miércoles, 25 de noviembre de 2015

Despregando velas.

Aquí vai unha entrada distinta, tanto polo idioma como pola temática. Por outro lado, espero que sexa a primeira pero non a única. Porque este blog personal é unha colección de anotacións e as experiencias reflexadas poden vir de moitos ámbitos distintos. Experiencias e falares. Non podía faltar o galego, esta ligua da que me sinto orgulloso e falo tódolos días, lingua nai na que medrei, sen maiores problemas, xunto co castelán. E a temática non vai a ser á que te teño acostumado, hehe, xa que escribirei un pouco sobre a actualidade eclesial en Ourense, fixándome nun aspecto. Espero poder divulgar e, quizás descubrir, parte do que vivín de cerca estes pasados anos e que agora sigue existindo. Hai necesidade de razonamentos e de oración, así que con gusto o fago público para posibilitar unha dinámica de coñecemento, valoración e axuda. A.M.D.G. e ben dos irmáns.


Pois ben, nestes meses a diocese de Ourense ponse as pilas especialmente. Non é que estivese de vacacións durante o verán pero ben que se nota o inicio de curso, con novas propostas e actividades. En concreto, peguémoslle un vistazo a unha das institucións diocesanas: a Vicaría de Pastoral. E por que? Porque, hoxe, mércores, está dirixindo unha convocatoria da que me gustaría falarvos: o colexio de arciprestes. Imaxino que, a estas horas, xa estarán rematando ou empezarían ca comida. Polo que vexo na web diocesana, segue sendo ás once no Seminario Maior de Ourense. Sorrío ante esta hora porque fun quen deu a idea hai un tempo e aceptárase. De sempre, nos últimos 9 anos era ás dez e media da mañá. Pero houbos cambios e eu propuxen un pequeno cambio que nos axudaría a aproveitar mellor a mañá.

Axenda na web diocesana.
 De que vai a cousa? Pois dunha xuntanza mensual que convoca e organiza a Vicaría de Pastoral. A ela chámanse ós arciprestes, vicearciprestes e delegados episcopais. Soa estar tamén o sr. Bispo, de tal forma que se produce unha dinámica bonita de comunicación. Xeralmente, estas reunións teñen un esquema que comeza ca oración na capela do Seminario, sigue ca exposición do horario, notificacións e o tema que se queira tratar esa mañá, un descanso e traballo en grupos, exposición conxunta das conclusións e comida cos seminaristas. Xa vedes, algo entrañablemente familiar. De feito, sempre se loitou por facer no Seminario, mantendo o contacto entre os arciprestes, delegados e os seminaristas. E co cariño que se lle ten á casa onde un estudiou e vivíu unha serie de anos.

Organigrama da Vicaría de Pastoral
Hoxe ten lugar esa reunión. Empezarían co rezo da Hora Intermedia na capela e logo irían para o salón azul da entrada. Recoiro, e vexo que a temática deste ano ven cargadiña de cousas novas e actualizantes: o tema do Sínodo Diocesano e o artellamento do Consello de Pastoral. Jo, pois a ver se se van facendo realidade. De feito, levo anos escoitando cousas sobre estes temas pero o que son os pasos cara eles poucas veces pasaron da exposición teórica e desiderativa. Esto de "escoitar cousas" é froito desa cercanía dos arciprestes e dos seminaristas: permite unha certa comunicación e o sentimento de cercanía entre maiores e estudiantes.

Non todo é falar de algo, non, vanse vendo realidades. Sen ir máis lonxe, no mesmo colexio. Este foi reformado nestes anos pasados. O tema falárase, propuxéranse ideas, discutíranse e rematouse reformando o número de arciprestados, a participación e representación dos mesmos. O tema do Consello de Pastoral xa é un vello coñecido e ogallá este ano poida comezar a funcionar ou se constitúa. De momento, xa hai un novo Vicario de Pastoral e nel teremos que por esperanzas, ideas e oracións, verdade? Moito ánimo, Paco!!

Por certo, non pensedes que esta institución está conformada por xente maior. Hai de todo. Claro, a idade que prima nela é a dos maiores pero hai xente nova como David, da delegación de xuventude, ou Jorge Juan da delegación para a vida consagrada. E non son todos curas... inda que sexan case todos.

Esta reunión ten vocación de saír da aula onde se desenrola cara as parroquias. Inda que non sempre se consigue, o arcipreste ten a obriga de informar ós sacerdotes do que alí se fala e tomar impresións e ideas deles para logo poder expolas. Dá a posibilidade dunha comunicación entre compañeiros. Por desgracia non sempre se dá esa comunicación. Pero o canal aí está. E é mensual. 

A imaxe que me ven á cabeza para rematar estas sinxelas liñas é a do faro. Nunha mañá de néboa coma hoxe, tralas paredes de pedra do Seminario estase rezando e traballando para comprender mellor a Igrexa e levala ó mundo. Falarase e pensarase. Alí temos a luz deste faro que é importante, non a única. Moitos ánimos!!!

Para compartir, saco hoxe á palestra a web diocesana e os blogs de xuventude e nova evanxelización

No hay comentarios:

Publicar un comentario