Bo día, Rosiña. Bueno,
os amigos e o nome artístico é outro...
- Como empezaches
neste mundiño da poesía?
Empecei por accidente,
como se fora un diario no que desafogaba.
- Tes participado en
varios recitais e recordo que me comentabas con emoción a vez que
estiveras na casa de Rosalía con motivo dun. Que recordas desa
data?
Esa data foi moi
especial, lémbroa con dualidade. Moita emoción por estar na casa
de Rosalía e decepción polo que atopei. Namoreime da miña irmá
Marta ese mesmo día e non podo deixar de agradecerlle a Alfonso
Lauzara que fixera o meu soño realidade. Emoción, esa é a
palabra.
- Creo que tamén
sería especialmente emotivo recitar na túa terriña, verdade? En
dúas ocasión organizaches o Tangaraño Cultural. Podes explicarnos
en que consistíu e que aportaches?
O Tangaraño leva dous
anos de andadura e iremos polo terceiro. A idea xurdiu como algo
pequeno, para que os/as compañeiros/as e amigos do mundo da poesía
viran onde estaba o meu pobo. A acollida foi tan boa que se
proxectou a moita xente. No Tangaraño xúntase unha amalgama de
poesía, música, arte e artesanía, xunto con productos ecolóxicos
e locais. Non teño subención de ningún tipo e conto coa axuda da
familia e dos amigos e veciños incondicionalmente, doutro xeito
sería imposible levalo a cabo. Por non falar das doazóns benéficas
de negocios e particulares para a tómbola e, así, cubrir algún
gasto como cartaces e decoración. Moito traballo, pero moita
satisfacción. Ver a tódolos teus xuntos no pobo é dos maiores
agasallos que me deu a vida. Sobre todo, porque se fai con moito
amor e respecto. E cada ano aprendemos e tentamos mellorar.
- Un festival onde o
traballo conxunto foi esencial. Como comezastes a organizalo?
Pois como che contaba
antes, ía ser algo pequeno, una xuntanza de 15 persoas. Pero teño
a fortuna de estar rodeada de moi boa xente, participativa,
solidaria e con ganas de traballar. Empezamos a organizar horarios
de actuacións, mapas, locais, buscamos casas para que durmiran os
convidados, habilitamos sitios de acampada, pedimos permisos ao
concello buscamos menús,… Meses de preparación.
- Para este ano
podemos ir falando dunha terceira convocatoria? Hai detalles que nos
poidas adiantar?
Sen dúbida. O factor
sorpresa sempre é un aliciente, e como nos debemos a xente que
queira e poda vir…
- Tamén recitas nas
presentacións dos teus libros. Xa se sabe que non se vive deles
pero conta, costou moito publicalos?
As publicacións sempre
son costosas economicamente e o traballo que hai detrás. Dende que
se teñen os textos, fotografías, música, hai que engadirlle polo
menos case un ano máis a ver o formato rematado. É polo xeral un
traballo de fondo e angustioso, que se ve pagado cando o tes nas
mans. Afortunadamente, non vivo da poesía, ou tería dificultades
para comer.
- Nas presentacións
ás que puiden ir non estabas soa senón acompañada de músicos.
Ata gravaron un disco con poemas teus musicalizados.
Hai dous discos que
acompañan os dous últimos traballos en solitario. A música é
poesía, como o é a fotografía e o arte, van parellas. Teño a
fortuna de que en Muller de Papel, aparte de Antoni I.
Fernández, Servando Barreiro, Nacho Martinez e Dani Soldevilla, se
animaran tamén Alberto Vilas, Minimalia, Castor Pérez e o grupo
Inibo.
- E, por se fose
interesante a aportación da música, resulta que inda fas as túas
obras máis interesantes ca imaxe, ca fotografía. Seguirás nesta
dinámica de conxunción de artes en orde a unha experiencia máis
rica?
A fotografía estivo
sempre presente nos meus traballos, nos catro poemarios, e nos
libros didácticos. Cada libro concíbese dun xeito, reitero: é un
todo. Pero sempre busco elementos novos.
- Xunto co publicado
para ventas, regálasnos de cando en vez un poema pola Rede, no teu
blog. Por onde temos que navegar apara estar ó día?
O blogue chámase Olian,
que ven do nome dos meus fillos, Óliver e Antía, pódese ver
cousiñas, copiar, pegar…
http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/
- Cando te leo ou te
escoito verbalizar un poema teño en mente o concepto de poesía
entrañable, que nas túas verbas vibra o aire co ritmo do amor, o
desexo, a frustración, a esperanza,... Para min, escribes e recitas
dende dentro, dunha forma moitas veces dura e impactante, directa,
sen moitas revoltas. Soes escribir ó aire da musa que sopla ou tes
costume de escribir sempre algo?
A poesía é liberdade e
debe berrar.
- Sendo unha obra
entrañable, que afecta e remove por dentro, non te quedas no
intimismo senón que abarcas o mundo. Podemos encontrar versos sobre
a situación social, política, rexional, familiar.
A sociedade forma parte
de nós e a poesía está para defender os dereitos que se pisan e
crear conciencia debe ser una obriga.
- Á hora de escribir,
tes algún ritmo ou métrica que che guste ou experimentas? É que
ata che vin un haiku e todo.
- Unha vez escrito,
volves a revisala túa obra e reescribila co paso do tempo ou
déixala tal cual saíu?
Sempre a deixo, non
modifico. Ve a luz ou non.
- Moitas gracias por
este ratiño. Ogallá nos vexamos pronto de novo. Só unha última
pregunta: teño algún poema adicado do que non saiba?
Hahahahahahhaha, xa
sabes a resposta.
******* LIGAZÓNS ***
**** Vídeopoema A Morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario