Naceu con ansias de permanecer, de medrar e ir mellorando ou adaptándose pero permanecendo. Unha idea da Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos que o seu presidente me presentou e que se fixo realidade. Hai que agradecer esas ganas de representar o Misterio e facernos un pouco máis cercano o espírito nadaleiro. Todo feito co cariño e entrga da xente que coloca o decorado, que tamén medra, ensaia e prepara os pinchos para que o respetable saia e inda teña un motivo máis para quedarse a comentar a xogada ou faga barrio. É o bo de estar preto de casa.
En momentos como o actual, tan cheo de posibilidades e de atraccións, de luces de cores e mensaxes de fraternidade, representar o Misterio supón baixar á area da historia e recordar o acontecemento que o cambiou todo: o Nacemento do Fillo de Deus. Nacemento, Nadal, verdadeiro espíritu. E todo o demais ven por añadidura. Pero sen o Acontecemento e a Persoa non hai Nadal. Representar o Nacemento ponnos na tesitura do acontecido hai máis de dous mil anos e fai visible, á súa maneira, a visibilidade divina, que en Cristo tomou carne e se transformou en sensible. Tamén é unha forma bonita de recordar ós irmáns franciscanos que nos transmitiron este invento. Foi o seu fundador, o seráfico Francisco, que empezou esta costume bonita do belén vivinte. E o domingo pola tarde, o 27 ás 17.30 h repetíuse a representación no barrio do Couto, preto do santuario de Fátima.
Para o evento, adórnase o amplo local de Queixumes, colocando ó redor dos asistentes as casiñas de María, a pousada, o portal, o palacio herodiano e un coro. Si, este ano acompañouse o belén cos cantos do coro e cun solo ante a nena que representaba á Virxe. Como da outra vez, invitouse á xente a que pasase polo portal para adorar ó neno. Alí se sacou unha foto de familia entre os actores e algúns dos presentes.
O público acaba estando no medio de todo, podendo ver como os Magos pasan preto del, por un lado, e o anxo fai a súa aparición por outro. A acción discorre como dous afluíntes vivos que van dar ó portal e un síntese inmerso no representado.
A obriña dura pouco, sen chegar a media hora e é case toda recitada por unha lectora. Hai algúns momentiños nos que fala un personaxe ou se canta. Tamén a lectora fai unha paradiña nun par de momentos para preguntarlle a uns nenos se saben o que sucede ante os seus ollos ou lles explica algo. Desa forma, convértese nunha sinxela catequese ou explicación participada.
As rúas de Ourense que recorrín onte estaban medio valeiras, daba gusto estar xuntiños no local de Queixumes, en familia, pondo rostro actual ó momento do Nacemento.
Aquí verás os instantes finais do belén, antes dos cantos corais definitivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario