Voltamos
polos derroteiros de 'Prima lvna', o terceiro tema do disco "A essência
do Abismo", dos ourensáns Xerión. Inserto no medio da primeira parte, é
o primeiro dos tres temas instrumentais. Estes van seguidos, mais
forman parte de dúas divisións diferentes. Transmiten como unha zona de
transición, entre as dúas cancións máis positivas do inicio e as máis
escuras da terceira parte do cd.
A melodía de 'Prima lvna' é suave, morriñenta, con toques de contida epicidade (gran aporte da percusión esporádica e os sons harmónicos que arranca O Rei Celta no Exilio ó seu instrumento). Un instrumental que medra segundo corre o tempo, ca introducción de novos instrumentos e un percorrido espiral que retoma, unha e outra vez, as mesmas harmonías e ritmos hipnóticos. Persoalmente, proxéctame cara o exterior. Seguindo as letras anteriores, a quedar pampo ante o verdor e o color vivo da natureza, ante os antigos montes e construccións pétreas prehistóricas que inda se atopan nas nosas fragas. Tamén a prestar atención ós contos e lendas dos maiores, a recuperar unha parte da memoria dos devanceiros.
Sen embargo, esta composición gaña en profundidade de interpretación se a relacionamos con outra. Hai que acudir ó poemario 'Na noite, No silencio' para descubrir un breve tema cantado, de sentido amor paterno. Trátase da 'Cantiga de berce', o poema e a cantiga que rematan o poemario de Nocturno e o cd encartado que o acompaña. Neste, a voz limpa de Nocturno voa sobre a melodía lene dunha vihuela e as súas verbas corren cara a Luz, en catro versiños de sentido amor e protección.
Será esa "primeira lúa" o primeiro mes de vida de Luz?
Descubrir 'Cantiga de berce' faime sentir unha nova dimensión de 'Prima Lvna'. Axúdame a entrar no acubillo dunha terra meiga coma a nosa, onde a lenda e a historia inda viven apertadas, onde o corazón inda ve máis alá dos ollos e os maiores recordan, quizáis por última vez, tempos pasados que o cantor evoca e sementa en nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario