jueves, 14 de enero de 2016

Tempo de neve...

... tempo alegre. 




É o que din os maiores, referido ó inverno, cos seus cambiantes ceos. Sen ir máis lonxe, fixeime nesas apariencias dun día para outro e vaia se non se notan. Tamén ti o podes facer, asomándote simplente á ventá. Pero o mellor é baixar á rúa e formar parte desa paisaxe que embriaga e fala.









A beleza pide o esforzo de abrir os ollos e o corazón: ad-mirar-se.
As fotos que che comparto son sacadas dende a cociña e sacadas a pé de rúa, en Ourense. Porque non hai que ir moi lonxe senón empezar polo que alcanzas ca man e a vista.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario