'Na
procura da essência' é o segundo tema do disco de Xerión "A essência do
Abismo", encadrado na primeira sección do mesmo, titulada 'Essência'.
Atopámonos no medio da noite, cas estrelas sobre nós, coma no primeiro tema, pero xa non como contempladores extáticos, senón como camiñantes. Xa non disfrutamos de memorias antigas e imaxes anteriores ó noso nacer, pois agora estamos andando, movidos pola anguria, por algo que non encaixa na calma anterior.
Dixen que nos atopabamos no medio da noite, mais non na media noite. Eu interpreto o segundo parágrafo da canción como unha referencia a tres planetas, dos que, quizáis, podiamos deducir unha hora posterior ó anoitecer, ou cercano a el. Digo esto imaxinando que "a donzela" é Venus, luceiro vespertino, que se deita detrás do sol esmorrecente no oeste. Ademais, no resto do tema, a noite faise presente e non hai máis que unha referencia ó abrente na penúltima liña da letra. Ou será que Venus é o luceiro vespertino e, como sucede estas mañás de marzo, antes do alborecer ves precioso xunto con Xúpiter? Se nos pomos, ata vexo unha terceira opción, na cal o cantor comeza o seu camiñar nocturno trala anoitecida e, despois de toda unha noite, cando a Lúa baixa polo Oeste, antes que o Sol saia, fai unha parada.

Nocturno me corrixirá, pero eu aposto por este trío planetario para solucionar o segundo parágrafo:
- "a donzela": Venus
- "o gigante": Xúpiter
- "impassível senhor da guerra": Marte
Marte non me teño fixado, mais Venus e Xúpiter téñoos visto nestas madrugadas últimas do inverno. Son especialmente visibles antes do amencer, cando tódalas estrelas foron calando e quedan este dous faros titilantes do ceo mutante.
O autor sabe de astronomía e non é a primeira vez que introduce tales saberes nas súas composicións. Por poñer o exemplo máis claro, escoitade 'A alquímica dexeneración da ialma', unha das miñas composicións preferidas do grupo. Tamén nesta canción hai estrelas, constelacións e a Lúa, mais as perspectivas son máis escuras, a mesma vida semella morte, a inmortalidade un autoengano e a noite o acubillo de escuras gadañas que se aprestan a unha sanguenta sega.
A natureza aparece como un precioso ámbito de saberes e a busca da esencia de todo como un posible. Esto continúa a contemplación que vía no anterior tema, complementándoo.
A luz parece estar resgardada no empíreo celestial, mais o camiñante tamén posúe un facho precioso e pequeno, que o guía perfectamente. Eu emociónome e non podo deixar de ver a dúas mulleres reflexadas: a Luzinha e a Daga. Sen embargo, vexo no final da canción un novo guía, que non me transmite senón o contrario. Aparece o corvo, a única referencia escrita del, inda que na portada do disco aparece tres veces debuxado, nun ciclo escuro integrado en triángulo dentro dunha enlazada forma circular.
Hai dous poemas de 'Na noite, no silencio' nos que o corvo aparece como unha forza escura de esquecemento e fastío ('Corvos do esquecemento' e 'No Bosque Nocturno...').
Remato con outras relacións que me viñeron á mente, nos dous últimos parágrafos, onde o camiñante se para. Por un lado, relación co primeiro tema, xa que aquí, nese intre de calma, a auga, a lagoa (véxoas como parte da natureza), é fonte de memoria, reflexa lembranzas, xa non vellas, como pasaba en K.L.Z., senón persoais, cercanas. Hai unha evocación do pasado, só que máis persoal, máis cercana ó cantor. Por outro lado, unha contraposición de imaxes respecto do seu tema 'Morte na iauga', outro corte que me encanta. Nel a auga é lugar de morte, pozo no que afundirse e perder a memoria, a vida.
Sumérxete na escura contemplación desta 'Na procura da essência' aquí: https://
No hay comentarios:
Publicar un comentario