lunes, 21 de septiembre de 2020

De cando escribín un capítulo dun libro

Durante o curso 2004-05 no Seminario Maior de Ourense produciuse un acontecemento do máis interesante e único na nosa historia persoal de estudiantes. Tivemos a oportunidade de realizar unha investigación sobre as parroquias do concello de Trasmiras e publicalas nun libro!

A iniciativa partiu do noso profesor en historia contemporánea da Igrexa, rvdo. José Ramón Hernández Figueiredo. Realizando el as pesquisas máis serias e extensas, animounos a que cada un de nós escollese unha parroquia e a investigase documentalmente. Ata aproveitou algunhas das horas de clase para acompañarnos ó Arquivo Histórico Provincial e ó Diocesano. Alí foinos introducindo na arte paciente da investigación dos documentos: comezar por saber todo o que había sobre a parroquia, recoller por escrito o montante dos documentos, cas súas datas e sinaturas, seleccionar os máis interesantes e comezar a traballar, sempre cun lápiz na man. Nada de bolígrafos que puidesen manchar definitivamente calquera dos vellos papeis cos que tratabamos. 

A continuación, a bibliografía: xeral, para poder contextualizar os datos documentais, e específica, para constatar, ratificar ou rectificar estudios anteriores. Finalmente, un repaso á Rede, na busca de datos de última hora, distancias e localizacións actuais. Todo aquelo rematou ca visita ás propias parroquias, portando cámara de fotos. A idea era a de ir visitando, cada quen cando puidese, ó sr. cura delas, as igrexas e lugares máis importantes. Serviu para poder actualizar datos como, por exemplo, o estado do patrimonio, pervivencia de ritos e festas ou testemuñas de persoas vivas. 

Durante o proxecto foronse destacando aspectos posibles nos que centrarse, evitando a dispersión e a perda de recursos e tempo. De feito, fomos vendo como cada traballo debía adaptarse á cantidade de certos datos e ó estilo do escritor. Partimos de índices comúns para chegar a escritos de similar división. Así, houbo parroquias con suficiente documentación para coñecer e comparar os vellos rexistros patrimoniais ca actualidade; outras daban conta de feitos, en cadernos de notas ou Libros de Visitas pastorais; algunhas conservaban libros das asociacións e confradías, outras acumulaban lagoas documentais... As posibilidades, a inicio de curso eran variadas, de modo que non nos desanimasemos, se algún campo non se enchía con documentos, pero o que non podía faltar era a localización actual, un contexto histórico e as debidas referencias patrimoniais de edificios relixiosos, retablos, obxectos litúrxicos e festas. Tampouco podiamos obviar a referencia a fontes documentais, a poder ser inéditas, de modo que a bibliografía sobre a zona se incrementase e posibles interesados tivesen unha visión máis completa da batería de documentos dispoñibles para o público.

Nesto das fontes inéditas fixo especial fincapé. O motivo era claro: nós non eramos historiadores e os nosos artigos podían resultar nimios á vista dun profesional, pero sempre seriamos interesantes por poder aportar documentos e a localización dos mesmos. Deste modo, investigadores serios irían a tiro fixo, vendo o seu traballo de investigación alixeirado gracias ás nosas referencias. Así ten o libro, cara o final, unha batería de fontes literarias e documentais sobre cada parroquia. 

Tamén nos animou a achegarnos ós lugares e fotografar o patrimonio relixioso. Moitos centrámonos en igrexas e capelas, pero houbo quen viu máis aló e retratou cruceiros e petos de ánimas. Por desgracia, nos textos apenas se tratan. Nas sección fotográficas hai sinxelas tomas dalgúns, xunto cos templos e os seus interiores. 

Estes días rescatei o libro das estanterías da miña biblioteca persoal de Louredo. Por un lado, tiña ganas de reencontrarme cos textos e fotos, xunto cas sensacións vividas durante aquel curso. Tamén pensei en añadir ó CV un apartado cas miñas escasas aportación literarias en revistas e outras publicacións. Finalmente, había un aporte pendente para a preciosa páxina de Facebook administrada por Fernando Ávila. Nela vanse fotografado e documentando os cruceiros de Galicia, nunha labor inxente que se nutre do bo facer dos seus membros. É pouco o que puxemos sobre estas construcións, pero seguro que veremos referencias a este libro na rede en breve. 

Non acabarei sen recordar ó noso profesor e amigo, o doutor Figueiredo, sacerdote que segue investigando, escribindo e publicando. Relendo esta obriña non hai por menos que darlle as gracias por confiarnos un traballo tan bonito.

martes, 15 de septiembre de 2020

Vendima 2020 en Louredo

Veu este ano a vendima con adianto. Levamos xa uns cantos nos que se retrasa ata a fin de setembro ou inicios de outubro. En Louredo, Cortegada, a mediados de mes, xa a temos feita. Tanto para casa como para a bodega. Outras, como a Cooperativa do Ribeiro, inda agardan uns días para iniciala  en diferentes poboacións. Non sei que contarán os Consellos Reguladores dentro de quince días, pero se é coma sempre, van dicir que a colleita foi boa e que a baixada en kilos compensouse con aumento da graduación. Soe ser sempre a mesma noticia de fin de vendima: bos datos. Inda que, como está a pasar, no pobo recolleuse menos da metade do que se xuntou o ano pasado. Vamos, que un ve o telexornal en outubro, escoitando ós bodegueiros, e non pode por menos que recordar os vellos ditos do Ribeiro: en tempo de vendima baixa o caudal do Miño, viño faise con calquera cousa, incluso con uvas!,... e outros así. 

Cantos ditos, cantos e contos relacionados con esta época se perderían! De feito, se recordas algún, deixa constancia no comentario, que faremos por recordalo. Como mostra, eu recordo o que sempre se nos dicía no momento de vendimar:

- Se deixabas caer moitos bagos: mira, neno, que había unha vella no Ribeiro que perdeu de facer 10 moios por deixar caer tantos bagos;

- Se recollías parte dos bagos que caían: moi ben, neno, que unha vella do Ribeiro fixo dez moios recollendo os bagos que lle caían.

Eso si, xeralmente, o que importaba era ir vendimando a bo ritmo, pois ou tiñas os días fixados por unha bodega para recoller as uvas ou andabas con medo do tempo: de se iba chover, ou xa chovía, e de se facía demasiada calor. O mellor era saír cedo da casa e aproveitar ata a hora de comer. Pola tarde ibas comezando polas zonas onde a sombra aparecía primeiro. Sempre con ollo de non deixar atrás nin gabias sen vendimar nin capachos ou caixas (antes usabamos sacos) perdidas. 

 

Este ano houbo sorte co tempo, inda que veu con moita calor os primeiros días, pero foi refrescando despois. E non tivemos que atender incendios, inda que o fume dos activos na lonxanía si que nos tinguíu o ceo de laranxa. 

A vendima para casa fíxose canda a da bodega (á que se lle venden as uvas). Así que a preparación da bodega de casa é o sinal de que pronto tocará ir cedo pa viña. Ben, os traballos da viña pouco descanso deixan, tamén. Nela, esfóllase un mes antes, de modo que os froitos vaian quedando á vista, aireados e recibindo o sol matinal. Na bodega hai que ter todo limpo, mollando as cubas e despexando a prensa. A limpeza da cuba e a revisión concienzuda é básica. Toda greta pequena tápase cun pouco de sebo. Non pode saír nin unha pinga de viño. Tamén se limpan e revisan as tapas de madeira da cuba, deixando a man a que coincida ca boca dela.


O traballo na viña é de comezar pola fresca, conforme se comece a ver. Ás veces vas antes da néboa matinal, que sobe dende A Arnoia ou dende Cortegada, por Refexón ou san Benito, respectivamente. Outras veces, xa tes o sol quentando o ambiente con calma. Nestes días pasados houbo sol e ceos cubertos, con brisa. Seguimos agardando a chuvia tan precisa. En resume, co tempo tirando a fresco e ca menor cantidade de uvas, os traballos desta vendima da pandemia foron levadeiros. Unha cousa boa, tendo en conta que pouca xente podes ter a traballar na viña, debido ás restricións de persoal e contacto. Ata houbo tempo de descanso despois de comer, a pesares que o refrán advirte que despois do san Roque nin merenda nin durmiñoque.
Tamén daba gusto ir subindo dende o Tabolado e ver que varias leiras locían ben limpas. Parte da vella viña (non queda rastro dela xa) do señor comandante ou a cercana mina de auga (que estaba seca). Nesta zona do Tabolado e O Pireiro hai bastante auga, ou habíaa. Se vas paseando paseniño, verás alomenos dous lavadoiros (un no camiño e outro no monte do comandante) e varias pozas secas. Nunha viña, tapada, ata tes a boca para baixar a revisar o caudal dun manancial cercano. Ben veces nos metemos de pequenos! E se subes polo monte, non falta un rego profundo co que tes que ter ollo de non tropezar. Noutro tempo, que ben acordan os maiores, aquí tiñas auga ata para regar terras nos Veciños. E non faltou un encontronazo entre dous donos, bos amigos, para máis inri, porque un mandou abrirlle un rego pola viña do outro. Cuadrou que o traballador foi cachado nas patacas e o dono do Pireiro foi falar co da extrema, pra intentar solucionar aquilo. Co tempo, ata se volveron tratar como amigos de novo. Ese rego faría pasar a auga de modo máis efectivo e cara novos espacios da súa viña. Inda se nota o sitio por onde o quería abrir sen permiso e a entrada no muro do outro.

Tamén andaron a limpar polo Campo, dando moi boa impresión a zonas que pronto se enchen de herba e silvas. 

As uvas vanse recollendo en caixas ou capachos (se van botar neles pouco tempo ou se vendimas e os levas xa para un camión que recolle o colleitado nun remolque). No noso caso, vendímanse por clases: selecionada, tintas e brancas. As uvas para casa písanse nunha mueja, colocada na cima da cuba, enchufada na súa boca. Tal mueja é de madeira, cunha portiña móbil de metal, unida por un cordeliño. Botas certa cantidade de uvas, pisas con botas ben limpas, tiras do cordeliño, abres a comporta e empuxas as uvas pisadas pa cuba. Naturalmente, comezan ó pouco a ferver, deixando un característico e agradable cheiro na bodega. Din os maiores que o viño a ferver e a faboca a nacer, pero este ano non coincide a cousa, xa que a faboca sae inda nunhas semanas. Esto é de cando se realiza a vendima cara inicios de outubro.

Pero o taco (a horta) ten vida abondosa igual, en transición entre a recollida de tomates e pementos, por exemplo, e a espera de novos cultivos, como o da faboca. Foi bo ano de tomates, ata tal punto que tiraron con máis dunha estrutura de madeira que sostiña as tomateiras, algunhas con preto de dous metros de altura. E os tomates grandes foron cotiáns. Gran cantidade de pementos. Agora xa hai moitos vermellos, xunto cos verdes. E cebolas tamén saíron a manchea e moi grandes. Non houbo tanta sorte ca froita este verán.

O traballo do viño na bodega non fixo máis que comezar, xa que falta trafegalo, sacar o bagazo para prensalo, ver se paga a pena buscar un aguardenteiro e inda pensar máis se se fai licor café despois, vixiar que o viño saia ben, mandalo analizar por un enólogo de Ribadavia, limpar as botellas (eso xa para o ano) e ver de embotellalo un día claro (hai tradición de non tocarlle ó viño en días de tormenta ou nublados). E disfrutalo en boa compaña ou regalalo a xente cercana.

Despois dun incendio xeitoso entre Filgueira e Cortegada, tivemos sorte de non sufrir máis. Pero os lonxanos e potentes incendios deste fin de semana trouxeron fume sobre os nosos ceos. O domingo houbo momentos que o sol chegábanos anaranxado e ata caiu un pouco de cinza na zona do Outeiro. O luns houbo intres no que o fume estaba máis presente entre as nubes matinais. Pola tarde foise despexando e o fume notábase ben menos e máis localizado. De todas, unha pena e unha traxedia que todos lamentamos. Malas experiencias tivemos no pobo hai uns anos, con incendios á hora da sesta.


 

sábado, 12 de septiembre de 2020

Matanza Caníbal #2

La segunda mitad del año 2019 fue iluminada por la oscura sabiduría de varios fanzines. Tiempo ha que inicié la búsqueda de estas obritas de arte que, aún a día de hoy, se siguen produciendo y vendiendo. Trabajos con más o menos profesionalidad, pero siempre preñados de un cariño cara el cine fuera de duda. Condensan horas y jornadas de visionados, investigación en diferentes fuentes y el esfuerzo de reunir personas y material suficientes con los que rellenar hojas de texto y fotos, desde las películas de terror y fantasía más modernas hasta las más desconocidas de antaño. Las redes sociales juegan un papel muy importante a la hora de darnos a conocer estos fanzines y fue gracias a ellas cómo supe de su existencia y cómo pude pedir algunos números. En todos los casos me encontré gente cercana que mostró interés y eficacia a la hora de informarme y mandarme su material. GRACIÑAS.
 
Hoy os traigo a presentación el último que pedí, cuyo número 2 está agotado. Se trata de 'Matanza Caníbal', editado por FKM y Altar Mutante Comix. Se lo han dedicado a la obra del coruñés Amando de Ossorio, siendo esta la primera entrega y la tetralogía templaria su razón de ser, aunque aportando varias películas más según avanzamos cara el final del fanzine. Esta saga de los templarios ciegos ha tenido un impacto potente en muchos de sus seguidores y se nota especialmente cuando lees el apartado final, dedicado a diferentes aportaciones de fans, que la sitúan dentro de sus películas preferidas o de las primeras que descubrieron. 
 
Uno de esos aportes interesantes son los datos históricos referidos a la Orden del Temple, su relación con A Coruña y la perspectiva personal del director gallego. Es una forma interesante de descubrir parte de nuestro pasado y el trasfondo de las películas, más basado en leyendas y elaboraciones personales que en hechos acontecidos o referencias documentales. También encontraremos algunos fragmentos de entrevistas a Amando o Lone Fleming, antre otros, dando voz a director y actrices que le acompañaron en sus realizaciones. Poner, casi al inicio, un fragmento de una carta de Ossorio fue un acierto total, pudiendo conocer opiniones personales acerca de sus templarios, amén de disfrutar de algunas chispas de buen humor gallego. ¡Y qué decir del fondo de cada página! Una joyita de diseño cuya opacidad nos permite descubrir trozos de carteles, ilustraciones y tipografías referidas a diferentes películas. Lo cual me lleva a alabar la selección de ilustraciones realizadas por el director gallego. ¡Qué arte! Lone Fleming dijo en varias entrevistas que Amando le enseñaba sus dibujos cada mañana, cuando estaban rodando 'La noche del terror ciego', y ella misma es una artista que le ha dedicado horas a las ilustraciones. Me quedo con la duda de si habrá dibujado y pintado templarios ciegos.
 
 
Hablando de Lone y Amando, el fanzine comienza recordando el paso de la actriz danesa por A Coruña, con motivo del FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, en 2015. Fue entonces cuando la conocí. ¡Hasta me senté en una butaca al lado de ella en la proyección de la película 'La noche del terror ciego'! Lone se encargó de presentarla. Recuerdo que a la salida de la sala podía ver alguna reliquia templaria, como una de las garras, unidas a su brazo, de los caballeros ciegos. También recuerdo que FKM regalaba un libreto con la programación, donde colocaban una foto inédita de Lone (ella misma se sorprendió al verla) y que han reproducido en Matanza, en la página 8. Cuatro páginas atrás hay una de Jack Taylor, que también se presentó en el FKM, en el portal de la calle donde nació Amando.
 
La página 7 la ocupa la transcripción de una carta de Ossorio a Jan van Genechten, fechada en Madrid, a 6 de junio de 1976. Allí leemos un detalle muy importante: el realizador se desentiende de 'La Noche de los Muertos Vivientes' como fuente de inspiración. Se ve que, ya por entonces, los críticos las comparaban, cosa que sigue pasando hoy, incluso en el mismo fanzine. El director hace referencia a las historias de templarios condenados y absueltos, ocultos en las montañas celtas, en donde antes hubo misteriosos cultos druidas, y a las diferencias palpables que pueden establecerse entre los zombis de Romero y sus templarios: estos son momias, no zombis, salen solo de noche, se guían únicamente por sonidos y fueron estudiosos del esoterismo, llegando a realizar sacrificios humanos que les conceden la inmortalidad.
 
"El mito templario", firmado por Santiago Paz, nos sitúa en la tesitura de los templarios vistos como personajes míticos y simbólicos, ámbito donde se aúnan historias populares y situaciones actuales. Así, Ossorio dice conocer la historia de templarios condenados en otros lugares, pero absueltos en territorios gallegos y portugueses. Sin embargo, su conocimiento parece más legendario que histórico. Y, complementariamente, sus templarios son una mezcla perfecta de religiosos y guerreros, eco de una españa gobernada por el nacionalcatolicismo. Como nota curiosa, decir que es el único artículo donde veremos tres textos en gallego.
 
Hache Faílde
nos mete aún más de lleno en la historia del Temple y su relación con Galicia y la saga ossoriana. En concreto, me impactó el dato de que la primera encomienda documentada en Galicia se situase en Burgo do faro, hoy O Burgo, origen de la actual ciudad de A Coruña. Los datos del articulista seguro que sorprenderán a más de uno, especialmente si tenemos en cuenta que parecen desmontar algunas afirmaciones de Ossorio sobre las leyendas sobre templarios que él atribuye al pueblo. Al menos, hoy en día, no pueden documentarse ni recogerse en su ciudad natal ni en obras como el 'Diccionario dos seres mitolóxicos galegos'. También nos recuerda un detalle importante de la saga: según avanza, se afirma más que las momias nocturnas son templarios. De hecho, en la primera solo se descubre tal afiliación por la lápida de una sepultura (ojo al comentario de la página 17).
 
Es Lois E. Froiz quien nos mete de lleno en las influencias, tramas y detalles de las cuatro películas de la saga de los templarios ciegos. Y lo hace con un artículo largo y bien ilustrado. Pósters, fotogramas, ilustraciones del director, recortes de prensa y carátulas nos ambientan y fortalecen las palabras de "Muertos sin ojos. La tetralogía de los templarios". ¡Hasta se atreve, tras dejar claro que es un aporte personal, a la contrucción de un desarrollo cronológico de las películas! Ello, siguiendo sus tramas, no el año de grabación. Ilustra bien algunas influencias y recuerda diferencias con otros personajes que pueden parecerse, pero no son. También nos ofrece una batería de títulos que beben de la saga, que van desde el corto 'El último guión' hasta el disco 'Sinfonías del terror ciego', pasando por el cómic 'Waldemar y el Necronomicón de los templarios'. Entre tanta cosa buena, solo queda corregirle un detalle, en la página 22: es Virginia quien huye del tren en marcha, no Betty.
 
Pasamos de la mitad del fanzine y nos abrimos con amplitud a otras películas de Ossorio gracias a "Ossoro fantástico. Más allá de la abadía templaria", firmado también por Lois E. Una buena síntesis de tramas, opiniones y despliegue gráfico para iluminar títulos como 'La noche de los brujos' o 'La endemoniada'. Vamos a seguir comprobando cómo Ossorio se plegó a los deseos de sus productores (por ejemplo, clausurando casi de golpe el rodaje de 'Malenka, la sobrina del vampiro'), filmando con bajos presupuestos y llegando hasta forzar su salud (véase el infarto que le provocó 'Serpiente de mar', que no fue del miedo que daba la peli, precisamente).
 
El fanzine 'Matanza Caníbal' remata con varias colaboraciones donde algunos fans cuentan su experiencia con el cine de Ossorio y hasta con él mismo, pues llegaron a tratarle en persona. Se agradece esa página, tras los aportes personales, donde se comparte una nutrida bibliografía.
 
¡Ojo!, que este número es el primer especial, así que debemos estar atentos a una nueva entrega. Eso sí, esperemos que con la errata "deprevado", en plena portada, debidamente corregida. Y a seguir manteniendo esos aportes gráficos tan interesantes.

sábado, 5 de septiembre de 2020

A mina de ferro de Louredo, Cortegada

Quienes se dedican a investigar un lugar, dejando constancia de su historia, dichos y personas, deberían dejar copia o instrucciones para que su investigación no se pierda. Quizás no tenga más importancia que la permanencia de la memoria de una localidad pequeña, pero bien sustenta el mérito de la búsqueda y conservación de los datos. ¿Quién dice que no le serán valiosos a otro? ¿Quién no los podría leer con el agradecimiento de sentir que rescata parte de su pasado o el de su familia? Y más en una época de tanta interconexión como la actual.

Vivimos preciosos tiempos en que mucha información ha sido volcada a páginas de Internet públicas. Eso no significa que todo nos llegue con una sencilla búsqueda en nuestro servicio favorito. A veces hay que trastear y pasar de buscadores generalistas a otros específicos. A veces hay que probar con diferentes grafías para dar con documentos antiguos. Suelen pasarse muchas páginas de viejas revistas antes de dar con una referencia, cuando hay suerte. Pero el caso, por resaltar la nota positiva, es que se ha estado volcando mucha información a la Red y puede disfrutarse desde la comodidad del hogar. Cómo no, siempre nos va a quedar el trabajo de campo, preguntando a los vecinos, y la visita a bibliotecas y archivos. Por suerte, hay quien sabe de las aficiones de uno y te pasa material enjundioso. 

Así, de los papeles de su difunto e instruido padre, el señor José Manuel me ha hecho partícipe de alguna joyita. Sirvan estas líneas de agradecimiento y de pequeño homenaje a don Pepe (R.I.P.), hombre que siempre presumió de sus orígenes y decía publicamente que Louredo é o mellor pobo do mundo

Hoy os comparto un fragmento de lo más interesante. Pertenece a un plano de demarcación de una mina... ¡De una mina de hierro! Por acá estamos acostumbrados a las historias de minas más o menos cercanas, pero siempre se habla de perforaciones en busca de agua, de las excavaciones para el estaño o, incluso, del wolframio. Pero de hierro nunca escuché nada a mis mayores. Tampoco a ellos les suena alguna de las denominaciones que aparecen en el documento. Y me faltan conocimientos para interpretar las referencias de los expertos. Por eso, con ánimo de poder reconocer mejor estos papeles y darles más valor, junto con la recuperación de nuestra historia cercana, os ofrezco algunos datos y fragmentos documentales. 

La portada dice: "Plano de demarcación de la mina de Hierro denominada "Nicasia" en término de Louredo (Cortegada) de la Provincia de Orense. Número de su expediente.... 120". Más adelante nos aporta otro dato más concreto, y es que su situación se inscribe en el monte denominado "Carballal", con cuatro mojones de referencia, sitos todos en el mismo monte. No se señalan propiedades limítrofes, pero en el apartado de "Minas colindantes" se lee: "Terreno franco". Otro aporte toponímico es el del monte "Pousóns". Se usa como uno de los dos puntos fijos de referencia. El otro es la espadaña de la iglesia de San Miguel. Mientras que los nombres de los montes no me dicen nada, la referencia a la iglesia sí. Creo que habla de la capilla de San Miguel, sita en las laderas del Coto Novelle, con fiesta popular aún hoy, que fue noticia hace meses debido a la caída de parte de su fábrica. 


Ahora comienzan las preguntas y se trata de tirar de memoria, ya oral ya escrita. ¿Te suenan las denominaciones? ¿Un plano de este tipo desmarca algo que existe o era reflejo de las expectativas de lo que se pretendía encontrar? ¿Sabes de otras minas de minerales o metales en el propio San Xoán de Louredo o sus alrededores?

Tiempo ha, pregunté esto en mi página de Facebook, pero poco pudimos adelantar, tal como recojo en este recorte de los comentarios.

 

lunes, 31 de agosto de 2020

Entrevista a Nocturno , Xerión agosto 2020 II

(Primeira parte desta entrevista)


Os temas 1, 5 e 9, separados entre eles sempre por outros tres, conforman o núcleo do título principal. Tamén podemos descubrir como unilos ou como conflúen polo uso do son do vento, o órgano, a frauta... De todas, por coller un só aspecto, para quen siga a Xerión non é unha sorpresa o uso da verba Nada. Unha Nada que, estou seguro, inda que non a definas e delimites, para ti seguro que significa moito.


De quando em vez esperto de noite, pensando no sentido da existência, na Morte, e medra uma estranha mais tranquila (digamos que aprendim a vivir com ela) sensaçom de vazio. Esse Nada que vislumbro detrás de tudo o anterior é o que colhe forma de jeito lírico e sonoro em muitas das minhas cançóns. É aquele que se esconde, inexorável, no Caos Infinito...

Xerión é un camiño de persoal expresión musical de Nocturno, seguindo o teu sentir, máis que modas ou estilos concretos. E un vai vendo como plasmas nos seus temas inquedanzas culturais diversas. De feito, persoalmente, sinto en "Condenaçom" e "Do insondável e abismal empíreo" ecos do Negro Círculo Minhoto, dos grupos VRK e Sordida Nox, no uso da distorsión constante ou o estilo declamativo á hora de expresar a letra.

Dum jeito ou doutro si que, ainda que nom se queira, certos toques acabam destilando-se duns projetos aos outros, já que, bom, uma das cabeças pensantes está detrás de tudos eles. E se ainda por riba, há alguém coma ti que os ouve cuma certa meticulosidade e atençom, as semelhanças tornam-se-lhe óbvias. Dizer que antes de VRK e SORDIDA NOX já experimentaramos no XERIÓN com distorçóns mais extremas, passagens lentas e agónicas e vozes declamadas, se bem desta vez cecais sejam mais evidentes... O poder experimentar e trabalhar mais nesses outros jeitos de expressom nos outros projetos fai que agromem com maior intensidade e dum modo natural no XERIÓN...

 
Este 'O Nada no Caos Infinito' é extremo en canto á proposta, mais a nivel instrumental e por xénero musical, combina estilos, non sempre extremos, entendido no mundo do Metal. Que impresións che deixou cando o escoitaches rematado? É un recordatorio de que seguides sendo, naquela expresión que che escoitei hai anos, as "ovellas brancas" do Metal?

Abençoadas ovelhas brancas do Metal, he, he, he. Bom, nom buscamos selo... nim tampouco negras... Somente fazemos música o mais humilde e sinceramente possível que sabemos e podemos através da linguagem e expressom do que entendemos por Negro Metal da Morte misturado com outros elementos que sentimos e vivimos como própios, como a música tradicional galega e certas músicas antigas europeias... Cada novo trabalho é um processo que começa cuma necessidade profunda que se torna em febril incomodidade e que nom atopa acougo ate que nom é rematado, polo que a impressom final é de liberaçom e descanso.

"O Nada no Caos Infinito" ainda é um trabalho recente, polo que nom sei como as suas futuras audiçóns irám evoluindo em mim... Mais si que podo dizer, a dia de hoje, que estou mui satisfeito dos processos de gestaçom e composiçom, registro e ediçom, que o fizeram possível...

Unha vez máis, graciñas, Nocturno, por atenderme e facernos partícipes da insondable alma de Xerión.

Eternas grazas de novo a ti Félix, por tudo o apoio e interesse neste projeto.

Vémonos no Inferno!

 
 

sábado, 29 de agosto de 2020

Entrevista a Nocturno, Xerión agosto 2020

Á hora de redactar esta entrevista xa está a venda material novo de XERIÓN. O pasado Día Nacional de Galicia saltaban á loucura da rede 'Danças de agonia e peste'. Nocturno, que nos atopamos en https://xeriongaliza.bandcamp.com/album/dan-as-de-agonia-e-peste ?
 
Saudos Félix! Mil grazas por fazer esta entrevista do XERIÓN.
 
"Danças de agonia e peste" foi ideado e registrado durante o confinamento, e nele misturam-se seis pequenas e novas composiçóns mais uma versom duma cançom dos OMINOUS numa onda medieval interpretadas com réplicas de instrumentos antigos e/ou tradicionais (pito maragato, órgão positivo, oud, cítola, sinfonia e psaltério). A nivel estrutural e compositivo som uma homenagem ás sete cantigas de amigo de Martim Códax, assí como os textos que as acompanham, mais nom a temática, que leva um aquele futurista (ou cecais nom?) e claramente distópico.
 
Centrémonos na anterior proposta, 'O Nada no Caos Infinito', onde nos fas pasar pola fraga, a noite, un día, outra noite en desesperación, ata chegarmos a unha casa na que ferve un caldeiro. Todo isto seguindo as letras do disco. Teñen un senso de camiñar, de movemento, ou a orde non foi programada?
 
A orde das cançóns foi programada uma vez forom compostas por separado. Algumas delas remateinas durante a própia gravaçom, como "Perdido no abafante silêncio da angústia" que tem muito de improvisaçom no momento; outras tenhem melodias e harmonias bastante anteriores, como "Na infame terra dos miseráveis", ou "Nesta hora de pálida saudade", que já registrara o outono passado num ensaio; incluso há uma, "Do insondável e abismal empíreo", cuja letra escrevim a partires do maravilhoso desenho que Brais Remeseiro Portela fez prá cinta. Uma vez escritas e, como digo, com algumas já registradas ou em processo, foi quando fixei uma ordem tendo em conta mais o aspeto sonoro que lírico, de como queria que fosse a evoluçom de velocidades e intensidades, ambientes e sensaçóns, pra unir num todo várias partes tam diferentes e em princípio inconexas.
 
En 'A essência do Abismo' atopabámonos cun percorrido pola fraga, paralelo a outro interior, nunha gama contemplativa dende a beleza ata o afundimento, pasando pola loita. Neste 'Nada' o camiño céntrase mais nesa dimensión escura do camiñante, que non parece atopar motivos belos de contemplación, nin no ceo nin na terra. Mais segues falando da esperanza, inda que estea agochada no mesmo Abismo aterrador. A impresión duns cantos escuros xa aparece con esa portada tan curiosa.
 
Nom es a primeira persoa que atopa e sente uma certa esperança na música do XERIÓN. Cecais tenha que ver com serem cançóns compostas a modo de catarse persoal, nadas duma profunda necessidade de serem plasmadas em sons diferentes sensaçóns, pensamentos e visóns persoais que geralmente tenhem que ver com aspetos negativos da minha existência. Mais que no fundo agocham um anseio, uma busca de superaçom e crescimento persoal que, dum jeito ou doutro, amossam essa certa esperança em seguir o caminho que a Negra Sombra tenha traçado, algo ao que ajuda infinitamente a contemplaçom da Luz no infinito da Noite...
 
 
Este sexto álbum é de dixestión pausada, é dicir, a min costoume meterme nel, parecíame como un caixón de recordos revoltos que, con cada nova audición, iban coincidindo ou diferenciábanse moitísimo uns de outros. Lonxe de ser un álbum de consumo ou disfrute rápido, semella que queres que lle demos tempo e que non nos fiemos da primeira impresión. Podes compartirno un pouco do que hai dentro de ti á hora deste novo "afam de experimentaçom (que também), froito de um processo estético e ideológico"?
 
Quando rematamos de gravar "A essência do Abismo" sentim a necessidade de fazer algo mais primitivo e singelo á hora de registrar as cançóns, sentimento que se incrementou ao rematarmos o EP "Derradeira saudade na lua lânguida" o passado outono. Começou a rondar-me pola cabeça ate que punto influem os límites concetuais (sobre tudo sonoros) nos que deve de mover-se o Metal Negro, e, já que logo, as opinións alheias sobre o nosso trabalho.
 
Quando comecei há quase vinte anos no XERIÓN escrevia o material pensando numa banda real formada por bateria, uma ou duas guitarras, baixo, teclados e voz, com eventuais instrumentos tradicionais e/ou antigos. Mais estava eu sozinho, gravando tudo com médios rudimentários e coa ajuda duma caixa de ritmos. Pouco a pouco, e naqueles primeiros anos, fum dando passos pra lograr o ideal que duma banda tinha na minha mente, tanto a nivel formaçom (coa incorporaçom doutras persoas ao projeto) como a nivel técnico (fazendo-me com milhores médios tanto pros diretos como gravaçóns), e achegar-me assí a ele sem perder uma certa identidade. Até que punto foi consciente ou inconsciente, nom o sei... mais si que, no fundo, essa foi a minha linha de trabalho.
 
Mais, pensando bem nelo, nom deixa de ser uma certa impostura, sobre tudo nos últimos tempos nos que somente quedamos Daga e mais eu, coa contínua colaboraçom de O Rei Celta No Exílio quando o requerimos. No quarto álbum "Escárnio, Maldizer e Morte" fizemos uma primeira aproximaçom reduzindo aos mínimos elementos a sua gravaçom pensando no direto: guitarra, teclado e voz... e ainda assí gravei por separado a bateria...
 
Desta vez tocava dar um último passo, e fazer um álbum pensando, por um lado, numa caixa de ritmos co seu som artificial e mecánico, nom numa persoa hipotética e ideal; e polo outro, nos mínimos elementos pra cada cançom, evitando tudo o supérfluo na busca de cadansua ideal essência. E tudo ele cum som rudimentário e primitivo, em muitos casos com médios demasiado singelos e à primeira toma, incluindo sons ambientais nom buscados mais que, bom, aparecêrom aí, e aí quedárom...
 
Sei que muita gente, incluso alguma que gosta dalgúns trabalhos anteriores do XERIÓN, nom vai a escuitar mais duns poucos segundos, bem pola sonoridade tam ruda e nalgúns momentos desagradável, bem no momento no que ouva a caixa de ritmos, bem polo cecais desconcertante de tudo ele... Bom, este álbum nom foi composto pra elas... nim sequera está composto pra ouvir em qualquer momento...
 
Mais bem é certo que, a dia de hoje, creo que é o mais preto que esteve do meu ideal do Negro Metal da Morte...
 
Tódalas fotos foron xentilmente cedidas para o seu uso aquí por Nocturno.
 

martes, 25 de agosto de 2020

Regar en Louredo

Ando estes días a compartir a transcripción da novena de Louredo a san Xoán.
Pensando que facer, durante o confinamento pola pandemia, repasei os textos e actualicei unha versión que realizara hai uns anos, que modo que reflexase, practicamente de modo literal, o texto usado na parroquia. Este úsase como preparación para a solemnidade da natividade de san Xoán bautista. Pero non hai novena, sacando algún ano que se fixo, durante agosto. Como o patrono ten dúas festas, é cousa de recordalo e retomar o texto da novena, por se alguén a quere rezar desde a súa casa.
 
Pois ben, pensando noutros textos que compartir, tomei este fragmento dun borrador que titulei 'Augas de Louredo'. Unha vez que teña fotos das diferentes pozas, pozos e fontes do pobo, penso que o podo publicar neste ou o outro blog. Como adianto, comparto unha forma curiosa que gastaban os nosos maiores para controlar a quenda de augas e unha historia dun que roubaba auga de rego ós veciños... e que non houbo quen o puxera no sitio.
 

Como se regaba en Louredo?

Á hora de regar en Louredo, como se sabía cando che tocaba? Porque unha mesma poza podía estar dividida entre varios veciños. Ás veces estaba moi dividida, así que se lle prestaba moita atención a que o outro non che levase auga da túa quenda. Eso se non te puñas de parola e se che  pasaba. 

Como saber cando che tocaba? Recordo, e pregunto a meus pais por se acaso, como se facía na poza da Lama. Collíase un milleiro e uns pauciños. Todo esto servía como marca de altitude para medir os turnos e a cantidade de auga. O milleiro, vertical, era atravesado, en parte, polos pauciños; un enriba doutro, a diferentes distancias. Cada tramo era un turno. O milleiro apoiábase nunha determinada pedra da poza e íbase consultando para saber cando remataba un e comenzaba o outro. 

Como se establecía cada intervalo? Cunha folla de milleiro. Dobrábase tantas veces como turnos, tendo sempre en conta se tiñas un, medio ou un quinto. Mediante as dobreces botábase conta e medíase a altura de auga. Non faltaron as trampas. Unhas veces o que collía o milleiro non o apoiaba de todo na pedra, ou facíao cunha lixeira curvatura. A cousa era arrepañar auga con trucos así. Claro, era de vital importancia que a poza tivese auga en abundancia, de modo que chegase para todos. De aí a preocupación por ir ver, ás veces o día antes, que a boca da poza estivese ben pechada. Para elo tirábase de terróns e pedras, evitando a saída da auga. Tamén procuraba un pechala ben despois de usala. Todos o facían? 

 Unha aparición deste mundo

Curiosa historia dun pillabán que se saíu ca súa

Ben, sempre hai pícaros e algún ía regar cando inda era de noite. Auga non sempre había dabondo e mirábase moito polo cumplimento dos turnos. A algún chamábanlle a atención e a outros, cun xenio revirado, como non había maneira de cambialos, decidíase darlle un escarmento

Así, a un que iba regar de noite, houbo quen pensou como polo no sitio: iría cunha saba enriba e asustaríao. Alá se cubríu e foi cara o malfeitor, calado. Cando o regador se deu conta da forma branca que o asexaba, parou a tarea, mirou pa ela e preguntoulle quen era. O outro, calaba. Pasaron os segundos e ninguén se movía. O primeiro volveu preguntar quen era, e volta o silencio como resposta. Así que, canso, colleu a ferramenta e amenazou á aparición, conminándoa a que falase, fose deste ou outro mundo, ou levaría unha boa malleira. Ante o cal, o veciño pantasma tivo que fuxir, pondo terra por medio... E o outro seguíu ca tarefa, tan pancho.