcosmos e macrocosmos, natureza acubillante e ceo escuro lonxano, máis o expresado polo cantor e o que nós mesmos levamos agochado no interior.

Gustei estes sons, deixei fluir estas verbas porque sinto que Xerión non só é catarse, mais evocación complementaria; non só nos dá a oportunidade de recibir o embate das ondas poderosas do seu arte, senón que aporta un momento oportuno para que nos escoitemos a nós mesmos e ós antergos.

TO MEGA XERIÓN!!!

A autofoto foi realizada onte, 26 de marzo de 2019, namentres o astro rei queimaba a superficie da vella Auria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario