Cas chuvias de abril, que este ano cumplen co refrán, temos novas esperanzadoras a nivel diocesano, unha especie de desexo feito realidade. E é que o pasado 13 do presente mes, o sr. Bispo daba carta blanca e nomeaba ós primeiros responsables dun futuro sínodo diocesano. Unha realidade que pode dar un pulo á pastoral e a vida cristiá na diocese ou pasar como un acontecemento importante pero de escaso calado. O rezo e as forzas postas en marcha o dirán.
Basicamente, un sínodo diocesano consiste nunha serie de reunión e postas en común de distintos fieis tomando o pulso á diocese. O Bispo toma a iniciativa de promovelo, inicialo e escoitalo, aportando tamén a súa visión. Así, entre todos pode verse como vai a vida cristiá e a pastoral, notar as carencias e propor solucións concretas. Tamén vale a pena para actualizarse e volver escoitar a voz da Igrexa universal. Por eso se fai con tempo, en distintas tantas, tocando diversas realidades, escoitando necesidades e diagnósticos, indo dende o concreto das realidades observadas ata o universal necesario.
O Decreto xa está publicado e os responsables primeiros elexidos. Algunhas sorpresas en forma de sacerdotes de novas xeracións que poden dar un toque distinto e novedoso respecto ós que xa son clásicos destas iniciativas... o cal non é malo, vaia.
O que está máis parado inda que tampouco dende hai tanto é o temas das UAP, as Unidades de Atención Pastoral, aposta do sr. Bispo que espero estean máis claras no seu plantexamente o concreción que hai uns meses. Porque a idea é boa pero dubido moito que se necesitase formular tal como se está facendo.
A proposta consiste en formular equipos de sacerdotes e fieis que atendan varias parroquias ó mesmo tempo. Escolleríanse unhas poucas que serían as máis importantes e que acollesen máis xente, sendo as denominadas "de referencia". A esas iríase celebrar Misa os domingos. O resto de parroquias celebrarían os sábados pola tarde ou durante a semana. Polo resto, cada parroquia mantería a súa identidade pero procuraríase ter un só lugar onde centralizar visitas, arquivos parroquiais e unha serie de servicios. Tamén se procuraría unha casa, que pode coincidir co anteriormente dito, onde os sacerdotes da zona atendida, incluso do arciprestado, convivisen.
Realidade que non sei eu que coalle moito, porque incluso os últimos nombramentos seguen a estela dunha pastoral que se pretende desterrar. En Verín foran conseguindo adiantos pero fóra diso todo parece máis do mesmo. A día de hoxe sigo pensando que os novos arciprestados merecían máis atención e deixan quieta a erección de novas realidades que, para empezar, nin moitos sacerdotes entenden ou acollen.
De todas, volverei sobre ambos temas xa que están de rabiosa actualidade e vale a pena coñecer a vitalidade e flexibilidade da Igrexa que peregrina en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario