O visto e o que nos sona agocha, tantas veces, o que inda non sabemos nin sospeitamos. Por eso, unha mirada de neno, afín á dos primeiros filósofos gregos, que leva o asombro como bandeira é un antídoto perfecto contra o amuermamento e a desidia. Personalmente, recoñezo estar oxidado e con poucas inquietudes e obxectivos culturais, no que a visitas se refire, por eso gusto tanto das web actualizadas acerca de monumentos e turismo. Unhas breves indicacións ou unha boa escolma de información poden levantar a lebre e animar a posibles visitantes ou curiosos.
Por eso, tendo xa asegurada a estancia na capital do Reino (de Galicia, hehe) o sábado 19 de decembro do presente 2015, busquei visitas posibles para o domingo. As horas eran poucas, xa que se planteara un bo descanso nocturno e o regreso a Ourense para a votación. E puiden conseguir unha lista xeitosa de lugares e historia sen máis movemento que o permitido polo tempo e as pernas. Finalmente, a ruta quedou reducida á catedral e os arredores.
Serea na porta de Platerías. |
A web catedralicia está moi ben para programarse e informarse. A cousa é dedicarlle tempo para enterarse ben das posibilidades. En mente, a visita, hai uns anos, ás cubertas pétreas. Era un bo comezo que se convertíu en realidade. Á imaxe típica da sé dende as distintas prazas poderiamos unir un vistazo dende a cima, descubrindo lugares e anécdotas que non se fan presentes ata que pisas o chan de pedra do tellado. Este ano, cas choivas do día anterior, un tanto perigoso. Pero o sol acompañou e a visita foi todo un éxito.
Antes, un cento e pouco de escalóns altos, deixa atrás un vistazo á tribuna e á antiga carraca, resgardada nun pequeno cuarto con paneles explicativos. Na tribuna, unha maqueta da igrexa. Arriba, a saída a ceo aberto.
A catedral foi cambiando co paso dos anos. Xa só para a construcción temos que ter en conta as datas do inicio, 1075, e a da consagración, 1211, para tomar conciencia das idades deste organismo de pedra e espíritu. No paseo polo alto dela puidemos admirar un anaquiño daquela historia primixenia. Unha porción de fachada románica, pola zona de Platerías, co seu año e a cruz como colofón e símbolo dunha porta que se denominou da piedade ou do perdón. Recordámolo en cada Misa: Cristo é o verdadeiro Año de Deus que quita o pecado do mundo, a perfección dos sacrificios da antiga Alianza.
Mirar dende unha perspectiva distinta da cotiá produce unhas sensacións novas. Acostumados ás torres vistas dende abaixo, non sabía da existencia de outras torres, hoxe desaparecidas, de corte defensivo, que nos falan de tempos revoltos e templos que se podían converter en fortalezas ou refuxio.
O arte escondido nas alturas deparaba a presencia de varias columniñas non lisas, dando a sensación de movemento e vida, e a visita a un espacio pequeno, aberto á inmensidade, ca súa cruz e o año, onde nos dixeron que os peregrinos queimaban os farrapos nos que se converteran as roupas de camiñante.


Non houbo referencias ás marcas de canteiro pero atopei unha ben curiosa con forma de estrela que nunca vira.
Tra-lo remate e descenso, un vistazo ó belén, construído preto da porta de Platerías. Ocupaba un bo espacio, onde xeralmente están os bancos, e chama a atención polo impresionante palacio herodiano, a disposición de diversas figuras e acontecementos salvíficos e uns poucos carteliños que dán unha sinxela explicación do visto.
Arte para contemplar, arte efímero que fala do Absoluto, que reflexa unha historia determinada polo tempo no que se desenrola pero que nos fai recordar e tomar conciencia da Presencia divina que, nestas datas, a Igrexa espera con ánimos renovados.
Eso significa o Advento, as catro semanas de presparación do Nadal. O inicio do Ano Litúrxico. Son semanas onde se repasan as expectativas da relixión xudía e do corazón humano, en pos dun redentor que nos conduza ó mellor e máis profundo do noso ser.
A miña visita a Santiago tamén encubría unha busca, moi material e concreta. Unha cara que conectaría nun luminoso instante a Compostela con Ourense. Refírome ó denominado home verde. Unha vez máis, Claustroman era a orixe dunha investigación. Durante os paseos e visitas ó claustro de San Francisco, na cidade das Burgas, tiveramos ocasións de reparar no rostro dun home barbado de vexetais. Unha cara agochada entre dúas columniñas que tranquilamente podía pasar desapercibida. Pois esa mesma cara estaba tallada na pedra, no dintel esquerdo de Platerías, nun obxecto litúrxico chamado incensario. Un anxo era o encargado de portalo.
Algunhas outras sorpresas levaría, non por non telas visto nunca senón pola propia presencia. As figuras ás que me refiro e que poden causar curiosidade, se non escándalo ou confusión, estaban presentes na mesma porta de Platerías e, outra, no Museo da Catedral.
As tres ás que me refiro con figuras antropomorfas, dous homes e unha muller. Nunha escena corrida, formando parte de outras representacións en forma de zócalos, en Platerías, temos a un ser masculino, logo outra figura e unha femia. Ámbolos dous mostran os seus órganos sexuais: un gran falo e unha vulva aberta.

A visita cultural, aderezada cunha boa comida, tras unha ba noite nun barato e moderno hotel sito na zona vella, rematou na librería que me recomendara Manu, o presidente da tropa Korriban, na praza de Cervantes. Visita e compra dalgún tomo que no seu momento comentarei. A editorial tamén ma recomendara Manu. Graciñas!!
Descubre a cidade na que vives, hai moito máis do que vemos ;-)
Deixo como axudas para a túa visita a Compostela a web catedralicia e o artigo de Erias sobre o home verde e a súa presencia en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario