martes, 16 de febrero de 2016

"Amando de Ossorio. O último templario".



Souben da existencia deste documental polo FKM 2015 e atopei a versión subtitulada en inglés nunha rápida busca no catálogo da biblioteca nodal de Ourense. Queda pendente outra busca sobre o director coruñés no catálogo xeral para ver se depara alguha sorpresa. Polo pronto, este documental é o único material que atopei en Ourense.

Dividido en tres apartados, ofrece o documental de Xosé Zapata sobre Ossorio (25 minutos), unha entrevista doutro locutor (11 min.) e unha entrevista para ler, conformando un achegamento á figura deste galego universal que non só fixo terror senón que se moveu dende o cine de denuncia e pasou polo western. Aportou unha figura que había ter a súa saga propia e polo que máis non sona: os templarios cegos. Saga que fixo furor no estranxeiro, especialmente en Alemania daquela, pero que sempre tivo ó director e guionista no apuro de rodar con poucas semanas (4 de media) e presuposto. El sempre di que si se se ve con folgos e o que di cúmpreo, inda que o resultado final non se corresponda cos seus soños e teña que inventar formas e maneiras de cumplirlle o gusto ós productores, tanto españois como estranxeiros.

Son estes os que lle preguntan por que non hai máis bicos explícitos ou desnudos nas súas películas. E terá que responder que como faga iso pode acabar no cárcere. De feito, non vai pero sofre a censura xa no seu primeiro intento cinematográfico con Bandera Negra, película que critica a pena de morte. Así pasaron uns 8 anos antes de volver filmar. Non o di o documental pero seica levaba o proxecto de Malenka baixo o brazo e saíu co encargo de La tumba del pistolero, western do que un dos entrevistados di que non recorda que morra ninguén nel.

Son esas intervencións de actores, como Lone Fleming ou Jack Taylor, de directores ou productores, como os de Profilmes, de investigadores novos que queren por a figura de Ossorio onde corresponde, as que dan unha nota de cariño cara o galego, que tamén sae en entrevistas. Así, pódese percorrer a súa traxectoria dende Televisión Española ata a película La serpiente del mar.

Escenas e imaxes de películas como Malenka (nunha versión inglesa subtitulada en danés), o levantamento dos templarios cegos da sepultura, Las garras de Lorelei, que inda non vin, e debuxos referidos ós templarios e á serpe mariña da súa última dirección, aparecen con boa calidade permitindo valorar mellor as súas longametraxes. Tamén chamarán a atención os poucos pases dos guions  ossorianos que quedaron nas caixas, durmindo como proxectos non realizados.


Presentado por Chicho Ibáñez, remata como rematou La noche del terror ciego, cunha descarnada man templaria aparecendo de repente en pantalla.


Ogallá vaia máis xente pedir o DVD á biblioteca pública. Unha vez máis, foi coller o material e ter que esperar a que puxeran un papelciño ca data de devolución, como se fose a primeira vez que se presta... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario