Onte, martes 22 de decembro de 2015, ocurriron dous sucesos que enmarcaron unha charla. Charla que se meteu no mundo da filmación de Star Wars. Eses dous, ou case tres, sinxelos sucesos foron a madrugada especialmente límpida que disfrutamos, unha lectura de periódico e un capítulo dos Simpson.
A madrugada de ceo estrelado que tivemos permitíume ver un potente brillo estelar ou planetario, non o sei. Una luciña forte e chamativa que relumbraba no escuro ceo das oito da mañá.
A lectura de periódico recollíu unha serie de tuits. Eran comentarios e chistes acerca das eleccións e o resultado das mesmas. Un deles traía a colación o universo da Guerra das Galaxias.
E xa o terceiro suceso, insignificante na expresión pero chamativo para dous amigos de Miguel como somos Rastry e eu, foi a emisión do capítulo dos Simpson no que acaban cultivando guisantes para unha secta e se xoga ca melodía de Batman, cambiando o nome do superheroe pola palabra "líder".
Acontecementos nimios e curiosos para quen queira ver neles unhas pistas efímeras e quizás rebuscadas pero bonitas ou curiosas, conformantes dun marco de humor e luz para resaltar o cadro que supuxo a charla que o "amado líder bleins" nos deu onte pola tarde. Foi ás oito, na Casa da Xuventude de Ourense. Alí nos xuntamos amigos de Miguel Blanes e curiosos, na saliña do quinto piso. Alí nos fomos sentando ca expectativa de coñecer o que fora pasando e as maneiras en que se fixo imaxe o guión do episodio IV, A new hope. E eso foi o que recibimos: un vistazo ós trucos, cámaras, escenarios, interiores e exteriores, solucións e anécdotas da rodaxe desta película que daría lugar a unha das grandes sagas actuais. A data, ademais, está ben elexida, coincidindo co estreno do episodio sete. Aquí foise moi estricto e non se soltaron spoilers da película.
Me llamo Miguel y soy friki. Muy fiki... muy pero que muy friki. Mi hijo me llama friki. Palabras contundentes que supoñen o pórtico á charla. Máis dunha hora onde repasamos o episodio IV darriba abaixo no terreo da filmación.
Empezamos polo visionado da versión española, onde ata o título estaba traducido e as palabras flotantes remataban en tres puntos suspensivos. Logo, pasamos ó orixinal en inglés e comparámolo co inicio de Flash Gordon. Así vímo-lo parecido, tanto no desenrolo das frases como nos famosos catro puntos que as rematan. A fonte está na entrada de Flash Gordon, alá polos anos 30, cuia presentación é a mesma de Star Wars, no que a frases, recorrido e puntuación se refire. Trátase dunha homenaxe.
Outra homenaxe é a de C3PO a María, a androide do filme Metrópolis. Non se quedou nas formas senón que parte dunha perna do robot de protocolo é plateada como plateada era María. Onde tamén nos indicou Miguel homenaxes foi nas referencias á serie Star Wars. Rebels. pois nela estanse recuperando e adaptando bocetos orixinais non usados na Guerra das Galaxias. Porque as ideas foron xurdindo e a labor de dibuxantes e tantos estudiantes universitarios da época foi marcando o que logo sería unha marca universalmente coñecida. Nomes máis ou menos coñecidos foron pasando pola charla onde o líder bleins nos comentou que Lucas non quería os créditos antes da película senón despois, cousa polo que o multaron, e que foi quen empezou cos créditos longos que hoxe coñecemos, nos cales se cita a todo quisqui, recoñecendo a súa aportación á obra final.
Moitos traballadores e non todos do mundo do cine. Moitas cousas por crear e non sempre cun director que lles dixese todo con detalle, xa que Lucas lles daba manga ancha para crear. Moitos espacios aproveitados, como a nave alquilada para grabar en interiores ou as localizacións exteriores que pasan polo deserto e chegan á selva, pasando por un aparcamento vacío os fins de semana. Moitas anécdotas como o derrumbe físico que levou a George ó hospital, os millóns que se gastaron para levar adiante o filme e os que se recaudaron, o relax co que o tomaron nun principio cantos estaban ó cargo das escenas da estrela da morte.
Tamén curiosidades como a lendaria existencia dunha metraxe onde se lle ven os pés de Peter Cushing en zapatillas de casa. Non existe pero o feito é verídico: molestábanlle as botas militares que iban acorde co seu traxe, así que as cambiou por zapatillas de casa, tendo que grabalo sempre sen collerlle os pés.
Para rematar, xa que vai dar máis charlas o amigo, entramos no debate de quen disparou primeiro na cantina, vendo claramente, na versión orixinal que fora Solo. Por certo, seica o actor tiña que levar o peito cunha protección onde iban uns petardos, para o momento de recibir o disparo. Como se negou a portar explosivo algún, o que se fixo foi filmar todo co actor e no segundo en que recibe o disparo e cae sobre a mesa, poñer un muñeco.
Finalizouse cun tempo de comentarios e preguntas, sen facer leña nin spoiler do visto episodio VII.
Moitas palabras hai aquí e as importantes son as do conferenciante, así que deíxovos cuns minutos da charla e emplázovos a estar atentos á seguinte en Ourense, no espacio Lusquiños e á seguinte en Vigo, na Casa do Libro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario